Archive | marzo 9, 2016

Folga Faurecia Escapes.

 

O comité de empresa de Faurecia Emissions Control Technologies España, con sede no Camiño do Caramuxo 33 Vigo, convoca folga indefinida a partir do martes 15 de marzo de 2016 para denunciar que a dirección non garante a carga de traballo suficiente para manter o actual cadro de persoal os vindeiros anos.

 

As paradas realizaranse do seguinte xeito: quenda de mañá e quenda partida, de 12.00 a 14.00 horas; quenda de tarde, de 14.00 a 16.00 horas; e quenda de noite, de 22.00 a 24.00 horas. A convocatoria inclúe a todos os traballadores/as da empresa (180).

 

A decisión de convocar a folga adoptouse despois de que PSA lle adxudicase a un competidor a fabricación dos sistemas de escape do novo proxecto K9 e dende a dirección de Faurecia, coa que o comité mantivo xa catro xuntanzas, non se garante a carga de traballo suficiente para manter o actual cadro de persoal nos vindeiros anos.

 

Ademais, a dirección comunicou que a factoría viguesa pasará de ser unha planta produtora a unha JIT de ensamblado, polo que os compoñentes que na actualidade se fabrican no Caramuxo pasarán a seren producidos noutras fábricas do grupo, maioritariamente en Bragança (Portugal), ás que xa se lles están a asignar os procesos que antes se fabricaban en Vigo.

 

Dende o comité tamén denuncian o incumprimento por parte da empresa do acordo de competitividade asinado en 2013, con importantes esforzos económicos e de dereitos laborais por parte dos traballadores/as, xa que o compromiso de producir no Caramuxo as pezas dos vehículos de PSA-Vigo non se respectou, sendo asignada a Bragança a produción da parte quente das liñas de escapa que deberan fabricarse en Vigo.

 

 

Vigo, 9 de marzo de 2016

 

Comité de empresa de Faurecia Escapes

 

Empregados/as do Chuvi protestan contra os ataques á liberdade de expresión por parte da Xerencia

A dirección emitiu un comunicado ordenando a retirada das mensaxes nas que se denuncia a falta de persoal ou os problemas na xestión
Traballadores/as do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) desenvolveron hoxe unha mobilización nos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro para rexeitar os intentos por parte da Xerencia de censurar as críticas pola falta de persoal ou polos problemas na xestión. O responsábel da EOXI, Félix Rubial, emitiu un comunicado no que insta os xefes/as de servizo a retirar as mensaxes que denuncian as carencias existentes nos centros médicos da rede sanitaria pública viguesa.
2016 09 03 ProtestaCensuraChuviCunqueiro01

As mobilizacións convocadas pola Xunta de Persoal do Chuvi desenvolvéronse ás 11.00 horas no Álvaro Cunqueiro e ás 13.00 horas no Meixoeiro e nelas participaron varias ducias de traballadores/as. Os traballadores/as denuncian que a Xerencia pretende censurar a liberdade de expresión para acalar as críticas derivadas da carencia de persoal e dos problemas de xestión.

A decisión adoptouse despois de coñecer que o xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubia, vén de remitir unha circular a todas as xefaturas de servizo, unidade e persoal subalterno e ás persoas responsábeis de supervisión anunciando a retirada das mensaxes que, en diferentes puntos dos hospitais, denuncian carencias de persoal e xestión. Ao mesmo tempo, o comunicado advirte da posibilidade de que se impoñan sancións no caso de que os carteis e os avisos volvan aparecer nos corredores dos centros médicos.

“Dende hai certo tempo -sinala a circular- están sendo expostos nas dependencias do hospital, en lugares non autorizados e utilizando diversos soportes, mensaxes alertando sobre o deficiente funcionamento das unidades e as súas posibles consecuencias para a saúde dos doentes debido á presunta insuficiencia do cadro de persoal na unidade, entre outros”. Esta, acusa o xerente, é unha información que “claramente induce temor, alarma e desconfianza entre pacientes e familiares sobre a asistencia sanitaria”.

Segundo o responsábel sanitario, a exposición de mensaxes críticas coma estas “pode vulnerar o dereito da debida protección da saúde” e por iso “procederase á retirada inmediata”. Ademais, “os empregados/as públicos/as que exhiban esta información ou a difundan polo centro hospitalario expóñense de agora en diante a posíbeis sancións administrativas”. Estas sancións poden afectarlle aos responsábeis das unidades nas que se manteñan expostas as mensaxes “por ir contra o Estatuto Marco para o persoal estatutario dos servizos de saúde”.

EL ALUMNADO DE INFANTIL DEL COLEGIO LAR CONOCE EL MUSEO LISTE

DSC_0339Los más pequeños pudieron experimentar un retroceso en el tiempo y conocer el modo de vida de antaño conociendo vestimentas, utensilios, oficios y otras curiosidades como el modo de almacenar los alimentos o el hecho de que se iluminaba con velas y se escribían con pluma.

 

Á venda os abonos para a segunda parte da tempada de música clásica de Afundación

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) pon á venda a partir de mañá, xoves 10 de marzo, e ata o vindeiro martes 22, os abonos para a segunda parte da tempada de música clásica en Vigo que se poden adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade, a web de Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos. Todas as funcións terán lugar no teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13).

A soprano Teresa Novoa actuará coa Real Filharmonía de Galicia en Afundación en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá, xoves 10 de marzo, en Vigo, o seu cuarto concerto da temporada de música clásica, nesta ocasión coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida por Paul Daniel, o seu director titular, e coa soprano Teresa Novoa. O recital, composto por obras de Mendelssohn e Trilho, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas poden adquirirse mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

ATLANTIC FEST // PRIMERAS CONFIRMACIONES

Atlantic Fest / 1, 2 y 3 de julio / Illa de Arousaunnamed (1)

“Queremos ser un gran festival, no un festival grande” 

 

¿Qué es Atlantic Fest?

Atlantic Fest es el festival al que siempre has querido asistir. En su primera edición, el festival con espíritu familiar, reúne en un solo evento una selección de artistas de calidad, actividades para niños, mercado discográfico, conferencias, charlas, zona gastronómica…
Teniendo siempre como prioridad la calidad en toda su oferta, es el lugar perfecto para pasar el fin de semana junto a tu familia, tus amigos… en un espacio idílico con una playa bandera azul justo en la entrada del recinto principal de conciertos.
Atlantic Fest es un festival para disfrutar de día, los conciertos del escenario principal comenzarán por la mañana. Así que, entre grupo y grupo puedes darte un chapuzón en las aguas cristalinas de A Illa de Arousa y colocarte en la primera fila del próximo concierto ¡No te perderás nada!

¿Quiénes somos?

New Live se encarga de la organización de Atlantic Fest. Con más de 15 años de experiencia en la organización de eventos, empezamos un nuevo camino organizando un festival único, con una esencia y filosofía que lo diferencia de los demás.

Estructura

1) 3 días de festival
2) 5 espacios
3) Actividades

1) El festival tendrá lugar los días  1, 2 y 3 de julio en la Illa de Arousa.

2) 5 espacios:
· Escenario Son Estrella Galicia (Playa del Bao)
· Escenario Turismo Rías Baixas (Auditorio)
· Plaza de Abastos
· D’Tascas
· Zona de acampada

3) Actividades:
· Mercado Discográfico Galiciantunes
· Conferencias y charlas
· Actividades para niños
· Atlantic Days…

Primeras confirmaciones 

Tindersticks,
Nacho VegasEl Niño de Elche

+ grupos por confirmar
Tindersticks
Tindersticks es un grupo de rock formado en Nottingham, Gran Bretaña. El sonido del grupo parte del pop independiente al que incorporan arreglos orquestales, de jazz y de soul. Su sello distintivo lo marcan la profunda voz de Stuart A. Staples, que le emparenta con los crooners clásicos y las sofisticadas orquestaciones.
Destaca en su música la influencia de cantantes como Serge Gainsbourg, Lee Hazlewood y especialmente Scott Walker.

Nacho Vegas
Tras formar parte de Manta Ray en los 90, Nacho Vegas comenzó su carrera en solitario en 2001.
Su último disco  «Canciones populistas» se publicó en 2015. Se trata de un nuevo EP en formato digital de 5 canciones que ha sido grabado a caballo entre Cádiz, Asturias, Madrid, Zaragoza y México D.F.
Sus letras reflejan su rechazo a la actual situación social y política en España.

El Niño de Elche
Experimentación, improvisación, electrónica, rock…
«Voces del Extremo» (2015), ha acabado convirtiéndose en el mejor disco del año para medios como Rockdelux, Hoy Empieza Todo, El País, Hipersónica o El Enano Rabioso.
Además de aparecer en las listas de publicaciones como Mondo Sonoro, Indienauta, notodo.com, eldiario.es, CrazyMinds, Alta Fidelidad o El Cultural.
Ha sido premiado con el prestigioso Premio Ruido, otorgado por la Asociación de Periodistas Musicales.

Entradas

Entradas a la venta el 18 de marzo.

ABONO* PRECIO REDUCIDO: 35€**
Abono precio reducido (early bird ticket)
Solo del 18 de marzo al 8 de abril.
www.atlanticfest.com

ATLANTIC EXPRESS
Autobuses directos al Atlantic Fest.
Las plazas son limitadas.
Viaje ida 1 de julio y vuelta 3 de julio. (Consultar horarios y precios enwww.atlanticfest.com)
Desde: A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Pontevedra y Cambados.
A la venta desde nuestros canales online Abono* + Atlantic Express:www.atlanticfest.com

Menores de 12 años acceso libre.

*Con acceso a zona de acampada. Disponible una zona reservada solo para familias.
**+ Gastos.

O VENRES 11 DE MARZO, CONCERTO DE JOE JOSEPH EN DETRÁS DO MARCO

Vigo, 9 de marzo de 2016. Joe Joseph ofrecerá o venres 11 de marzo (20:00 horas) un concerto en Detrás do Marco na que poderemos escoitar os seus propios temas así coma versións de temas actuais. Entrada gratuíta. O cantante galego, coa súa guitarra, versiona temas de Vetusta Morlan, Copenhague, Pedro Guerra, MGMT- Kids, entre outros. Joe Joseph (Pontevedra, 1987) realizou o seu primeiro concerto aos 16 anos e nos primeiros anos formou parte de varios grupos. Nos últimos dez anos actúa en solitario e amosa tanto os seus propios temas coma versións e tamén jazz. Día: 11 de marzo Hora: 20:00 horas Lugar: Detrás do Marco (R./ Londres, s/n)

A XUNTA PRESÉNTALLE A FEGAMP UNHA PROPOSTA DE CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA MOBILIZAR VIVENDAS DESOCUPADAS COA FIN DE DESTINALAS A ALUGUEIRO SOCIAL

  • 10,00 h.-O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, xunto coa         conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, manterán un encontro        co presidente, Alfredo García, e a xunta de voceiros da Federación Galega de Municipios                                       e Provincias (FEGAMP). Estarán acompañados do director xeral de Inclusión, Arturo                  Parrado Puente, e do director do IGVS, Heriberto García Porto. Na sede da Fegamp                             (rúa Varsovia, 4º C, 6º andar). Haberá declaracións antes de que comece a                              reunión. Os gráficos poderán tomar unhas imaxes ao inicio.  foto xoán crespo 09/03/16

    10,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, xunto coa
    conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, manterán un encontro
    co presidente, Alfredo García, e a xunta de voceiros da Federación Galega de Municipios
    e Provincias (FEGAMP). Estarán acompañados do director xeral de Inclusión, Arturo
    Parrado Puente, e do director do IGVS, Heriberto García Porto. Na sede da Fegamp
    (rúa Varsovia, 4º C, 6º andar). Haberá declaracións antes de que comece a
    reunión. Os gráficos poderán tomar unhas imaxes ao inicio.
    foto xoán crespo
    09/03/16

    O titular de Política Social considerou de “vital importancia” o fomento da colaboración entre administracións, xa que “a mellora da planificación e dos criterios que rexen as políticas sociais é unha cuestión que debemos abordar entre todos”, afirmou

  • A conselleira de Vivenda detalla que o acordo proposto consiste en  que os concellos mobilicen voluntariamente vivendas  desocupadas para destinalas ás familias en dificultades e a Xunta financie un seguro multirrisco do fogar e outro de garantía de cobro das rendas con asistencia xurídica
  • Vázquez destaca que con este convenio se busca ofrecer garantías dunha vivenda digna a quen máis o necesita, aproveitando as posibilidades do mercado de alugueiros e coa coordinación dos municipios

 

Santiago, 9 de marzo de 2016-. A Xunta de Galicia presentoulle hoxe á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) unha proposta de convenio, ao que se poderán adherir voluntariamente os concellos galegos, mobilizando vivendas desocupadas co obxecto de destinalas a alugueiro social.

 

Os conselleiros de Política Social, José Manuel Rey Varela, e de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantiveron hoxe unha reunión de traballo co presidente da FEGAMP, Alfredo García Rodríguez, e a xunta de voceiros. Neste encontro, que se celebrou na sede deste organismo, tamén participaron os directores xerais de Inclusión Social e do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Arturo Parrado Puente e Heriberto García Porto, respectivamente.

 

A través desta reunión, o Goberno galego e a FEGAMP abriron a porta a novas canles de colaboración en políticas sociais e de vivenda para responder dun xeito coordinado e máis eficaz ás necesidades actuais que existen na sociedade nestes dous ámbitos.

 

José Manuel Rey Varela destacou a importancia que ten afondar no diálogo e na coordinación para que os recursos públicos, os programas e as medidas sociais cheguen máis e mellor ás familias, en especial, a aquelas con menos posibilidades económicas e que son as que máis precisan do apoio das administracións. Ao respecto, o conselleiro afirmou que “a mellora da planificación e dos criterios que rexen as políticas sociais é unha cuestión que debemos abordar entre todos, xa que os servizos sociais non son dunha ou doutra administración senón que pertencen á xente aos que van dirixidos”. Así mesmo, o titular da carteira autonómica de Política Social amosouse convencido do papel primordial que teñen os Concellos na prestación de servizos sociais posto que “son a administración máis próxima aos cidadáns e, polo tanto, a primeira porta de entrada ás demandas sociais e a máis pegada á realidade cotián”, dixo.

 

O conselleiro considerou de “vital importancia” o fomento da colaboración entre as administración autonómica e os entes locais. De aí que na entrevista cos dirixentes da Fegamp abordara o desenvolvemento de medidas e accións en materia de inclusión social como axudas directas ás familias con menos recursos para o pagamento de servizos e produtos básicos ou o reforzo dos servizos sociais comunitarios, entre outras. Neste sentido, Rey Varela lembrou que o Goberno galego destina este ano máis recursos á execución do Plan Social contra a Desigualdade Económica, que conta coa participación de varias Consellerías e no que se recollen iniciativas como o tícket eléctrico –para evitar cortes de subministro eléctrico por recibos non pagados ou retrasos-, axudas para a compra de material escolar, ou o programa Reconduce –para atender a familias en risco de perder a súa vivenda por non poder adebedar a hipoteca ou o alugueiro-.

 

 

Convenio para mobilizar vivendas baleiras

 

Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, apostou pola colaboración entre a Xunta e os concellos para favorecer que os propietarios das vivendas baleiras as poñan voluntariamente á disposición dos entes locais e estas poidan ser ofrecidas en réxime de alugueiro social. Concretou que segundo a proposta de acordo presentada, a Xunta financiará unha serie de garantías como un seguro multirrisco do fogar, do que se fará cargo o Instituto Galego da Vivenda e Solo; e un seguro de garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas que inclúe asistencia e defensa xurídica.

 

Vázquez destacou que con este convenio búscase ofrecer garantías dunha vivenda digna a quen máis o necesita, aproveitando as posibilidades do mercado de alugueiros e coa coordinación dos concellos, que son as administracións con máis competencias en servizos sociais e que máis directamente se relacionan cos cidadáns.

 

A conselleira concluíu que se trata de avanzar na colaboración entre Xunta e Concellos para ofrecer unha atención máis eficaz a aquelas persoas con maiores dificultades para acceder a un fogar. Neste sentido, precisou que esta é a vontade do Goberno galego, poñendo os medios e medidas necesarias -con esta xa serían 11 as activadas- para chegar aos afectados e ofrecerlles solucións.

 

«Roedores» en Moraña

espectáculo familiar «Roedores» da compañía Redrum Teatro que terá lugar na Casa da Cultura de Moraña, este sábado 12 de marzo ás 18.00 h

Trátase dunha obra familiar con música en directo para rapaces a partir de 5 anos que trata de concienciar en valores de fomento da igualdade a través das aventuras dos seus protagonistas, o hámster Peludiño e a rata Munda. Está protagonizada polos actores Guillermo Carbajo e Laura Míguez, dirixida porAlex Sampayo e leva xirando por distintos Concellos de Galicia cun grande éxito de público e crítica dende novembro de 2014. 

Este espectáculo enmárcase dentro das actividades que organiza o Concello en conmemoración do Día Internacional da Muller.https://ssl.gstatic.com/ui/v1/icons/mail/images/cleardot.gif