A alcaldesa recibe aos traballadores de Frigolouro
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Industria e Comercio, Marcelino Coto, recibiron este venres a representantes do Comité de Empresa de Frigolouro, que está en folga indefinida dende o pasado xoves, e que acudiron ao encontro acompañados polo secretario comarcal da CIG, Alberte Gonçalvez.
Na xuntanza, os traballadores informaron a alcaldesa e ao concelleiro cales son na actualidade as súas condicións laboráis, sinalando que a mayoría deles son autónomos que prestan os seus servizos á empresa Servicarne nunhas condicións laboráis que cualificaron de “insoportabeis”.
Eva García de la Torre amosou a súa disposición para poñerse en contacto cos directivos de Frigolouro e transmitirlles a “inquedanza” do Concello polo feito de que a metade da plantilla sexa persoal autónomo que, segundo lle transmitirán os seus delegados, teñen que desenrolar a súa laboura nunha situación de “dificultade extrema”.
A alcaldesa diriuxiuse, logo, aos manifestantes que se concentraran diante do Concello para amosarlles o seu apoio e trasladarlles que “non se pode sortear a legalidade infrinxindo dereitos fundamentais”, facendo referencia ao feito de que a maioría dos empregados, como lle expresaran o Comité de Empresa, non teñen garantidas as vacacións, días de lecer e están sometidos a uns horarios que poden chegar as 12 e 14 horas calquera día da semana, mesmo sábados e domingos.
III Torneo Solidario Concello do Porriño de Baloncesto en cadeira de rodas
A Concellería de Deportes e o Clube Amfiv organizan o vindeiro luns, día 21, no Pavillón Municipal, o ‘III Torneo Solidario Concello do Porriño BSR Amfiv-Abanca’, unha cita que xa é un clásico da Semana Santa.
Segundo informa o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, “é unha competición na que participan, de forma indistinta persoas con e sen discapacidade xogando xuntas ao baloncesto en cadeira de rodas”.
A inscrición é de balde solicitándose a cada un dos participantes que acheguen 1 quilo de comida, dado que é un torneo solidario que se disputa en tres categorías: mini (10 a 14 anos), cadete/júnior (14 a 18 anos) e sénior (categoría aberta). A competición empezará as 9 e media da maña e durará ata as 2 da tarde. Estará reservada aos máis novos, mentres que pola tarde, de 4 a 8, chegará a quenda dos sénior.
Nesta competición haberá premios e trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e sorpresas e sorteos para os demais participantes grazas á colaboración, entre outros, de Dejavu, Manelsanchez.com, Azzya centro de benestar ou Tapería Largo da Costa. Os interesados en participar poden atopar máis información e a folla de anotación en http://www.cdamfiv.com.
Logo do acordo entre o Concello e a Federación Galega de Deporte Adaptado para que O Porriño sexa a sede permanente da Liga Galega de Baloncesto, o Concello, sinala Manuel Carrera, da un “importante paso para facer realidade o desexo dos porriñeses de contribuír á integración por medio da actividade física e a contenda deportiva, que fornecen o compañeirismo e a amizade”.
Os autónomos/as dependentes de Frigolouro mobilízanse polas rúas do Porriño na segunda xornada de folga
O segundo día do paro indefinido convocado polos falsos autónomos/as que traballan para Frigoluro a través da empresa catalá Servicarne para denunciar a elevada precariedade que padecen e reclamar melloras nas condicións de traballo comezou ben cedo cunha concentración ás portas da compañía no Porriño. A continuación, o persoal marchou polo centro da localidade até o Concello, onde se concentrou por espazo dunha hora e mantivo unha xuntanza coa alcaldesa.
A rexedora comprometeuse diante da representación do persoal e da CIG (encabezada polo secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves) a mediar no conflito laboral e amosoulles o seu apoio ás reivindicacións dos traballadores/as. “Explicámoslle as condicións de precariedade que padece o persoal de Servicarne e amosouse moi soprendida polas condicións de traballo que soportan”, indican dende FGAMT-CIG. A primeira edil porriñesa tamén lles trasladou que se porá en contacto co xerente de Servicarne para intentar que reciba a unha representación dos afectados/as.
Amplo seguimento do paro
O paro indefinido está a ter un amplo seguimento por parte dos autónomos/as dependentes a pesar dos intentos de Servicarne de boicotear a protesta. A empresa contratou hoxe mesmo 20 novos/as traballadores/as, algo que pode facer ao tratarse dunha cooperativa, aínda que non evitou que a produción de Frigolouro se vise afectada de novo.
Por outra banda, o comité de empresa de Frigolouro (CCOO, UGT e Sindicato Independentes de Traballadores/as) decidiu amosar o seu “apoio moral” á loita dos traballadores/as de Servicarne e anunciou que solicitará unha xuntanza co xerente para reclamarlle que reciba a unha delegación dos representantes sindicais do persoal (CIG).
Finalmente, o persoal de Servicarne decidiu suspender a folga até o vindeiro luns, xornada que comezará cunha nova concentración diante das instalacións de Frigolouro ás 5.30 horas.
‘A hora do planeta’ en Afundación
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) adheriuse ao movemento global de apagado de luces previsto para mañá, sábado 19 de marzo, desde as 20.30 h ata as 21.30 h, promovido a instancias de World Wide Fund for Nature (wwf), unha das organizacións ecoloxistas non gobernamentais máis respectadas.
El Gobierno dedica 63 millones de euros para acelerar la extensión de la banda ancha ultrarrápida a zonas rurales y sin cobertura prevista
La convocatoria combina ayudas en forma de subvención y anticipo FEDER.
Se acelerará la extensión de banda ancha de alta y muy alta velocidad a zonas sin cobertura actual ni prevista en los próximos 3 años (las llamadas “zonas blancas”).
18.03.16. El Consejo de Ministros ha autorizado hoy al Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información, a convocar ayudas dentro del programa de extensión de la banda ancha de nueva generación para el año 2016 por un importe máximo de 63 millones de euros. Con ello se pretende acelerar la extensión de la cobertura de las redes públicas de comunicaciones electrónicas capaces de proporcionar servicios de banda ancha de alta y muy alta velocidad a zonas sin cobertura actual ni prevista en los próximos 3 años (las llamadas “zonas blancas”).
Esta actuación se enmarca dentro de la Estrategia de desarrollo de las redes ultrarrápidas incluida en la Agenda Digital Española desarrollada posteriormente en el Plan de Telecomunicaciones y redes ultrarrápidas del MINETUR, y en el Programa operativo de Crecimiento inteligente FEDER 2014-2020 aprobado en 2015.
Las bases reguladoras se establecen en la Orden IET/1144/2013, de 18 de julio, modificada por la Orden IET/241/2014, de 13 de febrero y por la Orden IET/275/2015, de 17 de febrero.
La relación de las zonas de actuación susceptibles de recibir este tipo de ayudas (“zonas blancas”) se publica cada año en el portal del MINETUR, tras la recopilación de la cobertura ofrecida por todos los operadores y la prevista en los tres años posteriores, y una vez sometida esta información a consulta con todas las partes interesadas (operadores, administraciones públicas y otros agentes).
Características de las ayudas
Podrán ser beneficiarias las personas físicas o jurídicas pertenecientes al sector privado que ostenten la condición de operador debidamente habilitado.
Las ayudas, en régimen de concurrencia competitiva, combinan las formas de subvención y “anticipos FEDER”, para las que se prevé una cuantía máxima de 8 millones de euros y 55 millones de euros, respectivamente. Es decir, ambas son ayudas a fondo perdido que, además, se abonan anticipadamente. Los proyectos podrán tener una ejecución plurianual.
El ámbito material de esta convocatoria se circunscribe a las tres líneas de actuación siguientes:
-Línea A: Extensión de la cobertura de las redes de acceso de nueva generación (NGA) de muy alta velocidad (100Mbps o superior).
-Línea B: Extensión de la cobertura de puntos de acceso al núcleo de la red troncal (backhaul) adecuados para la conexión de redes de acceso de nueva generación de alta velocidad y de muy alta velocidad.
-Línea C: Extensión de la cobertura de las redes de acceso de nueva generación de alta velocidad (30 Mbps o superior).
Las tres convocatorias anteriores (2013, 2014 y 2015) han supuesto ayudas a 193 proyectos de 61 operadores, con una inversión inducida de 253,5 millones de euros que han proporcionado cobertura de banda ancha ultrarrápida a casi 2 millones de hogares y empresas en 1.154 municipios y 51 áreas empresariales.
El Ministerio de Industria, Energía y Turismo destina 45 millones de euros para la financiación de proyectos innovadores turísticos
- El objetivo del programa Emprendetur es facilitar el desarrollo de modelos de negocios innovadores que mejoren la competitividad y la rentabilidad del sector turístico español.
- Emprendetur pretende estimular la capacidad innovadora en el seno de la industria turística española y aprovechar las oportunidades de negocio aún por explorar en nuestro país.
18.03.16. El Consejo de Ministros ha autorizado hoy al Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través de la Secretaría de Estado de Turismo, a convocar en 2016 la sexta edición de la línea de financiación Emprendetur, dotada con 45 millones de euros destinados a financiar proyectos de empresas que introduzcan la innovación en el sector turístico.
Con esta medida, se pretende facilitar el desarrollo de modelos de negocio innovadores que mejoren la competitividad y la rentabilidad del sector turístico español.
Emprendetur se enmarca en una serie de actuaciones del Ministerio de Industria, Energía y Turismo destinadas a estimular la capacidad innovadora en el seno de la industria turística española y aprovechar las oportunidades de negocio que presentan para emprendedores con iniciativa la riqueza de recursos turísticos aún por explorar en nuestro país.
Característica de Emprendetur I+D+i
Esta convocatoria de ayudas dedicará 10 millones de euros al programa Emprendetur I+D, enfocado a apoyar y fortalecer la investigación y desarrollo aplicados a productos del sector turístico, y 35 millones de euros destinos a aquellos vinculados con el desarrollo de productos innovadores en tecnología y turismo.
El objetivo de esta línea de financiación es apoyar la innovación aplicada a productos y servicios del sector turístico y podrán ser beneficiarias las personas físicas o jurídicas legalmente constituidas como empresas. Entre los tipos de proyectos que se pueden presentar se incluirían investigación en nuevos materiales, eficiencia energética o innovación en soluciones tecnológicas aplicadas al turismo, por citar algún ejemplo.
Los préstamos financiarán la realización de proyectos o actuaciones en un plazo máximo de ejecución de dos años.
Los préstamos con cargo a I+D+i tienen 5 años de plazo de amortización, un periodo máximo de carencia de dos años, un tipo de interés fijo del 0,698%, una financiación máxima de hasta el 75% del coste financiable del proyecto, con el límite de 1 millón de euros, y sin superar el patrimonio neto acreditado por la empresa. Se exige la constitución de garantías por un 36% del importe del préstamo.
ABANCA súmase á ‘Hora do Planeta 2016’ apagando a iluminación das súas principais oficinas
- As oficinas situadas nas principais poboacións de Galicia apagarán os seus rótulos luminosos mañá sábado de 20.30 a 21.30 horas
- A iniciativa pon de manifesto o compromiso de ABANCA coa protección do medio ambiente, un dos piares da súa política de RSC

As oficinas e edificios máis representativas de ABANCA nas principais poboacións de Galicia apagarán mañá, de 20.30 a 21.30 horas, as luces das súas fachadas para sumarse á campaña ‘Hora do Planeta 2016’, unha iniciativa promovida por WWF España co obxectivo de mostrar a súa preocupación polos efectos que está a provocar o cambio climático.
Con esta acción ABANCA pon de manifesto o seu compromiso coa protección do medio ambiente, un dos alicerces da súa estratexia de responsabilidade social corporativa.
Ademais de apagar a iluminación dos seus locais, ABANCA comprométese a informar a todos os seus empregados e clientes sobre a campaña para que poidan contribuír desde o seu posto de traballo e nas súas casas á protección do medio ambiente.
No último ano, ABANCA puxo en marcha distintas iniciativas para conseguir aforros enerxéticos e reducir os consumos nocivos para o medio ambiente. Coa implementación do novo modelo de oficina desenvolveuse un sistema de xestión remota automatizada que permite á entidade financeira interactuar sobre diversas instalacións, como a climatización, a iluminación, os horarios de funcionamento dos equipos electrónicos, etc., optimizando o consumo eléctrico. Ademais, ABANCA comezou a poñer en funcionamento deste sistema no resto de oficinas e iniciou unha migración cara a tecnoloxía de iluminación LED, que permite unha enorme redución de consumo eléctrico.
Palabras malditas, con Miguel Ínsua, Sara Casasnovas e Luma Gómez, chega ao Teatro Afundación de Vigo
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa oferta de teatro en Vigo para a que presenta, nesta ocasión, a obra Palabras malditas de Eduardo Alonso e a cargo da compañía Teatro do Noroeste. A representación, protagonizada por Miguel Ínsua, Sara Casasnovas e Luma Gómez, terá lugar o vindeiro venres, 1 de abril, ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo. Esta obra forma parte da Tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e novas. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.
A XUNTA INCREMENTA O NÚMERO DE PRAZAS CON ASPANAEX PARA SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL
- A administración autonómica ampliará en dúas máis o número de prazas concertadas co centro de día de ASPANAEX, chegando así este ano a un total de 91 prazas con financiamento público que se ofertan en colaboración con esta asociación sen ánimo de lucro
- Rey Varela destacou que o Goberno galego e as entidades sociais como ASPANAEX comparten valores e un obxectivo común, que é “contribuír para que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias teñan atendidas as súas necesidades e poidan levar a cabo unha vida sen barreiras nunha sociedade que debe ser cada vez máis integradora”
Vigo, 18 de marzo de 2016.- A Xunta de Galicia aumentará o número de prazas concertadas no centro de día da Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra (ASPANAEX), atendendo así a unha demanda desta entidade. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, fixo hoxe este anuncio durante a visita que realizou ás instalacións desta asociación, que se enmarca na rolda de encontros con entidades que o conselleiro está a realizar por toda a Comunidade; e nesta ocasión estivo acompañado da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez.
Rey Varela explicou que nestes momentos os servizos técnicos da Consellería preparan a modificación do contrato con ASPANAEX para ampliar en dúas máis o número de prazas concertadas no centro de día desta asociación. Deste xeito, neste 2016 a administración autonómica terá un total de 91 prazas concertadas con esta entidade, que conta cun centro de día, centro de educación especial, outro ocupacional e unha vivenda comunitaria. E, ao fío disto, tamén se producirá este ano un incremento de máis de dous puntos no contrato que a Xunta de Galicia mantén con ASPANAEX para o financiamento de prazas, ata chegar a un total de 793.135 euros.
Durante a visita, o titular da carteira autonómica de Política Social tivo a ocasión de coñecer de primeira man e sobre o terreo o “importante labor que están facendo en toda Galicia entidades como ASPANAEX para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e a das súas familias”. Nesta liña, engadiu que dende o Goberno galego “compartimos con todas elas valores e un obxectivo común, que é o de contribuír para que as persoas con capacidades diferentes e as súas familias teñan atendidas as súas necesidades e poidan levar a cabo unha vida sen barreiras nunha sociedade que debe ser cada vez máis integradora”.
Pola súa parte, o presidente de ASPANAEX, José Manuel Carballo Cabezas, salientou o “compromiso e proximidade” da Xunta de Galicia coa entidade; ao tempo que cualificou de “boa noticia” o anuncio do conselleiro sobre o aumento do número de prazas concertadas, xa que era unha cuestión que levaban tempo demandando.
Plan de acción para a integración das persoas con discapacidade
O titular da carteira autonómica de Política Social insistiu en que “coordinarse e traballar conxuntamente coas outras administracións e as entidades é o bo camiño para poder avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade”.
Neste sentido, esta nova etapa en políticas sociais signifícase por un traballo máis intenso coas entidades en temas como o desenvolvemento do Plan de Acción da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, aprobada polo Consello da Xunta en novembro do ano pasado. Na actualidade está en proceso o desenvolvemento desta estratexia, que abrangue seis liñas estratéxicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais.
Servizos educativos, formativos e terapéuticos
ASPANAEX é unha entidade sen ánimo de lucro que nace en 1963; forma parte da Confederación Española de Organizacións a favor das persoas con discapacidade intelectual e no ano 2007 recibiu o premio Viguesa Distinguida. Ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e a das súas familias. Nas súas instalacións en Vigo sitúanse tres centros: un centro de día onde presta un servizo diúrno terapéutico para maiores de 20 anos; un centro específico de educación especial con cinco unidades concertadas para usuarios desde os 6 aos 20 anos; outro ocupacional con talleres de decoración, carpintería, manipulados, coiro e papel reciclado; e unha vivenda comunitaria con cinco prazas.
Na actualidade ASPANAEX atende a 107 persoas. Conta cun persoal formado por 42 profesionais, ao que se suma a colaboración de 25 persoas voluntarias que fan posible que se realicen diferentes actividades tanto dentro como fóra dos centros.
A XUNTA REITERA O COMPROMISO CO ENVELLECEMENTO ACTIVO A TRAVÉS DO INCREMENTO DA AXUDA PARA A REALIZACIÓN DE AULAS DA TERCEIRA IDADE
- A administración autonómica aumentou en 2016 a colaboración económica coa entidade nun 23% máis con respecto ao 2015
- A reunión serviu para coñecer os proxectos da entidade no presente exercicio
- Rey Varela manifestou que as persoas maiores e o seu benestar constitúen unha prioridade para o Goberno Autonómico
Santiago, 17 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe a súa rolda de entrevistas con entidades, organizacións e axentes sociais de Galicia e mantivo no seu despacho de San Caetano unha reunión con representantes das Aulas da Terceira Idade de Galicia (ATEGAL). A xuntanza, á que tamén asistiu a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, serviu para coñecer de primeira man os obxectivos que persegue esta organización sen ánimo de lucro e que pasan, entre outros, pola mellora da calidade de vida das persoas maiores a través da actividade física e intelectual.
ATEGAL é unha entidade colaboradora da Xunta de Galicia pioneira na formación de persoas adultas que conta cun centro de formación sociocultural que funciona dende hai 35 anos, con delegacións en nove cidades: Santiago, A Coruña, Padrón, Ferrol, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba e Monterroso. A administración autonómica non só mantén a colaboración económica, senón que o orzamento destinado a esta entidade ascende no 2016 a 78.120 euros, un 23% máis con respecto ao ano 2015. Este incremento económico busca poder seguir formando e manter activos aos preto de 1.500 socios cos que ATEGAL conta na actualidade.
O presidente da entidade, Rafael Romero Valencia, informou ao conselleiro sobre os proxectos de ATEGAL para este exercicio, así como da celebración do XXVII Encontro de ATEGAL o 4 de maio en Lugo, conmemorativo dos XXV anos de aulas na cidade.
Así as cousas, Rey Varela manifestaba logo da reunión que a atención ás persoas maiores é unha das prioridades para a Xunta de Galicia e que durante este ano 2016 a Consellería de Política Social seguirá traballando na mellora da calidade de vida deste colectivo. “Continuaremos reforzando a aposta do Goberno galego polo benestar dos maiores e as súas familias, insistindo en cuestións como o envellecemento activo, o fomento de hábitos de vida saudables, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal”, apuntou o conselleiro.
SAÚDOS