GALICIA FOI A COMUNIDADE ONDE MENOS MEDROU O ENDEBEDAMENTO EN 2015 E ESTE ANO BAIXARÁ POR PRIMEIRA VEZ O SEU NIVEL DE DÉBEDA

  • O director xeral de Política Financeira destaca que Galicia logrou estabilizar o endebedamento en 2015, fronte ao aumento de 1,5 puntos no conxunto de España
  • Os datos do Banco de España volven ratificar que Galicia é a comunidade de referencia no control da débeda pública
  • O nivel de débeda de Galicia xa é 5,6 puntos inferior á media autonómica
  • Grazas á xestión da Xunta, Galicia evitou ter 3.000 millóns de euros máis de débeda

 

Santiago, 15 de marzo de 2015.- Galicia logrou estabilizar o seu nivel de endebedamento público durante o pasado ano, e neste 2016 a Xunta reducirá por primeira vez este indicador co obxectivo de seguir sendo a comunidade de referencia no control da débeda, segundo explicou hoxe o director xeral de Política Financeira e Tesouro, David Cabañó.

 

En rolda de prensa, Cabañó destacou que os datos publicados hoxe polo Banco de España mostran que Galicia é a comunidade autónoma onde menos aumentou o nivel de débeda pública o pasado ano –só medrou unha décima-, mentres que no conxunto do Estado creceu 1,5 puntos. En Galicia, este indicador non variou no terceiro nin no cuarto trimestre do ano.

 

En concreto, o endebedamento de Galicia situouse ao peche do ano no 18,6% do PIB, o que supón un incremento de 0,1 puntos no último ano. Pola contra, a media autonómica pasou do 22,7% ao 24,2%, o que supón que o diferencial positivo segue aumentando e sitúase xa nos 5,6 puntos, o maior da historia da Autonomía.

 

En termos absolutos, a débeda de Galicia representa o 3,97% do total de España, xa que Galicia correspóndenlle só 10.375 millóns dos 261.268 millóns do total do Estado- , moi por baixo do peso de Galicia no conxunto do Estado tanto en termos de PIB ou de poboación. Ademais, a débeda por habitante en Galicia tamén está moi por baixo da media autonómica.

 

Os datos publicados hoxe polo Banco de España ratifican ademais que Galicia mantense como a sétima comunidade –a quinta de réxime común- con menor endebedamento de todo o Estado. Isto significa un cambio de posición respecto ao ano 2008, cando a Comunidade Autónoma era a cuarta máis endebedada de todo o Estado.

 

3.000 millóns menos de débeda

O director xeral de Política Financeira e Tesouro explicou que, grazas á xestión do Goberno galego neste eido, Galicia ten menos débeda que a media autonómica. De feito, sinalou que Galicia coa mesma evolución que o conxunto de comunidade tería neste momento 3.000 millóns de euros máis de débeda, o que suporía un custe anual a maiores de 85 millóns de euros en gastos financeiros.

 

Ademais, Galicia cumprirá o obxectivo de débeda aprobado polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) para 2015, e que o propio CPFF ratificará ao longo deste ano, como xa fixo en anos anteriores. De feito, lembrou que en 2014 Galicia foi unha das comunidades que cumpriu os obxectivos de déficit e de débeda.

 

Ademais, tendo en conta a ratio global de débeda -incluíndo a das empresas públicas non incluídas no sector Administracións Públicas – o diferencial positivo é aínda maior, xa que este indicador en Galicia é inferior en 6 puntos ao conxunto das comunidades autónomas.

 

Segundo os datos do Banco de España, a ratio de débeda/PIB das ditas empresas públicas en Galicia mantense no terceiro trimestre do ano no 0,1%, a quinta parte da media autonómica, que se sitúa no 0,5%. Desta forma, compróbase que Galicia segue apostando pola transparencia e non concentra endebedamento nas empresas públicas.

 

DÉBEDA POR CC.AA (4º trimestre 2015)

 

  Ratio de débeda/PIB

(%)

Madrid 13,6
País Vasco 14,4
Canarias 15,7
A Rioxa 17,9
Asturias 18,0
Navarra 18,2
GALICIA 18,6
Castela e León 19,4
Aragón 20,3
Estremadura 20,4
Andalucía 21,7
Cantabria 21,8
TOTAL CCAA 24,2
Murcia 27,3
Baleares 30,4
Cataluña 35,3
Castela-A Mancha 35,5
Valencia 41,3

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: