Á venda os abonos para a segunda parte da tempada de música clásica de Afundación

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) pon á venda a partir de mañá, xoves 10 de marzo, e ata o vindeiro martes 22, os abonos para a segunda parte da tempada de música clásica en Vigo que se poden adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade, a web de Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos. Todas as funcións terán lugar no teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: