Archive | marzo 13, 2016

GALEGOS E PORTUGUESES XUNTOS PARA DEFENDER AS PERSOAS E O MEDIO AMBIENTE FRONTE Á BARBARIE ESPECULATIVA DE RED ELÉCTRICA ESPAÑOLA E REDE ELÉCTRICA NACIONAL

20160312_181150 a2 a5 a8No sábado 12 de marzo, máis unha vez, os movementos sociais galegos e portugueses, os seus representantes políticos locais de Arbo, Melgaço, Ponte da Lima e Monçao, e deputados e deputadas en Bruxelas, Lisboa e Madrid, construímos unha mensaxe uniforme de rexeitamento frontal aos intereses especulativos da Rede Eléctrica Española e a Rede Eléctrica Nacional coa Liña de Moi Alta Tensión que queren colocar sobre as nosas cabezas.

Ficou moi claro que non estamos en contra do progreso nin das LAT pero estamos radicalmente en contra dos intentos desas empresas, controladas no caso portugués, por un xigante económico chinés, e no caso español, con participación de fondos especulativos, de enganar á cidadanía co visto e bo de algunhas institucións españolas como a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Enganar, si: ao presentar dous proxectos partidos, un galego e outro portugués, cando se trata de un único proxecto transfronteirizo que non se entende de xeito partido como esas empresas o presentaron. Enganar, si: ao presentar a actual retirada do proxecto polo lado portugués como un movemento táctico que pretende desmobilizar ao movemento social de oposición. Enganar, si: ao presentar, tanto REE como REN, efectos nulos do electromagnetismo sobre as persoas, como deixou claro Pedro Costa Morata.. Enganar, si: ao ocultar nos documentos que parte da infraestrutura se sitúa sobre Rede Natura e ampliando sesgadamente a distancia á que se encontran as casas da LAT. Enganar, si: ao ocultar a existencia de alternativas tanto de trazado como de soterramento, moito menos agresivas para as persoas e o medio ambiente.

A concelleira Fabiola Durán sinala que  acontecido en Arbo mantén e reaviva a loita contra esta infraestrutura cuxa necesidade social non está xustificada real e obxectivamente.

Pedro Soares, Deputado na Asembleia da República, e Alexandra Fernández, Deputada no Congreso, abriron as xanelas das súas institucións para que os “miñotos e galegos” poidamos levar a esas institucións a nosa loita contra a barbarie da LAT 400 kV. A Eurodeputada Lidia Senra, desde a distancia, manifestou que seguirá con todo o interese a evolución da denuncia ambiental contra a LAT admitida a trámite polas institucións europeas. Así mesmo, unha conclusión adicional do evento organizado por AGRELAR, coa colaboración da CMVMC de Sela e o GIEEA da Universidade de Vigo,  é a necesidade de manter a acción reivindicativa  conxunta entre galegos e portugueses.

Finalmente, a voceira Fabiola Durán de AGRELAR quere facer dúas mencións máis.

A primeira, lamentar a ausencia de políticos locais durante o evento,ao non participar ninguén do goberno municipal arbense, o que mostra, segundo o noso punto de vista, unha posición cando menos ambigua en relación con este problema social e ambiental. Dirán que ninguén os convidou pero a verdade é que AGRELAR non convidou a ninguén, agás os participantes da mesa, e sen embargo asistiu o Presidente da Asembleia Municipal de Monção, a Vicepresidenta da Cámara Municipal de Monção, Messegães,  o Presidente da Freguesía de Valadares e Sá de Monção,  o Presidente da Freguesía do Penso de Melgaço así como o Presidente dunha Freguesía de Ponte da Lima.

A Segunda, ten que ver co movemento social que se está a producir en MessegãesValadares e Sá (Monção)  en relación coas terras ocupadas pola EDP nos anos 70 cando se quixo construír o denominado Salto de Sela. Unha vez máis, os galegos estamos por detrás dos veciños e amigos portugueses, mais estamos moi contentos ao observar que o Salto de Sela é un soño do pasado pois a EDP, a empresa portuguesa concesionaria xunto coa española Fenosa, do Salto de Sela está a negociar a devolución deses terreos. Nós desde AGRELAR iniciamos un proceso de información  que nos permita deseñar unha estratexia encamiñada a alcanzar a requirida devolución das terras e das pesqueiras que ocupou Fenosa para un Salto de Sela que definitivamente non se vai facer.

La alcaldesa expone a los miembros del Porriño Industrial una posible solución para el club

Reunión Porriño IndustrialA alcaldesa do Porriño mantivo unha xuntanza coa directiva do Porriño Industrial e, ao seu remate, no Salón de Plenos do Concello, deu conta da mesma e respostou ás preguntas que quixeron formularlle aqueles do cento de traballadores, socios e xogadores do clube que estaban presentes.

Eva García de la Torre sinalou que o Concello está estudando una solución que permita que ao clube faga fronte aos gastos necesarios para o remate a actual tempada, e subliñou que, maila a que os cartos destiñados ao Porriño Industrial están aprobados e consignados, “o Goberno local non pode, legalmente, ingresalos mesmos sen un informe favorable do interventor municipal”.

A alcaldesa informou de que a anterior xunta directiva do clube presentou no Concello 31.000 € en facturas falsas para xustificar os gastos da tempada anterior, tal e como confirmaron os servizos municipais. Este feito,salientou, “é un delicto tipificado no Código Penal, está a ser investigado no xulgado, ao que membros da anterior directiva acudiron a declarar como investigados, e impide ao Concello facer calquera tipo de ingreso ao Porriño Insutrial”.

Ainda tendo en consideración estos feitos, que segundo varios dos presentes eran xa coñecidos hai varias tempadas, tanto dentro do clube como por os anteriores responsabeis municipais, Eva García de la Torre, insistiu en que “en pouco tempo” podería dar estar en disposición de aportar unha “fórmula legal” que permita achegar ao Porriño Industrial dispor de liquidez para rematar esta campaña.

A alcaldesa advertiu que a esta fórmula debe pasar por unha xestión da nova directiva que solvente a situación pola que pasa o clube e por atopar, de cara a tempada que ven, patrocinadores privados.

Eva García de la Torre repetiu que a situación da entidade deportiva “é complicadísima”, ofreceu o seu compromiso de atopar unha “posible solución” e, por último, quixo deixar moi craro que “hoxe por hoxe, tal e como está a situación dentro do clube, o Concello non pode darlle un céntimo ao Porriño Industrial como Porriño Industrial”.

 

A Federación Galega de Municipios e Provincias estudará o mércores os danos causados polo temporal e as chuvias

TemporalComo consecuencia dos adversos fenómenos meteorolóxicos (temporais, chuvias intensas,ventos) deste inverno, téñense producido múltiples incidencias con danos nos viais municipais en todo o concello, como desprendimento de noiros, desplome de viais, desbordamento de ríos o danos na calzada da varias estradas, en distintas parroquias.

Segundo os servizos municipais, coordinados pola Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, os danos afectan a Pontellas, onde se produxo o desplome do tramo dun víal de paso sobre o arroio Miñoteira e tamén en San Roque; a varios treitos do Camiño de Santiago que atravesan O Porriño e ao propio Paseo do Louro; a Mosende, co desplome de parte dun muro de contención en A Costeira, un noiro en Casal e danos nun labadoiro de San Diego e varias pedras en camiños de Filgueiras, en Chenlo.

Dacordo co informe elaborado polos Servizos Técnicos do Concello, o custo reparación destos danos superaría os 160.000€, aos que habería que sumar os causados en varios treitos do Camiño de Santiago que, “debido ó numeroso das incidencias e a grande superficie afectada” resulta de difícil estimación e que requerirá varios días máis para completar a mesma.

En base a elo, e segundo acordo dos concellos afectados polos efectos dos temporais, será a Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), da que forma parte Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, a que na súa xuntanza do mércores, día 16, faga unha avaliación dos danos que afectan a todos os concellos antes de remitila ao Goberno de Galicia, quen asumiu o compromiso de facerse cargo dos orzamentos de reparación.

 

CORTES DE TRAFICO CON MOTIVO DA X INTERRUNNING

A Policia Local do Porriño informa que con motivo da X Interrunning o vindeiro 13 de marzo procederase ao corte do tráfico rodado e prohibirase  aparcar en varias rúas do centro urbano.

 

Prohíbese estacionar dende as 8 horas e a circulación dende as 9 horas nas seguintes rúas: Avda de Galicia no carril de entrada de Mos ao Porriño; Domingo Bueno dende Aloques á gasolineira de Atios- A Guía; Fernández López; Manuel Rodríguez, dende o cruce da Pontenova á Praza de San Sebastián; San Sebastián; Leandro Diz; Cando y Praza de Abastos; Xogo da Ola; Ramiráns, dende a Praza Central hacia Lidl.

 

Non estará permitido circular polas ruas Pio XII e Fontevella.

 

A Policia Local agradece a colaboración cidadá para o bo desenvolvemento das actividades previstas.