Más 1 de 1 Imprimir todo En una ventana nueva A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE APOSTA POLO PROGRAMA INICIATIVA XOVE DE EDUCACIÓN NON FORMAL PARA ESTIMULAR O LIDERADO E A CREATIVIDADE DA MOCIDADE

  • O programa, presentado hoxe en Lugo, aposta por ceder o protagonismo á mocidade a través da estimulación da creatividade
  • A Xunta de Galicia inviste na iniciativa preto de 550.000 euros en 2016 e como novidade, o orzamento máximo por proxecto é de 5.000 euros
  • Permitirá desenvolver arredor de 140 proxectos e o prazo para a presentación dos mesmos remata o 4 de abril

 

Lugo, 14 de marzo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, presentou esta mañá na delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo, o programa Iniciativa Xove de participación xuvenil. Trátase dunha iniciativa de educación non formal pioneira a nivel de todo o Estado “no que a administración non lle indica aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para despois apoialas co propósito de estimular o liderado, a creatividade e o talento xuvenil”, explicou Cecilia Vázquez, quen compareceu na rolda de prensa acompañada da delegada territorial da Xunta na cidade das Murallas, Raquel Arias Rodríguez. Iniciativa Xove permitirá o desenvolvemento de 140 proxectos nos que participarán máis de 700 rapaces e rapazas.

 

Esta iniciativa contará en 2016 cun investimento de 547.364,95 euros, un orzamento dirixido tanto a asociacións xuvenís como a grupos informais de mozos e mozas. O programa está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades nas que os actores principais son eles mesmos. Así, grazas á axuda económica da Xunta de Galicia, “este programa permite financiar o cen por cen dos proxectos presentados. O orzamento máximo por proxecto é de 5.000 euros e esta é unha das novidades da Orde deste ano, xa que ata o de agora, o límite financeiro estaba en 4.000 euros”, afirmou a directora xeral. O prazo de presentación de proxectos remata  o luns 4 de abril.

 

Todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, recibirán un anticipo do 80% sobre o total da cantidade concedida. Unha medida que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas.

 

Unha vez finalizados os proxectos, os participantes poden obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de xuventude, como instrumento que permite confirmar a participación nos programas de educación non formal.

 

As políticas máis modernas e innovadoras en materia de Xuventude en toda Europa teñen como nexo de unión a educación non formal como medio para mellorar as competencias curriculares dos mozos e mozas. Así, Iniciativa Xove representa o compromiso da Xunta de Galicia coa educación non formal, como ferramenta para estimular o protagonismo da xuventude e o talento dos líderes do futuro, tal e como recolle a primeira Lei de Xuventude de Galicia.

 

Ademais, nesta lexislatura, culmínase o proceso iniciado en 2010, que permitiu a renovación total dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Con este cambio do marco de traballo, Iniciativa Xove permitiu a organización dun total de 1.007 proxectos xuvenís que foron realizados de xeito directo por máis de 5.000 mozos e mozas. “Isto significa un investimento en educación non formal de 3.700.000 euros entre o ano 2010 e o ano 2015”, afirmou Cecilia Vázquez.

 

Nos últimos anos a administración autonómica puxo en marcha proxectos pioneiros a nivel de todo o estado, que facilitan aos mozos e mozas a adquisición de coñecementos, habilidades e aptitudes que aumentan as súas posibilidades de empregabilidade, como ademais de Iniciativa Xove, os programas Erasmus +, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa, Campaña de Verán e Deseñando o teu Futuro.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: