ABANCA, pioneira en España en ofrecer o pago por móbil de Samsung Pay

  • A entidade financeira leva meses traballando de forma conxunta con Samsung para desenvolver a integración da ferramenta en España
  • O banco galego é unha das entidades españolas que contará con este servizo nas próximas semanas
  • O acordo con Samsung permite a ABANCA ofrecer aos seus clientes os sistemas máis innovadores en banca móbil
  • O número de clientes de ABANCA que usan a banca móbil creceu un 60% en 2015
20160308-abanca-samsung-pay
Descarga en alta resolución

08-03-2016

ABANCA será unha das entidades financeiras españolas que nas próximas semanas permitirá aos seus clientes pagar co móbil a través do servizo de Samsung Pay. A dirección de Innovación de ABANCA traballou de forma conxunta con Samsung para desenvolver a integración do servizo en España.

Samsung Pay permite realizar compras desde o móbil de maneira segura e sinxela en calquera establecemento comercial no que se poida utilizar unha tarxeta de débito ou crédito contactless.

Coa incorporación deste sistema de pago por móbil, ABANCA sitúase á vangarda nos medios de pago, ofrecendo aos seus clientes a tecnoloxía financeira máis innovadora para realizar compras desde un smartphone. Os clientes só terán que dar de alta as tarxetas de ABANCA, sexan de débito ou de crédito, nos dispositivos Samsung compatibles para realizar os seus pagos de forma rápida e sinxela.

“O sector financeiro está a transformarse coa incorporación de novas tecnoloxías e queremos que os nosos clientes sexan dos primeiros en España e Europa en poder gozar destas melloras”, explica Manuel Arroyo, director de Medios de Pago de ABANCA.

Coa firma deste acordo a entidade financeira galega avanza no desenvolvemento dun modelo de banca máis dixital e multicanal. “Esta estratexia forma parte do proxecto ABANCA Dixital, unha iniciativa coa que queremos axilizar os procesos para ofrecerlle ao cliente un servizo omnicanal, innovador, con altos niveis de calidade e coa posibilidade de contratar produtos e servizos sen necesidade de acudir á oficina”, sinala o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Pago seguro e sinxelo

Samsung Pay é seguro e fácil de usar. Unha vez que o cliente engade a súa tarxeta de ABANCA na aplicación, desprégase a aplicación Samsung Pay, elíxese a tarxeta de pago desexada e identifícase co sensor de pegada dactilar para autorizar o pago. O dispositivo móbil conéctase cos terminais de punto de venda (TPV) o que permite realizar unha compra rápida, segura e sinxela.

Os usuarios de Samsung Pay contarán tamén con todas as garantías de seguridade das tarxetas da entidade financeira. Grazas aos tres niveles de seguridade: tokenización dixital, lector de impresións dixitais e Samsung KNOX, os datos transmítense sempre de forma segura. Así mesmo, cando se realice un pago polo móbil, sexa cal sexa o importe, o cliente recibe unha notificación avisándolle de que se efectuou a operación.

Samsung Pay tamén é practicamente universal, dado que funciona en máis do 70% dos comercios en España que xa operan coa tecnoloxía contactless. En España, Samsung Pay é compatible cos smartphones Samsung Galaxy S7, Samsung Galaxy S7 edge, Samsung Galaxy S6, Samsung Galaxy S6 edge, Samsung Galaxy S6 edge+ e Samsung Galaxy A5 (2016).

Innovación en Banca Móvil

A aplicación de banca móbil de ABANCA é unha das mellor valoradas polos usuarios e a primeira do sector totalmente accesible para persoas con discapacidade visual. Os usuarios destacan a sinxeleza, rapidez e comodidade da banca móbil da entidade financeira galega. A aplicación permite aos clientes consultar movementos, facer transferencias, enviar diñeiro ao móbil ou pagar un recibo só con sacarlle unha foto coa maior seguridade. ABANCA é pioneira en permitir aos seus clientes o acceso á banca móbil coa tecnoloxía Touch ID que permite identificarse coa súa pegada dactilar.

Durante 2015, máis de 560.000 clientes de ABANCA utilizaron os servizos a distancia para as súas consultas e operacións con alto grao de satisfacción. En 2015 o número de clientes de ABANCA que usan a banca móbil creceu un 60%.

ABANCA conta cunha das plataformas dixitais máis innovadoras do sector financeiro español que permite aos seus clientes decidir cando, onde e como queren xestionar os seus aforros, gastos e investimentos e que se complementa cunha rede comercial con oficinas por toda España.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: