A XUNTA REITERA O COMPROMISO CO ENVELLECEMENTO ACTIVO A TRAVÉS DO INCREMENTO DA AXUDA PARA A REALIZACIÓN DE AULAS DA TERCEIRA IDADE

  • A administración autonómica aumentou en 2016 a colaboración económica coa entidade nun 23% máis con respecto ao 2015
  • A reunión serviu para coñecer os proxectos da entidade no presente exercicio
  • Rey Varela manifestou que as persoas maiores e o seu benestar constitúen unha prioridade para o Goberno Autonómico

 

Santiago, 17 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe a súa rolda de entrevistas con entidades, organizacións e axentes sociais de Galicia e mantivo no seu despacho de San Caetano unha reunión con representantes das Aulas da Terceira Idade de Galicia (ATEGAL). A xuntanza, á que tamén asistiu a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, serviu para coñecer de primeira man os obxectivos que persegue esta organización sen ánimo de lucro e que pasan, entre outros, pola mellora da calidade de vida das persoas maiores a través da actividade física e intelectual.

 

ATEGAL é unha entidade colaboradora da Xunta de Galicia pioneira na formación de persoas adultas que conta cun centro de formación sociocultural que funciona dende hai 35 anos, con delegacións en nove cidades: Santiago, A Coruña, Padrón, Ferrol, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba e Monterroso. A administración autonómica non só mantén a colaboración económica, senón que o orzamento destinado a esta entidade ascende no 2016 a 78.120 euros, un 23% máis con respecto ao ano 2015. Este incremento económico busca poder seguir formando e manter activos aos preto de 1.500 socios cos que ATEGAL conta na actualidade.

 

O presidente da entidade, Rafael Romero Valencia, informou ao conselleiro sobre os proxectos de ATEGAL para este exercicio, así como da celebración do XXVII Encontro de ATEGAL o 4 de maio en Lugo, conmemorativo dos XXV anos de aulas na cidade.

 

Así as cousas, Rey Varela manifestaba logo da reunión que a atención ás persoas maiores é unha das prioridades para a Xunta de Galicia e que durante este ano 2016 a Consellería de Política Social seguirá traballando na mellora da calidade de vida deste colectivo. “Continuaremos reforzando a aposta do Goberno galego polo benestar dos maiores e as súas familias, insistindo en cuestións como o envellecemento activo, o fomento de hábitos de vida saudables, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal”, apuntou o conselleiro.

 

 

 

 

SAÚDOS

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: