ABANCA xestiona a domiciliación da metade das axudas da PAC en Galicia

ABANCA xestiona a domiciliación da metade das axudas da PAC en Galicia15-03-201620160311-abanca-ayudas-pac-galicia-2-gl-c0378c0d

ABANCA mantén unha ampla posición de liderado na tramitación e domiciliación de axudas de la Política Agraria Común (PAC) en Galicia. En 2015, a entidade financeira galega tramitou case un terzo das solicitudes de axuda rexistradas na Comunidade. En domiciliacións, a cota alcanzou o 47%.

Na última campaña da PAC, ABANCA xestionou nas súas oficinas 11.778 solicitudes de axuda, dun total de 35.865 rexistradas en Galicia, o que representa unha cota próxima ao 33%. A seguinte entidade situouse moi por debaixo, con menos da metade das solicitudes tramitadas por ABANCA.

A posición de liderado de ABANCA é máis notoria en domiciliacións destas subvencións europeas. Case a metade das axudas, o 47% do total, domiciliáronse en oficinas da entidade financeira galega.

Campaña de 2016

ABANCA, a través da súa unidade de negocio ABANCA Agro e Mar, ampliou este ano o dispositivo especial para a xestión das axudas da PAC que pon en marcha cada primavera nas oficinas das zonas rurais das catro provincias galegas e de León, coincidindo co inicio da convocatoria. O banco puxo a disposición dos agricultores e gandeiros máis de 200 xestores especializados na xestión das axudas. Estes empregados, algúns dos cales foron contratados ex profeso para a campaña, recibiron no seu conxunto máis de 1.700 horas de formación específica sobre as subvenciones da Política Agraria Común e a súa tramitación.

As solicitudes poden tramitarse en ABANCA dende esta mesma semana, ao estar xa dispoñibles as aplicacións informáticas da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León que se utilizan para o rexistro destas subvenciones. O período oficial de solicitudes prolongarase ata o 30 de abril.

ABANCA marcouse como obxectivo reforzar aínda máis a súa posición como entidade financeira de referencia para o sector primario da zona noroeste e seguir mellorando o servizo prestado a este segmento. A entidade galega conta cunha oferta financeira sectorial e soluciones deseñadas á medida para dar resposta ás necesidades do sector agro-gandeiro. ABANCA ofrécelles aos agricultores e gandeiros préstamos sen xuros para anticipar o importe das axudas da PAC que domiciliaran na entidade e cunha comisión de apertura moi competitiva. Tamén son diferenciais no mercado unha conta de crédito para as necesidades de financiamento do día a día a un prazo máximo de cinco anos e sen comisiones, un préstamo persoal de ata 12 anos sen comisións para investimentos ou a ampla gama de seguros agrarios con financiamento específico para primas de seguros agrarios, a un tipo de xuro do 0% e cunha comisión de apertura moi competitiva.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: