Archivo | marzo 17, 2016

Próximos eventos CUARENTA , Rosalia de Castro, 29 Vigo

03Próximos eventos CUARENTA , Rosalia de Castro, 29 Vigo

Que los jueves en Cuarenta son un éxito, es un hecho consumado. Este Jueves 16, recuperamos la música y el ambiente de un local que en la etapa mas fuerte de la movida no pasó inadvertido…

FIESTA REMEMBER en CUARENTA (Rosalia de Castro, 29)
Jueves 17 de Marzo  a partir de las 23:30, entrada libre.
En esta ocasión homenajeamos a otro local que forma parte de la historia de la movida de los 90 de nuestra ciudad: NEMO
Contaremos con la presencia de su staff para recordar su ambiente y su música!

VIERNES 18–  Session especial Classic House Tracks Visual  en planta baja –  a partir de las 23:30 h. y con LOLO The Sound 100% comercial music – en primera planta y  Entrada libre

SABADO 19 –  Session especial LOLO The Sound – en primera planta y 90´s Classic House Tracks Visual en planta baja –  a partir de las 23:30 h. Entrada libre

DOMINGO 20/3/2016 – PURE HOUSE MUSIC: SOUNDAYS con  LOLO The Sound & JOSE DE ANANDA, a partir de las 23:30 h. Entrada libre

 

 

 

 

 

CRISTIAN SHOW – SAB 19 EN ISLAND CLUB – “EN BUSCA DEL PADRE”

Sábado 19 de Marzo:

cristian diadelpadre_POSTAL

Cristian Show presenta el  Espectáculo: “En busca del padre”

Primero nos volvió loc@s con su jaula. Después nos dio de lleno con sus flechas del humor.
Ahora Island anuncia a bombo y platillo su nuevo espectáculo “En busca del padre”, un show lleno de picardía, humor inteligente, en el que tú también serás protagonista.
El sábado 19 de marzo podrás participar en el nacimiento de la nueva criatura del gran Cristian.
Regálale a tu padre, al abuelo, a tu pareja, a ti mism@ o a quien quieras, un día del padre diferente.

Te esperamos en Island  Club, Plaza de la Estrella, Vigo a las 23,45 h y por 15€, con copa incluida. 

Haz tu reserva ya en el tel. 652099142 y ya sabes… Padre no hay más que uno.. ¿O no?

Obras Polígono de As Gándaras

Manuel CarreraO concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, amosou o seua asombro pola quiexa pública feita pola Asociación de Empresarios de As Gándaras, apenas unhas horas despois de él mesmo falase con responsables da devandita asociación, para informarlles de que estaba na percura dunha solución para acometer as obras de mellora dos viais interiores do polígono.

Manuel Carrera explicou, nesa conversa, que os servizos municipais están traballando ao límite das seus medios por mor dos danos causados polos pasados temporais en todo o concello, que deixaron desprendimento de noiros, desplome de viais, fochancas e cortes nas calzadas de varias parroquias. Maila a elo, como comentou Carrera aos representantes da devandita asociación, o Goberno Local acometería en poucos días as obras no Polígono.

Este mesmo mércores, a alcaldesa, Eva García de la Torre, asistía á xuntanza da Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP),da que é membro, na que se trataría a avaliación dos danos causados pola choiva, o vento e os asolagamentos das pasadas semanas en varios concellos de Galicia, entre eles O Porriño.

O concelleiro de Vías e Obras non entende a postura da Asociación de Empresarios de As Gándaras considerando que con este goberno local rematouse a 1ª Fase da saída sur do Polígono e xa se está licitando a segunda, “obras que non se acometeran con anterioridade”, e lembra que, “en todo momento” houbo un contacto directo e habitual coa Asociación de Empresarios e sempre se tiveron en consideración as súas demandas.

 

XA SON 2.000 AS FAMILIAS GALEGAS QUE SOLICITARON A TARXETA BENVIDA PARA CUBRIR OS GASTOS BÁSICOS DOS PRIMEIROS DOCE MESES DE VIDA DOS NENOS E NENAS NACIDOS E ADOPTADOS EN 2016

  • Máis de 600 familias galegas xa dispoñen da Tarxeta Benvida e xa a están usando para comprar alimentos, produtos de hixiene e produtos farmacéuticos para os seus bebés
  • O responsable da área social do Goberno galego asegura que “a nosa meta é contribuír a que Galicia sexa un lugar mellor para vivir e formar unha familia”
  • Di que grazas ao “financiamento plurianual de 18 millóns de euros, garantimos que esta Tarxeta chegue a máis do 80% dos fogares galegos”
  • Galicia é “a Comunidade Autónoma con maiores deducións por natalidade”
  • A ratio de cobertura de escolas infantís para o vindeiro curso escolar sobe de novo ata o 37%” cun total de 22.316 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas que dependen da Xunta ou nas que participa a administración autonómica
  • A Tarxeta Benvida forma parte dun ambicioso paquete de medidas de apoio á familia e á infancia que está a desenvolver o Goberno galego ao abeiro do Programa de Apoio á Natalidade (PAN). Estas abranguen dende deducións fiscais ata exención de pago nas escolas infantís ou accións de conciliación como o Bono Concilia, entre outras

 

Santiago, 16 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu esta tarde no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta sobre a Tarxeta Benvida, unha medida en pro da demografía galega que está a obter a resposta da sociedade dentro do Programa de Apoio á Natalidade. De feito, o conselleiro cifrou en máis de 2.000 as solicitudes que as familias teñen presentado para obter esta axuda e que máis de 600 familias galegas xa dispoñen da Tarxeta Benvida e xa a están usando para comprar alimentos, produtos de hixiene e produtos farmacéuticos para os seus bebés.

 

No seu relatorio, o responsable da área social do Goberno galego asegurou que “a nosa meta é contribuír a que Galicia sexa un lugar mellor para vivir e formar unha familia”. A Tarxeta Benvida consta dunha axuda económica directa de 100 euros mensuais por un ano. O obxectivo desta medida é contribuír a sufragar os gastos básicos que supón o nacemento ou adopción dun fillo ou filla durante os seus primeiros doce meses de vida.

 

Neste sentido, cómpre lembrar que teñen dereito á Tarxeta Benvida aquelas familias que acrediten a través da súa última declaración en Facenda que a renda da unidade familiar non supera os 45.000 euros; e nos casos en que si se supera esta cantidade, cando a renda per cápita non sexa superior aos 13.500 euros. A previsión do Goberno galego é que un mínimo de 8 de cada 10 familias galegas están en disposición de recibir esta tarxeta moedeiro. Rey Varela dixo que grazas ao “financiamento plurianual de 18 millóns de euros, garantimos que esta Tarxeta chegue a máis do 80% dos fogares galegos”.

 

O conselleiro apuntou tamén “o prazo de presentación das solicitudes da Tarxeta Benvida é de 2 meses contados dende o día seguinte a aquel en que se produza o nacemento ou se constitúa a adopción”. Do mesmo xeito recordou que “a Xunta resolverá cada unha destas solicitudes nun prazo máximo de 3 meses contados dende o día seguinte ao da data en que a solicitude teña entrada no rexistro”.

 

Dentro das medidas en pro da demografía galega, o conselleiro destacou que Galicia é “a Comunidade Autónoma con maiores deducións por natalidade”. Ademais, destacou a posta en marcha de novos recursos para favorecer a conciliación laboral e familiar. Neste punto sinalou que a ratio de cobertura de escolas infantís para o vindeiro curso escolar 2016-2017 sobe de novo “ata situala no 37%, catro puntos máis que no presente curso, polo que seguimos cumprindo con creces a ratio aconsellada pola Unión Europea”. “O vindeiro curso escolar, as familias galegas disporán dun total de 22.316 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís que dependen da Xunta de Galicia ou nas que participa a administración autonómica”, engadiu.

 

Apoio ás familias e á infancia

No seu relatorio, Rey Varela indicou que a Tarxeta Benvida “non é unha acción illada” senón que forma parte dun programa máis amplo que “garante o benestar das familias galegas, apoiándoas de forma integral e continua con feitos e medidas concretas”. A Tarxeta Benvida é unha das novas medidas de apoio á familia e á infancia que a Xunta está a desenvolver ao abeiro do Programa de Apoio á Natalidade (PAN). Trátase dun ambicioso paquete de iniciativas coas que se procura dar resposta ás necesidades dos pais, garantir o benestar das familias e apoialas de maneira continua.

 

Deste xeito, no que respecta ás PAN-Axudas destacan liñas de apoio como a Tarxeta Benvida ou outras complementarias como o incremento da dedución fiscal por nacemento ou adopción de fillos, a prestación do pagamento único por fillos menores de 3 anos ou a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo daquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais e aos menores en situación de acollemento familiar. Tocante ao eixo PAN-Concilia destaca o Bono Conciliación para os pais que non teñan praza nas escolas infantís públicas, o Bono Coidador no Rural que pon a disposición das familias que viven no rural un recurso de conciliación, ou as casas niño, unha rede de coidadores para menores de 0 a 3 anos que viven en zonas rurais. Por último, no PAN-Servizos enmárcanse outras prestacións como as prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos ou as bonificacións adicionais para as familias numerosas como no prezo do transporte metropolitano.

 

Todas estas medidas que a Xunta está a poñer en marcha seguen a liña doutros países europeos como Francia, Finlandia ou Noruega. Para o financiamento desta medida cóntase cun orzamento total de 18 millóns de euros, 9 millóns de euros destinados a cada unha das anualidades de 2016 e 2017.

 

REY VARELA ASEGURA QUE OS CENTROS PÚBLICOS DE INTERNAMENTO COBREN AS NECESIDADES DOS MENORES GRAZAS AO INVESTIMENTO NAS SÚAS INFRAESTRUTURAS E A UN INCREMENTO DO 10% NOS PROGRAMAS

 

  • Asegura que o orzamento global destinado aos centros e programas de atención (protección e medidas xudiciais, de internamento e medio aberto) de persoas menores “mantense intacto para o ano 2016”
  • Salienta o incremento do 33% nas prazas de internamento xa que “en 2009 só había 94 e agora xa contamos con 125”
  • Destaca o Programa Mentor que procura “a capacitación dos menores para a vida independente” e que cun orzamento de 1,5 millóns de euros en 2015 acadou 486 usuarios e 149 novos contratos
  • Sinala que os procedementos de selección para os convenios de colaboración con entidades privadas sen ánimo de lucro para a execución destas medidas “son conformes a dereito, contra eles non se presentou recurso ningún”
  • Anuncia que os centros de medidas de medio aberto na Coruña e de medidas privativas de liberdade nos centros da Coruña (Concepción Arenal) e de Ourense (Monteledo) contarán “nas vindeiras semanas” cunha entidade seleccionada para a execución das medidas necesarias

 

Santiago, 16 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu esta tarde no Pleno do Parlamento de Galicia onde asegurou que o orzamento global destinado aos centros e programas de atención (protección e medidas xudiciais, de internamento e medio aberto) de persoas menores “mantense intacto para o ano 2016”. Neste sentido, o responsable da área social apuntou que os recursos actuais e os catro centros de internamento de titularidade pública (Concepción Arenal na Coruña, Monteledo en Ourense, Avelino Montero en Pontevedra e o Centro de Atención Específica Montefiz tamén en Ourense) “cobren as necesidades dos menores galegos sobre os que pesa algunha medida xudicial”. Na actualidade 4.000 menores teñen expediente de protección, dos que 1.464 menores están baixo tutela pública e arredor de 400 están executando algunha medida xudicial. Ademais do mantemento do orzamento, o conselleiro salientou as melloras das infraestruturas destinadas a que os menores executen as medidas xudiciais así como aumento do 10% en todos os programas de atención e de protección de menores.

 

Respecto ao investimento nas infraestruturas e nas prazas dispoñibles, o titular de Política Social salientou o incremento do 33% nas prazas de internamento xa que “en 2009 só había 94 e agora xa contamos con 125”. Do mesmo xeito sinalou  a creación de 4 novas prazas de educador no centro Avelino Montero  e nas obras de mellora e rehabilitación realizadas no propio centro Avelino Montero (no que de xeito inmediato realizaranse novas obras) e no complexo Montealegre (que acadaron un orzamento de case 1 millón de euros).

 

No relativo aos programas, o conselleiro salientou o incremento do 10% do investimento destinado a esta partida e destacou os programas de actividades produtivas como talleres de distintos oficios (180.000 euros); o Programa Mentor que procura “a capacitación dos menores para a vida independente” e que cun orzamento de 1,5 millóns de euros en 2015 acadou 486 usuarios e 149 novos contratos; o Programa de Avaliación e Tratamento Terapéutico que “atende aos menores que cumpren medidas xudiciais e que amosan desaxustes emocionais severos que requiren dun tratamento psicolóxico específico” e que en 2015 atendeu 165 casos cun orzamento de 140.000 euros; e o Programa de Integración Familiar “dirixido a menores e familias nas que se producen situacións de maltrato ou desprotección” e que tras atender a 195 familias en 2015 contempla un incremento do 10% no seu orzamento para 2016 ata acadar os 418.000 euros.

 

Atención a menores e eficiencia

Na súa intervención no hemiciclo galego, o conselleiro anunciou que “para un mellor uso do gasto público, a principios do ano 2014 realizouse un estudo dos recursos necesarios e os seus custos no referido aos gastos correntes e de funcionamento dos equipamentos, gastos de persoal, de seguridade e gastos de atención aos menores”.

 

A tenor deste estudo, a Xunta incrementou persoal en tres provincias para dotar a todas de medios similares (1 psicólogo e un traballador social nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra) e, ao abeiro dos procedementos de selección para os convenios de colaboración con entidades privadas sen ánimo de lucro para a execución destas medidas, seleccionou a unha entidade para a execución de medidas de internamento no Centro Montefiz de Ourense e tres entidades para a execución de medidas de medio aberto nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra. Uns procedementos, dixo o conselleiro, que  “son conformes a dereito, contra eles non se presentou recurso ningún”. Proba disto é que as entidades seleccionadas levan a cabo as súas tarefas con estrita suxeición aos termos establecidos no convenio e a plena satisfacción da Xunta de Galicia.

 

Nesta liña, o responsable da carteira social anunciou que os centros de medidas de medio aberto na Coruña e de medidas privativas de liberdade nos centros da Coruña (Concepción Arenal) e de Ourense (Monteledo) -que quedaron desertos na primeira convocatoria- contarán “nas vindeiras semanas” cunha entidade seleccionada para a execución das medidas necesarias. De feito, para esta segunda convocatoria e tras realizar unha análise en profundidade do custos que representa o desenvolvemento das intervencións neses recursos, a Xunta decidiu incrementar o presuposto base para estes contratos nun 2%

 

Por último e en referencia aos traballadores dos centros, o conselleiro afirmou que “a Xunta vela polo cumprimento da normativa laboral que resulta de aplicación a este persoal”. Deste xeito, os convenios asinados pola Xunta recollen dentro das obrigas da entidade colaboradora o cumprimento respecto do persoal da normativa laboral e a subrogación do mesmo.

Aberto o prazo para os Campamentos de Verán da Lanzada que pode completarse na OMIX do Centro Cultural Municipal

DepoAventuraA Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño informa que está aberto o prazo de solicitude para o ‘Programa Depo Aventura A Lanzada 2016’, organizado pola Deputación de Pontevedra.

Este campamento está destinado ós nen@s nacidos entre os anos 2003 y 2008 (ambos os dous inclusive), con domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra (feito que se acreditará mediante volante de empadronamento).

Tódala información esta a disposición dos interesados na OMIX- no Centro Cultural Municipal do Porriño- en horario de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres, ou na páxina web www.depo.es.

Os interesados nos mesmos poden consultar as bases e baixarse os formularios de inscripciónentrando, tamén, en www.depo.es, onde está pendurado, asi mesmo o programa de actividades.

As rapazas e rapaces disfrutarán dos campamentos de ‘Depo Aventura A Lanzada’en 11 quendas que terán lugar do 26 de xuño ao 10 de setembro de 2016, distribuídas nas seguintes datas: Primeira quenda: do 26 de xuño ao 2 de xullo; Segunda quenda: do 3 ao 9 de xullo; Terceira quenda: do 10 ao 16 de xullo; Cuarta quenda: do 17 ao 23 de xullo; Quinta quenda: do 24 ao 30 de xullo; Sexta quenda: do 31 de xullo ao 6 de agosto; Sétima quenda: do 7 ao 13 de agosto; Oitava quenda: do 14 ao 20 de agosto;  Novena quenda: do 21 ao 27 de agosto; Décima quenda: do 28 de agosto ao 3 de setembro; Undécima quenda: do 4 ao 10 de setembro, esta última queda condicionada á data de comezo das clases do próximo curso escolar.

 


unnamedBerri Txarrak, Xoel López, La M.O.D.A., Ken Zazpi o Belako, algunos de los artistas de la quinta edición del ‘Tres Sesenta Festival’, el encuentro de música y gastronomía que se celebrará en la Ciudadela de Pamplona los días 10 y 11 de junio.

El Festival prolongará este año su horario hasta las 05h.

La música vuelve a Pamplona de la mano de ‘Tres Sesenta Festival’, que celebrará su quinta edición los días 10 y 11 de junio, nuevamente con el recinto de La Ciudadela como escenario. En esta ocasión, la cita tendrá como protagonistas a destacadas bandas del panorama nacional como Berri Txarrak, Maga, La M.O.D.A., Xoel López, Belako, Ciclonautas, Grises y los locales Monte del Oso y Baobabs Will Destroy Your Planet.

El Festival, organizado con la colaboración del Ayuntamiento de Pamplona, prolongará este año su horario hasta las 05h.

GASTRONOMÍA- TRES SESENTA GOURMET

El turismo gastronómico se ha convertido en una actividad emergente en los últimos años y ha posicionado a Navarra como líder indiscutible en este segmento. Probar las delicias culinarias que nos puede ofrecer Pamplona es sin duda un aliciente estupendo para allegarnos a la ciudad.

La organización de Tres Sesenta, en consonancia con su propósito de convertir el festival en una experiencia de ocio y turismo global, da protagonismo un año más a la gastronomía local con un espacio propio en el recinto de La Ciudadela: Tres Sesenta Gourmet. Una propuesta novedosa para potenciar el turismo y la gastronomía navarra en un entorno único y de la mano de grandes cocineros.

 

ABONOS: 25€ por tiempo limitado

La oferta especial de lanzamiento incluye el abono para los dos días por 25 euros más gastos de distribución. El mismo abono costará 30 euros más gastos si se compra de forma anticipada, y 35 euros más gastos en taquilla.

La entrada diariapara los conciertos de viernes o sábado costará 20 euros más gastos en anticipada y 25€  más gastos en taquilla.

Puntos de venta:

www.tressesentafestival.es
www.ticketmaster.es
www.ticketea.com
www.vayaentradas.com
www.marcaentradas.com

VIERNES 10 JUNIO

Berri Txarrak
Belako
La M.O.D.A.
Ciclonautas
Monte del Oso
Dj Göo!

SÁBADO 11 JUNIO

Xoel López
Ken Zazpi
Maga
Grises
Baobabs will destroy your planet
Edu Anmu Dj

Kit de prensa

Así fue Tres Sesenta 2015

tressesentafestival.es

Facebook

Twitter

Instagram

A DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN PARTICIPA NUN FORO SOBRE A INMIGRACIÓN, A EMIGRACIÓN E A EXCLUSIÓN SOCIAL NAS COMUNIDADES RURAIS EUROPEAS

  • A xornada, que se celebrará mañá xoves en Vimianzo (A Coruña), enmárcase no proxecto internacional “ERN4mob- European Rural Europe for Job Mobility”
  • Os relatorios que se levarán a cabo reflexionarán sobre a realidade actual e sobre o impacto da crise económica nas contornas rurais

Santiago, 16 de marzo de 2016.- A Dirección Xeral de Inclusión participará mañá xoves na xornada de portas abertas “Afrontar a inmigración, a emigración e a exclusión social asociada nas comunidades rurais europeas”, que se celebrará na localidade de Vimianzo. O encontro terá lugar no marco do proxecto internacional “ERN4mob- European Rural Europe for Job Mobility”, financiado polo programa Europa cos cidadáns- Redes de Cidades 2015 e que se desenvolverá entre o 16 e o 18 de marzo.

Este foro pretende reflexionar sobre a realidade actual en diferentes comunidades rurais europeas e sobre o impacto da crise económica, que produce distintos niveis de desenvolvemento e de oportunidades, xerando os desprazamentos humanos. Deste xeito, esta xornada, contará con relatorios sobre os Centros Europe Direct, sobre o sistema público de emprego en Galicia ou sobre a Rede Eures para traballar en Europa. Ademais, relataranse experiencias institucionais a través do proxecto Redexiana para a promoción da empregabilidade e do proxecto Symbios para o desenvolvemento territorial inclusivo. A xornada continuará cunha viaxe virtual a cada un dos territorios que forman parte do proxecto European Rural Europe for Job Mobility.

A xornada está dirixida ao público en xeral, e especialmente a cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea, sexa por motivos laborais, por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados.

 

 

 

 

 

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE PRESENTA O PROGRAMA INICIATIVA XOVE DE EDUCACIÓN NON FORMAL QUE ESTIMULA O TALENTO DOS MOZOS E MOZAS GALEGOS A TRAVÉS DO FINANCIAMENTO DE PROXECTOS

  • O programa, presentado hoxe na Coruña, cede o protagonismo á mocidade a través da promoción da creatividade
  • A Xunta de Galicia inviste na iniciativa preto de 550.000 euros en 2016 e como novidade, o orzamento máximo por proxecto é de 5.000 euros. O prazo para a presentación dos mesmos remata o 4 de abril
  • A directora xeral tamén se reuniu nesta xornada con mozos e mozas da comarca de Lalín participantes en programas para a mocidade, así como con concelleiros de xuventude desta área xeográfica

 

A Coruña, 16 de marzo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, e o delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Diego Calvo, presentaron esta mañá na delegación territorial da administración autonómica da cidade herculina o programa Iniciativa Xove de participación xuvenil. Trátase dunha iniciativa de educación non formal pioneira a nivel de todo o Estado “no que a administración non lle indica aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para despois apoialas co propósito de estimular o liderado, a creatividade e o talento xuvenil”, explicou Cecilia Vázquez. Iniciativa Xove permitirá o desenvolvemento de 140 proxectos nos que participarán máis de 700 rapaces e rapazas.

A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará os participantes do congreso Lo que de Verdad Importa. 16/03/2016 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará os participantes do congreso Lo que de Verdad Importa.
16/03/2016
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

 

Esta iniciativa contará en 2016 cun investimento de 547.364,95 euros, un orzamento dirixido tanto a asociacións xuvenís como a grupos informais de mozos e mozas. O programa está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades nas que os actores principais son eles mesmos. Así, grazas á axuda económica da Xunta de Galicia, “este programa permite financiar o cen por cen dos proxectos presentados. O orzamento máximo por proxecto é de 5.000 euros e esta é unha das novidades da Orde deste ano, xa que ata o de agora, o límite financeiro estaba en 4.000 euros”, afirmou a directora xeral. O prazo de presentación de proxectos remata  o luns 4 de abril.

 

Todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, recibirán un anticipo do 80% sobre o total da cantidade concedida. Unha medida que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas.

 

Unha vez finalizados os proxectos, os participantes poden obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de xuventude, como instrumento que permite confirmar a participación nos programas de educación non formal.

 

 

 

Reunións na comarca de Lalín

A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cos mozos e mozas da comarca de Lalín que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro. Xuntanzas como a desta xornada, teñen como obxectivo escoitar as conclusións dos participantes nos diferentes programas, coa fin de coñecer as súas ideas, queixas ou dúbidas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral de Xuventude programa para os mozos e mozas de Galicia.

 

Ademais Cecilia Vázquez tamén mantivo unha xuntanza con concelleiros da xuventude da comarca de Lalín, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica, ademais de poder presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

 

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez está a manter un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia e cos responsables de xuventude dos concellos. As vindeiras xuntanzas terán lugar en Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, Betanzos e Carballo.

 

Aposta da Xunta de Galicia pola educación non formal

As políticas máis modernas e innovadoras en materia de Xuventude en toda Europa teñen como nexo de unión a educación non formal como medio para mellorar as competencias curriculares dos mozos e mozas. Así, Iniciativa Xove representa o compromiso da Xunta de Galicia coa educación non formal, como ferramenta para estimular o protagonismo da xuventude e o talento dos líderes do futuro, tal e como recolle a primeira Lei de Xuventude de Galicia.

 

Ademais, nesta lexislatura, culmínase o proceso iniciado en 2010, que permitiu a renovación total dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Con este cambio do marco de traballo, Iniciativa Xove permitiu a organización dun total de 1.007 proxectos xuvenís que foron realizados de xeito directo por máis de 5.000 mozos e mozas. “Isto significa un investimento en educación non formal de 3.700.000 euros entre o ano 2010 e o ano 2015”, afirmou Cecilia Vázquez.

 

 

A XUNTA DE GALICIA APOIA A PROMOCIÓN DA SOLIDARIEDADE E A SUPERACIÓN A TRAVÉS DO CONGRESO “LO QUE DE VERDAD IMPORTA”

  • A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará os participantes do congreso Lo que de Verdad Importa. 16/03/2016 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    A Coruña
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará os participantes do congreso Lo que de Verdad Importa.
    16/03/2016
    Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    A administración autonómica colabora economicamente coa iniciativa como parte do compromiso que mantén co desenvolvemento de programas dedicados á xuventude

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, foi a encargada de inaugurar as xornadas onde asegurou que “a participación xuvenil en iniciativas como esta leva aparellado o desenvolvemento de valores positivos como a comunicación, a responsabilidade e a autoconfianza”

 

A Coruña, 16 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá aos participantes no congreso “Lo que de verdad importa”, un evento celebrado nesta xornada na cidade da Coruña, que promove e difunde valores como a superación, o esforzo, o optimismo, a solidariedade ou a xenerosidade.

 

A Fundación “Lo que de verdad importa” celebrará este congreso en diferentes cidades españolas, co obxectivo de ser unha ferramenta motivacional que complemente a formación académica dos mozos e mozas, espertando as súas conciencias a través do relato de  experiencias persoais impactantes e inspiradoras. A Xunta de Galicia comparte con esta fundación a importancia de difundir entre a mocidade os valores humanos a través de actividades sociais, culturais ou divulgativas, por elo, a administración autonómica colabora economicamente con “Lo que de verdad importa” na celebración deste congreso. Ata o momento, a fundación celebrou un total de 85 congresos ao que acudiron máis de 150.000 mozos e mozas.

 

Horas antes da visita, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou o congreso, destacando na súa intervención que “a participación xuvenil en iniciativas coma esta, leva aparellado o desenvolvemento de valores positivos, como son a comunicación, a responsabilidade e a autoconfianza”. Así mesmo, Cecilia Vázquez engadiu que dende o seu departamento búscase “traballar de forma eficiente e coordinada para crear novas oportunidades, o que supón un obxectivo irrenunciable para garantir non só o presente, senón tamén o futuro”.

 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, amosa o seu compromiso coa Xuventude a través da participación neste tipo de iniciativas que buscan o desenvolvemento persoal e laboral da mocidade. Para a administración autonómica, os mozos e mozas galegos son o principal activo da sociedade xa que representan o futuro da economía e da cultura galega. Por elo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, reforzou os seus orzamentos para poder impulsar diferentes actividades e iniciativas en beneficio dos rapaces e rapazas galegos.

 

Nesta lexislatura culmínase o proceso iniciado en 2010, que permitiu a renovación total dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Tras o cambio do marco de traballo, antigamente baseado na xestión do ocio e do tempo libre, na actualidade se desenvolven actuacións onde a adquisición de novas competencias xuvenís se realiza a través de programas de educación non formal.

 

Nos últimos anos a administración autonómica puxo en marcha proxectos pioneiros a nivel de todo o estado, que facilitan aos mozos e mozas a adquisición de coñecementos, habilidades e aptitudes que aumentan as súas posibilidades de empregabilidade, como ademais de Iniciativa Xove, os programas Erasmus +, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa, Campaña de Verán e Deseñando o teu Futuro.