Folga Faurecia Escapes.

 

O comité de empresa de Faurecia Emissions Control Technologies España, con sede no Camiño do Caramuxo 33 Vigo, convoca folga indefinida a partir do martes 15 de marzo de 2016 para denunciar que a dirección non garante a carga de traballo suficiente para manter o actual cadro de persoal os vindeiros anos.

 

As paradas realizaranse do seguinte xeito: quenda de mañá e quenda partida, de 12.00 a 14.00 horas; quenda de tarde, de 14.00 a 16.00 horas; e quenda de noite, de 22.00 a 24.00 horas. A convocatoria inclúe a todos os traballadores/as da empresa (180).

 

A decisión de convocar a folga adoptouse despois de que PSA lle adxudicase a un competidor a fabricación dos sistemas de escape do novo proxecto K9 e dende a dirección de Faurecia, coa que o comité mantivo xa catro xuntanzas, non se garante a carga de traballo suficiente para manter o actual cadro de persoal nos vindeiros anos.

 

Ademais, a dirección comunicou que a factoría viguesa pasará de ser unha planta produtora a unha JIT de ensamblado, polo que os compoñentes que na actualidade se fabrican no Caramuxo pasarán a seren producidos noutras fábricas do grupo, maioritariamente en Bragança (Portugal), ás que xa se lles están a asignar os procesos que antes se fabricaban en Vigo.

 

Dende o comité tamén denuncian o incumprimento por parte da empresa do acordo de competitividade asinado en 2013, con importantes esforzos económicos e de dereitos laborais por parte dos traballadores/as, xa que o compromiso de producir no Caramuxo as pezas dos vehículos de PSA-Vigo non se respectou, sendo asignada a Bragança a produción da parte quente das liñas de escapa que deberan fabricarse en Vigo.

 

 

Vigo, 9 de marzo de 2016

 

Comité de empresa de Faurecia Escapes

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: