A XUNTA AUTORIZA A APERTURA DAS ESCOLAS INFANTÍS DE NAVIA E MESTRES GOLDAR EN VIGO TRAS EMENDAR O CONCELLO AS SÚAS GRAVES DEFICIENCIAS

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, sinalou que “unha vez que o concello emendou as graves deficiencias que tiñan as escolas”, o informe dos técnicos confirma o visto bo ao Permiso de Inicio de Actividade (PIA)
  • Lembrou que pasou un ano dende que Abel Caballero anunciase a apertura das dúas escolas “sen cumprir coa normativa” de seguridade esixida por lei

 08032016_RPLopezChaves

Vigo, 08 de marzo de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu esta mañá en rolda de prensa para informar que a Xunta de Galicia autorizou hoxe mesmo a apertura das escolas infantís de Navia e Mestres Goldar para nenos e nenas de 0 a 3 anos no Concello de Vigo.

 

Coma explicou o delegado, unha vez que o goberno local “emendou as graves deficiencias que tiñan as escolas”, a Administración autonómica confirmou co informe dos técnicos que se pode autorizar a súa apertura e dar o Permiso de Inicio de Actividade (PIA).

 

López-Chaves lembrou que pasou un ano dende que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciase a apertura das dúas escolas “sen cumprir coa normativa” esixida pola Xunta, que é a encargada de vixiar que se cumpra a lei e os requisitos de seguridade establecidos para as escolas infantís de 0 a 3 anos. “Estas escolas que quería abrir o Concello non cumprían coa normativa e grazas á intervención da Xunta, os pais e nais teñen agora a garantía de que cumpren a normativa legal, as medidas de seguridade e que non presentan as graves deficiencias coas que o Concello quería abrir estas escolas hai xa un ano”, recordou.

 

Tras varios requirimentos feitos polos técnicos autonómicos, visitas de comprobación e, incluso, novas obras de adaptación en Mestres Goldar que tivo que contratar o Concello de Vigo o pasado 23 de decembro de 2015, os técnicos da Xunta confirmaron estes días a adaptación de todas as medidas de seguridade esixidas e necesarias para outorgar o PIA.

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: