Archive | marzo 10, 2016

Alumnos de Infantil coñecen o Concello do Porriño e expoñen as súas ideas para mellorar a vila

A alcaldesa con alumnos do Colexio Hermanos QuirogaOs alumnos de 3º e 4º de Educación Infantil do Colexio Hermanos Quiroga, acompañados polas súas profesoras, coñeceron este mércores o funcionamento do Concello, repasaron o sistema de elección dos concelleiros, achegáronse as dependencias municipais, estiveron na Xefatura da Policía Local, onde subiron nas motos e coches patrulla xunto con varios dos axentes,ocuparon os asentos do Salón de Plenos e fixeron unha visita á alcaldesa, Eva García de la Torre, no seu despacho.

As rapazas e rapaces tiveron a ocasión de debater varios asuntos, entre eles os argumentos a favor e en contra das enerxías renovables, e ‘celebraron’ unha xuntanza da Corporación, logo de elixir aos seus representantes.

Ao final da mesma Eva García de la Torre, que deixara o seu posto na mesa presidencial a María, a alcadesa infantil, explicou aos estudantes a historia do bastón de mando e o seu significado, cómo se nomea ao alcalde, cantos son os concelleiros ou cal é a actividade que se desenrola no Concello.

A alcaldesa respondeu a todas as preguntas que lle fixeron os rapaces que a sorprenderon co seus coñecementos sobre a actualidade do Porriño e expuxeron as súas ideas para mellorar a vila.

‘MERCA NA RÚA’ OFRECE ESTA FIN DE SEMANA EN O PORRIÑO DESCONTOS DE ATA O 80% EN ARTÍGOS TEXTÍS, DEPORTIVOS, CALZADO, ÓPTICA OU COMPLEMENTOS

Juana Pérez Marcelino Coto e Noelia Conde (1)A XIV edición de ‘Merca na Rúa’, organizada pola Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), Morea (Centro Comercial Aberto do Porriño)e o Concello, agarda reunir o sábado e domingo que ven, días 12 e 13 de marzo, a máis de 6.000 persoas.

Segundo indicou o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, este mércores na súa presentación oficial, un total de 22 establecementos do Porriño ocuparán outros tantos stands, “o sábado día 12 na rúa peonil  e o domingo, 13, no Parque do Cristo”.

Juana Pérez, presidenta de ACIPOR, salientou que os visitantes a ‘Merca na Rúa’ poderán atopar artigos “de tenda e de primeira calidade con descontos que poden chegar ao 70 e 80% do seu prezo habitual”.

O concelleiro de Comercio engadiu que este ano hai varias novidades, “por primeira vez vaise facer en dous lugares distintos do concello, a zona peonil, o sábado de 10 da mañá a 9 da noite en horario continuo,e no Parque do Cristo, o domingo, de 11 a 20 h”, ademáis a Concelelría de Comercio ven de contratar os servizos dunha empresa de vixianza que garantirá a seguridade dos postos pola noite, complementando o traballo de dúas patrullas da Policía Local”.

A xerente de ACIPOR, Noelia Conde, subliñou que os clientes, “ademáis da calidade dos artigos en venda, teñen un trato de preto e persoalizado e a garantía de que todo o que compran procede de tenda, o que é un motivo máis de confianza”.

A respostas dos xornalistas, Marcelino Coto confirmou que o sábado “ademáis de nos 22 stands, os visitantes poden face-las súas compras nos establecementos do Comercio Local que están abertos”, e gabou a capacidade da Asociación de Comerciantes do Porriño para “innovar e dinamizar a economía local”, o que fai que importantes firmas xa se dirixiran ao Concello amosando o seu interese por abrir establecementos na vila.

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE RECOLLE AS IDEAS DOS MOZOS E MOZAS PARTICIPANTES NOS PROGRAMAS DE XUVENTUDE EN FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL CO OBXECTIVO DE MELLORAR AS ACTUACIÓNS NO EIDO DA MOCIDADE

  • Cecilia Vázquez tamén se reuniu con alcaldes e concelleiros de xuventude destas comarcas para coordinar as políticas entre administracións

 

Ferrol, 9 de marzo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Ferrol a quinta xuntanza de traballo cos mozos e mozas que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo o de escoitar as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia.

 

Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”. Nesta ocasión, os mozos e mozas que participaron na xuntanza foron os das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

 

Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha xuntanza con alcaldes e concelleiros de xuventude destas comarcas, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica e de presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

 

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez está a manter un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia así como cos responsables de xuventude dos concellos. As xuntanzas xa se celebraron en Chantada, Lugo, Noia, Melide e Ferrol e nas vindeiras semanas terán lugar en A Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, Betanzos e Carballo.

 

 

O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN CLAUSURA UN CURSO DE DECORACIÓN E ARTESANÍA ECONÓMICA PARA PERSOAS INMIGRANTES DESENVOLTO POLA ONG MESTURA

  • Arturo Parrado felicitou aos participantes polo traballo realizado e agradeceu á entidade a súa labor en prol da integración na sociedade de colectivos en risco de exclusión
  • A acción formativa estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo

 

Arteixo (A Coruña), 9 de marzo de 2016.- O director xeral de Inclusión, Arturo Parrado, acudiu esta tarde ao acto de clausura do curso de decoración e artesanía económica para persoas inmigrantes levado a cabo pola ONG Mestura. Esta acción formativa estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo a través das subvencións plurianuais a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social.

 

No curso participaron máis de dez persoas, ás que Arturo Parrado felicitou persoalmente polo traballo realizado e por formar parte de proxectos de aprendizaxe inclusivos, que permiten desenvolver as habilidades das persoas migrantes. “Dende a Xunta de Galicia queremos amosar o noso apoio a entidades como Mestura, que prestan servizos especializados para inmigrantes e colectivos en risco de exclusión social, promovendo así a súa necesaria integración na sociedade”, explicou o director xeral. Así mesmo, a administración autonómica puxo en marcha un servizo de conciliación que atendeu aos fillos e fillas das participantes mentres estas acudían ao curso. “Dende a Consellería de Política Social, a nosa obriga é ser sensible coas necesidades que presentan os colectivos que máis precisan da nosa axuda, por elo traballamos en busca dun futuro inclusivo no que prime a igualdade entre as persoas, procedan de onde procedan”, engadiu Parrado.

 

ONG Mestura

Fundada no ano 2003, Mestura busca abordar as diferentes problemáticas que afectan ao colectivo de persoas inmigrantes e emigrantes retornados/as. Na actualidade tamén traballan con outros grupos de poboación en risco de exclusión social como as minorías étnicas ou as mulleres vítimas de violencia de xénero.  Os obxectivos da entidade pasan por facilitar asesoramento xurídico, formativo e laboral aos usuarios, promover e desenvolver actividades que fomenten a integración social das persoas estranxeiras, denunciar e combater condutas discriminatorias e levar a cabo programas de sensibilización e cooperación ao desenvolvemento coa finalidade de implicar á poboación galega.

 

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL REITERA O SEU COMPROMISO COAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NUN ENCONTRO COA FUNDACIÓN IGUAL ARTE

 

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro cos responsables da Fundaci—n Igualarte.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro cos responsables da Fundaci—n Igualarte.

    A entidade traballa en prol do desenvolvemento persoal e social deste colectivo a través das diferentes disciplinas artísticas

  • José Manuel Rey Varela valorou positivamente a súa labor e destacou que o benestar das persoas que máis o precisan é unha prioridade para a Xunta de Galicia

 

Santiago, 9 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro esta tarde coa Fundación artística para persoas con capacidades diferentes Igual Arte. A reunión, na que participaron tamén a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, forma parte da rolda de entrevistas que o titular da carteira de Política Social está a manter coas entidades, organizacións e axentes de Galicia que levan a cabo a súa actividade no ámbito dos servizos sociais.

 

O titular da carteira autonómica escoitou as demandas por parte dos representantes de Igual Arte e felicitou á entidade polo traballo que realizan en favor do desenvolvemento persoal, a través da arte, das persoas con discapacidade. Rey Varela valorou de xeito positivo o esforzo da organización e engadiu que para a administración autonómica o benestar dos colectivos que máis axuda precisan, é unha prioridade. Deste xeito, lembrou que a Consellería de Política Social investiu no pasado ano máis de 83.000 euros para o concerto de doce prazas do centro ocupacional da cidade olívica e 3.000 euros no patrocinio do certame artístico que celebra a fundación. Tanto a Xunta de Galicia como Igual Arte comparten outro obxectivo fundamental como é o de sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a importancia de conseguir, entre todos, dito benestar.

 

A Fundación Igual Arte é unha entidade sen ánimo de lucro con sede en Vigo, creada no ano 2002 por profesionais da educación. A entidade, declarada como fundación de interese galego pola Xunta de Galicia, desenvolve diversas actividades no seu espazo artístico, pensadas como formación complementaria dentro da educación da cada alumno. A través da música, da danza e da plástica proporcionan aos usuarios ferramentas de expresión, comunicación e desenvolvemento persoal e social. Os obradoiros artísticos teñen, ademais da vertente terapéutica, unha vertente artística e estética que vai máis aló das aulas de traballo.

 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CONCELLO DE ARBO IMPULSARÁN PROXECTOS COMÚNS AO LONGO DA LEXISLATURA

O municipio de Paradanta recibe este ano do Plan Concellos máis de 400.000 euros, un 27% máis que en 2015

 a agre b c d e f g lam,p arabo

A Presidenta comprometeuse co alcalde en buscar fórmulas de colaboración para a reparación da rúa Antonio Tovar, moi danada polos temporais

 

Na súa primeira visita institucional ao Concello de Arbo, a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, comprometeuse co alcalde, Horacio Gil, a prestar toda a colaboración do seu goberno para traballar conxuntamente nos proxectos que ten pendentes este municipio.  Arbo recibirá este ano 428.497,84 euros, 90.000 máis que en 2015, que o Concello poderá dedicar a financiar emprego, investimentos, actividades e gasto corrente. Carmela Silva lembrou ao alcalde que a maiores, todos os colectivos sociais, culturais, deportivos e de calquera  índole tamén poden optar a subvencións e axudas que se tramitan polo sistema de libre concorrencia.

 

A Presidenta da Deputación recoñeceu a dificultade de xestionar os escasos recursos dos municipios máis pequenos e por elo avanzou que ademais do incremento do diñeiro do Plan Concellos, “estamos a elaborar plans de actuación  en todas as áreas como deportes, turismo, cultura ou política social. En canto teñamos as liñas xerais  chamaremos a todos os alcaldes e alcaldesas para que sexan coparticipes. Para entendernos, que sexa o concello de Arbo o que diga que hai que facer en Arbo”, sinalou

 

Na reunión de traballo, que se desenvolveu nun ambiente de total cordialidade, a Presidenta da Deputación comprometeuse a estudar a petición de colaboración que realizou o alcalde de Arbo  para poder afrontar a  reparación da rúa Antonio Tovar, un viario municipal que quedou moi danado polos últimos temporais. “Buscaremos algunha fórmula para ver como podemos colaborar”, subliñou Silva, que tamén avanzou que nas infraestruturas provinciais destinaranse todos os recursos a melloralas e reurbanizarlas na maioría dos casos

 

Carmela Silva trasladou ao alcalde un especial recoñecemento aos gobernos municipais dos concellos pequenos. “Son moi consciente do extraordinario labor que prestan onde hai moito de compromiso a cambio de nada. Non é o mesmo ser concelleiro en Madrid ou Vigo que en Arbo, e por iso creo que o agradecemento social tamén debería ser moi grande. Creo profundamente no mundo local. Esa é a política total porque é a que está máis preto da xente”

 

Pola a súa banda, o alcalde Horacio Gil desexou toda clase de éxitos á Deputación “porque o seu éxito será o éxito dos concellos  e a posibilidade de que as veciñas e veciños de Arbo poidan mellorar nos seus servizos e na súa calidade de vida. Agradezo a disposición  da Presidenta e estou convencido de que teremos o seu apoio”

 

A Presidenta, que asinou no libro de honra do Concello, terminou a súa visita  percorrendo co alcalde  as instalacións do Centro de Interpretación do Viño e dá Lamprea, moi preto xa da prestixiosa Festa da Lamprea de Arbo coa que a Deputación colaborará na súa edición deste ano

Lampreia com Tradição é em Valença no Festival Gastronómico “Sabores da Lampreia”

LampreiavalençaCinco variedades de lampreia, a 10 euros a dose, prometem deliciar os mais exigentes paladares na 7ª edição do Festival Gastronómico “Sabores da Lampreia”. A comunidade de pescadores de São Pedro da Torre, em Valença, espera um número recorde de visitantes, no fim de semana de 11 a 13 de março.

A variedade é grande, Lampreia à Bordalesa, Arroz de Lampreia, Fumada/Grelhada, Assada no Forno, Recheada ou o prato dos cinco sabores, são os tipos de lampreia possíveis de saborear. Como prato alternativo os tradicionais Rojões. Acompanham o caldo verde, bem como os bons vinhos verdes da região e as sobremesas típicas.

Para quem procura novos sabores e tendências o curso de hotelaria da EPRAMI vai presentear os comensais com a degustação de lampreia em Sushi, Empanada, Gressinos e Escabeche de lampreia com framboesas.

A melhor lampreia do mundo, pescada artesanalmente no Minho e confecionada por cozinheiros especializados vai-se apresentar, no Festival Gastronómico, genuína, revelando todos os segredos ancestrais dos seus sabores.

Valença tem duas comunidades de pescadores secularmente ligadas ao rio Minho e à pesca da lampreia, São Pedro da Torre e Cristelo Côvo, onde as redadas, proporcionam as divinas lampreias que marcam esta temporada gastronómica.

Pescadas nas últimas semanas tem estado a ser apuradas em tanques da Associação Sabores do Rio Minho, em água corrente. A técnica é antiquíssima e conhecida por “bater a lampreia”, um modo que enrije-se a sua carne, o que permitirá, aquando da sua confeção, pratos de excelência.

Sabores da Lampreia é uma genuína festa gastronómica valenciana que, ano após ano, se tem afirmado como o maior evento gastronómico da região dedicado à lampreia.

Uma área dedicada à doçaria regional, aos vinhos e licores e à exposição de instituições locais e regionais e a animação musical popular, completarão o certame.

A iniciativa é da Câmara de Valença, Junta de São Pedro da Torre e da Associação Sabores do Rio Minho e da Comissão de Festas de São Pedro da Torre.

Esta é uma oportunidade única para comer uma boa lampreia em Valença. Séculos de tradição a apurar receitas resultam em 5 pratos que são um convite a deliciar-se com estes manjares. Saboreá-la é uma experiência gustativa que proporciona uma viajem pelos sabores mais genuínos desta região raiana.