LÓPEZ-CHAVES DI QUE O ALCALDE DE VIGO “ESTÁ A RECTIFICAR” COA ACTUACIÓN DA GRÚA MUNICIPAL E A POLICÍA LOCAL NO HOSPITAL PÚBLICO ÁLVARO CUNQUEIRO

    • O delegado da Xunta en Vigo considera que Caballero “está a dar a razón” ao Goberno galego e ao sector do transporte público, ambulancias e taxistas que denunciaban os graves problemas de acceso e os riscos para a saúde das persoas
    • Felicítao porque “está a rectificar para gañar en seguridade” coa intervención da grúa municipal e da Policía Local ao longo das últimas semanas
    • Coma mostra disto puxo o exemplo dunha sanción da Policía Local do pasado 9 de marzo a un vehículo que estaba mal aparcado na zona de consultas externas17032016_RPLopezChaves

     

    Vigo, 08 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, sinalou hoxe que o alcalde da cidade, Abel Caballero, “está a rectificar” e “da a razón” non soamente á Xunta de Galicia senón tamén ao sector dos sindicatos do transporte –Vitrasa, ambulancias, taxistas…- cos que mantivo unha reunión hai semanas coa actuación da grúa municipal e da Policía Local nos viais de acceso ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro ao longo das últimas semanas.

     

    Coma explicou, tanto dende a Xunta coma dende o sector “se estaba a denunciar a situación de inseguridade e risco” que supoñía a falta de intervención do Concello para “garantir a seguridade e o acceso” de todos os cidadáns ao complexo hospitalario. Lembrou ademais que o rexedor chegara a afirmar que “non regularía o tráfico” na zona do hospital porque “dicía que eran viais privados” pero o certo foi que semanas despois a grúa municipal comezou a actuar. “Dicía que non entraría a regular e si entrou”, dixo López-Chaves, quen recordou tamén que o alcalde incluso chegou a recoñecer publicamente que non ía multar aos vehículos mal estacionados.

     

    Pero coma informou o delegado, esta cuestión tampouco foi así porque a Policía Local xa comezou a sancionar aos vehículos que están “inadecuadamente aparcados” en zonas que causan grave risco e dano ao tráfico para acceder ao hospital. E coma mostra puxo o exemplo dunha multa da Policía Local que data do pasado 9 de marzo ás 9,30 horas na zona de acceso ás consultas externas. “Dous días despois de dicir Caballero que non se multaría, se sanciona a unha persoa que estaba inadecuadamente aparcada no acceso a consultas externas”.

     

    Considerou así que “ao final está a dar a razón porque nesa zona ten que intervir a Policía Local”. “Está a rectificar e con iso os vigueses vamos a gañar en seguridade”, recoñeceu. É por isto polo que o felicitou tras mudar a súa actitude ao longo das últimas semanas e por sumarse así ao proxecto do Hospital Público Álvaro Cunqueiro. “Está a acabar co abandono de responsabilidades ao non intervir nos viais e felicítoo porque se sume ao proxecto e garanta os accesos coa intervención da Policía sancionando aos que están a provocar unha situación de inseguridade na contorna do HAC”.

     

    Deste xeito, considerou ademais que coa intervención da Policía Local –incluso multando- e da grúa municipal, o alcalde de Vigo “está a recoñecer que son viais dun hospital público”. “É unha obriga que ata o de agora non cumpría e por fin cumpre as súas funcións”, rematou.

     

     

     

     

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: