A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO PARTICIPA NO SEGUNDO FORO DO PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN XUVENIL ÁGORAXOVE

  • IMG_0639Cecilia Vázquez subliñou o papel que xoga a mobilidade “na adquisición de novas capacidades nun entorno cultural e social novo” e lembrou que a Xunta de Galicia impulsará por segundo ano consecutivo o programa de mobilidade “Galeuropa” para a realización de prácticas formativas en países europeos

 

Santiago, 15 de marzo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou esta mañá no segundo dos doce foros que o seu departamento ten previsto celebrar no marco do programa de participación da mocidade na vida social, económica e cultural de Galicia denominado “ÁgoraXove”. Así as cousas, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acollía hoxe unha mesa redonda na que, baixo o título “Experiencias de mobilidade no estranxeiro, factor de éxito na inserción laboral”, ademais de Vázquez interviñeron a decana da Facultade, Emilia Vázquez Rojas e o conselleiro delegado de IFFE Bussines School, Manuel Carneiro Caneda.

 

Durante a súa intervención, a directora xeral destacou o papel que xoga a mobilidade “na adquisición de novas capacidades nun entorno cultural e social novo, tanto a través da formación como das prácticas profesionais e mesmo dos propios procesos de educación non formal que leva aparellada a participación nestes programas”. Nesta liña, Cecilia Vázquez lembrou o programa de mobilidade transnacional denominado “Galeuropa”, que a Xunta de Galicia porá en marcha por segundo ano consecutivo e que facilita a realización de prácticas formativas de 8 a 16 semanas en empresas de países europeos. E, ao fío, apuntou que Galeuropa contará para este 2016 cun orzamento de 2 millóns de euros, o que facilitará que 500 mozos e mozas adquiran experiencia internacional con axudas para viaxes e a estadía.

 

Ademais da mesa redonda, o foro desta mañá contou tamén cunha área expositiva onde estiveron representadas máis de dez entidades especializadas en programas de mobilidade e cooperación internacional, así como conferencias sobre “Youth Leadership: Competencias transversais para a mobilidade”, “Intermusic” e “Europa a punto”, así como un espazo de asesoramento sobre os diferentes programas que impulsa a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Despois da súa estrea en Vilalba e da parada hoxe en Santiago, ÁgoraXove ten previsto viaxar nas próximas semanas a Palas de Rei, Ourense, Vigo, A Estrada, Betanzos, Bergondo, Marín, Vilanova de Arousa, Curtis e Ferrol.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: