A XUNTA ADXUDICARÁ UNHA NOVA VIVENDA EN RÉXIME DE ALUGUEIRO SOCIAL A UNHA FAMILIA CON FILLOS MENORES EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN SOCIAL

  • A vivenda está emprazada na Cañiza e foi cedida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo por Abanca
  • A semana pasada a Comisión Provincial de Vivenda adxudicou outra vivenda na Cañiza tamén a unha familia en extremas dificultades
  • Asínanse os contratos de alugueiro social de dúas vivendas en Vigo, unha delas cedida pola Sareb e outra propiedade da Xunta

 

Santiago, 17 de marzo de 2016.- A Xunta de Galicia adxudicará unha nova vivenda cedida por Abanca no concello pontevedrés da Cañiza a unha familia con fillos menores en situación de exclusión social. A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra estudou o caso na súa reunión de hoxe e propuxo a adxudicación directa da vivenda, que será definitiva mediante resolución da conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

 

A vivenda que se adxudicará ten dous dormitorios e foi cedida por Abanca ao Instituto Galego da Vivenda e Solo en virtude do convenio asindo o pasado verán, en virtude do cal a entidade de crédito se comprometeu a cederlle á Administración autonómica 100 vivendas desocupadas para destinar a alugueiros sociais. Así mesmo, Abanca comprometeuse a non executar desafiuzamentos por procesos de execución hipotecaria e facilitar que os afectados puidesen permanecer na vivenda a través dun arrendamento social, apoiado pola Xunta.

 

O pasado 10 de marzo a mesma Comisión Provincial de Vivenda propuxo a adxudicación doutra vivenda, tamén cedida por Abanca no concello da Cañiza, a unha familia en situación de exclusión social.

 

Por outra parte, hoxe asináronse os contratos de dúas vivendas adxudicadas en réxime de alugueiro social no concello de Vigo. Unha destas vivendas foi cedida pola Sareb á Xunta e a outra é unha vivenda de promoción pública propiedade da Xunta.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: