III Torneo Solidario Concello do Porriño de Baloncesto en cadeira de rodas

Baloncesto en cadeira de rodasA Concellería de Deportes e o Clube Amfiv organizan o vindeiro luns, día 21, no Pavillón Municipal, o ‘III Torneo Solidario Concello do Porriño BSR Amfiv-Abanca’, unha cita que xa é un clásico da Semana Santa.

Segundo informa o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, “é unha competición na que participan, de forma indistinta persoas con e sen discapacidade xogando xuntas ao baloncesto en cadeira de rodas”.

A inscrición é de balde solicitándose a cada un dos participantes que acheguen 1 quilo de comida, dado que é un torneo solidario que se disputa en tres categorías:  mini (10 a 14 anos), cadete/júnior (14 a 18 anos) e sénior (categoría aberta). A competición empezará as 9 e media da maña e durará ata as 2 da tarde. Estará reservada aos máis novos, mentres que pola tarde, de 4 a 8, chegará a quenda dos sénior.

Nesta competición haberá premios e trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e  sorpresas e sorteos para os demais participantes grazas á colaboración, entre outros, de Dejavu, Manelsanchez.com, Azzya centro de benestar ou Tapería Largo da Costa. Os interesados en participar poden atopar máis información e a folla de anotación en http://www.cdamfiv.com.

Logo do acordo entre o Concello e a Federación Galega de Deporte Adaptado para que O Porriño sexa a sede permanente da Liga Galega de Baloncesto, o Concello, sinala Manuel Carrera, da un “importante paso para facer realidade o desexo dos porriñeses de contribuír á integración por medio da actividade física e a contenda deportiva, que fornecen o compañeirismo e a amizade”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: