Reunión alcaldesa coa directiva da Asociación Veciñal de San Benito e San Sebastián

Reunión San Benito y San SebastiánCumprindo co seu compromiso coas asociacións veciñais e culturais do concello, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, seguiu este xoves cos seus contactos cos representantes das mesmas para ter toda a información sobre os seus proxectos e actividades para este ano.

Nesta ocasión os membros da xunta directiva da Asociación Veciñal San Benito e San Sebastián expuxeron o amplo programa que queren levar adiante este 2016 e que abrangue unha gran variedade de actos.

Os mesmos chegarán ao eido da saúde e o coidado persoal coa xa tradicional ‘Andaina saudábel’, un curso de pilates ou a presenza da asociación, cun stand propio, na Festa Ecolóxica da Vila.

A gastronomía será outra das súas propostas na que cabe salientar a xa famosa Festa Gastronómica do ‘Chouripán’, que xa tivo unha importante resposta o ano pasado e, coincidindo coa festividade de Defuntos, a Festa do ‘Calacú’, na que o cabazo será o protagonista.

O Ciclo de charlas e debates ‘Ateneo dos Barrios’, abrirá a programación cultural, á que se sumarán a ‘Semana Cultural dos Barrios’ e o I Certame de Relato Curto ‘Manuel Otero Saavedra’, en lembranza do admirado escritor porriñés, e que está aberto a traballos escritos en galego con temática libre.

A alcaldesa reiterou o compromiso do Goberno local coas asociacións do Porriño e o interese por dar apoio ás moitas das propostas, ideas, actuacións e actividades que as mesmas desenrolan, “o cal amosa a inquedanza e vitalidade do tecido asociativo do concello”.  

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: