A DELEGACIÓN DA XUNTA PONSE A DISPOSICIÓN DO CONCELLO DE VIGO PARA ACLARAR CALQUERA DÚBIDA SOBRE A NOVA CIDADE DA XUSTIZA

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, remitiu esta mañá unha carta ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, no que manifesta este obxectivo
  • Recórdalle que dende o encontro co Vicepresidente do Goberno galego se están a realizar todas as xestións definidas no informe entregado e faladas na reunión
  • Aínda así, manifesta que se precisa máis información, a Delegación da Xunta está disposta a facer as reunións necesarias para aclararlle calquera dúbida que poida ter seguindo o ánimo de colaboración institucional establecido

 

Vigo, 10 de marzo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicou esta mañá que a Delegación do Goberno galego na cidade se pon a disposición do alcalde de Vigo, Abel Caballero, para “aclararlle calquera dúbida” que poida ter con respecto ao proxecto da nova Cidade da Xustiza no antigo Hospital Xeral.

 

En rolda de prensa, López-Chaves informou que hoxe mesmo remitiu un escrito ao rexedor para manifestar a súa disposición a manter reunións no edificio da Xunta ou en Praza do Rei “se precisa máis información” e seguindo o ánimo de colaboración institucional establecido dende o encontro que Abel Caballero tivo co Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. “Nos poñemos a súa disposición para calquera tipo de aclaración complementaria que necesite. Podemos reunirnos para completar, ampliar ou aclarar todo o que precise de este proceso do que xa se lle informou na reunión que tivo co Vicepresidente”, especificou o delegado. O obxectivo non é outro que “continuar” con este proceso de información para lograr “a transformación dunha parte fundamental da nosa cidade”, valorou.

 

Dende que a Xunta de Galicia obtivo o visto bo dos profesionais do ámbito xudicial –xuíces, avogados, procuradores, fiscais, traballadores, etc.- para trasladar a Cidade da Xustiza ao antigo Hospital Xeral, comezou un proceso no que era necesaria a participación das administracións implicadas: Tesourería Xeral da Seguridade Social e Concello de Vigo. Pero tamén doutros colectivos cos que se reuniu o delegado coma veciños, comerciantes, axentes sociais, empresariais e arquitectos. No que respecta ao encontro co alcalde, se lle fixo entrega dun informe cos trámites e pasos que se ían a dar manifestando o rexedor que ía ter unha actitude proactiva de apoio ao devandito proxecto. Se sinalaban as reunións coa tesourería, os trámites para convocar un concurso de ideas en colaboración coa delegación de Vigo do COAG ademais dos trámites de cambio de uso da parcela para uso xudicial. “Trámites fundamentais que se fixeron e dos que se informou”, lembrou o delegado.

 

Aínda así, seguindo co ánimo de colaboración e coma considerou López-Chaves, “co obxectivo de garantir o proceso colectivo de revitalización da zona do Xeral e recuperación dun edificio para uso xudicial liderado pola Xunta”, a Delegación ponse a disposición do alcalde “para que non exista ningunha dúbida” e “se manteña” a colaboración que dende a Xunta “é absoluta coma ven sendo ata o de agora”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: