A alcaldesa recibe aos traballadores de Frigolouro

Manifestación FrigolouroA alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Industria e Comercio, Marcelino Coto, recibiron este venres a representantes do Comité de Empresa de Frigolouro, que está en folga indefinida dende o pasado xoves, e que acudiron ao encontro acompañados polo secretario comarcal da CIG, Alberte Gonçalvez.

Na xuntanza, os traballadores informaron a alcaldesa e ao concelleiro cales son na actualidade as súas condicións laboráis, sinalando que a mayoría deles son autónomos que prestan os seus servizos á empresa Servicarne nunhas condicións laboráis que cualificaron de “insoportabeis”.

Eva García de la Torre amosou a súa disposición para poñerse en contacto cos directivos de Frigolouro e transmitirlles a “inquedanza” do Concello polo feito de que a metade da plantilla sexa persoal autónomo que, segundo lle transmitirán os seus delegados, teñen que desenrolar a súa laboura nunha situación de “dificultade extrema”.

A alcaldesa diriuxiuse, logo, aos manifestantes que se concentraran diante do Concello para amosarlles o seu apoio e trasladarlles que “non se pode sortear a legalidade infrinxindo dereitos fundamentais”, facendo referencia ao feito de que a maioría dos empregados, como lle expresaran o Comité de Empresa, non teñen garantidas as vacacións, días de lecer e están sometidos a uns horarios que poden chegar as 12 e 14 horas calquera día da semana, mesmo sábados e domingos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: