LÓPEZ-CHAVES LAMENTA QUE CABALLERO “ENGANE” AOS VIGUESES E “UTILICE POLÍTICAMENTE” A MELLORA DOS SERVIZOS DE EMERXENCIAS
- Os 225 terminais de comunicacións Tetra son cedidos gratuitamente e teñen un valor superior aos 205.000 euros, que investiu unicamente a Xunta de Galicia
- O Concello de Vigo non recolleu aínda o vehículo tipo furgón destinado ao servizo municipal e que a semana pasada se entregou ás grandes cidades
- O delegado quixo deixar claro tamén que os servizos de Protección Civil e Emerxencias son de competencia exclusivamente municipal tendo a Xunta unha aposta decidida pola mellora do seu equipamento e da prestación dos servizos
Vigo, 21 de marzo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lamentou hoxe as recentes declaracións de Abel Caballero sobre a mellora dos servizos municipais de emerxencias posto que, coma considerou, “está a enganar” aos vigueses ademais de “utilizar politicamente” un recurso tan importante e necesario coma é o servizo municipal de Protección Civil e Emerxencias.
López-Chaves quixo aclarar que os 225 terminais de comunicacións Tetra que hai unhas semanas se ían a entregar ao Concello nun acto na Delegación tiveron un custe superior aos 205.000 euros que pagou integramente a Xunta para ceder despois gratuitamente ao goberno local que, coma foi o caso doutros concellos de toda a xeografía galega, se adheriu voluntariamente á rede Resgal (Rede de Emerxencias de Galicia).
“Os terminais os comprou a Xunta e llos cede gratis ao Concello, que paga o uso da rede e o mantemento dos terminais como así se acordou no seu día”, explicou o delegado, quen matizou que “unha cousa é a compra física dos terminais, que se está a aforrar o Concello de Vigo, e outra moi distinta é o custe anual polo dereito de uso da Rede”, dixo López-Chaves poñendo coma exemplo o que ocorre coa telefonía móbil comercial. “Unha cousa é a compra do terminal físico e outra o custe de usar a rede de telefonía”, exemplificou.
Con todo, o delegado insistiu tamén en que os servizos de Protección Civil e Emerxencias son de competencia exclusivamente municipal tendo a Xunta de Galicia unha “aposta decidida pola mellora do seu equipamento e da prestación dos seus servizos” coma se está a por de manifesto coa entrega de dispositivos, material e mesmo vehículos cos que se pretende garantir que os servizos municipais teñan todos os medios necesarios para o mellor cumprimento das súas funcións.
Neste senso, cualificou de “curioso” que Caballero cinga esta situación “a cuestións de fotos” lamentando así o “uso político” que lle está a dar á entrega de dotacións e equipamentos para os servizos de emerxencias que redundan na seguridade dos cidadáns. De feito, lembrou que o Concello de Vigo segue sen recoller o vehículo tipo furgón que tamén cedeu o Goberno galego ás grandes cidades a semana pasada. “Conscientes da importancia deste servizo para os cidadáns e, pese a que non lle compete exclusivamente, a Xunta decide contribuír na mellora do seu servizo de emerxencias”, finalizou López-Chaves.
Concello do Porriño e COGAMI asinarán un convenio para facer o concello accesibel para todos
Adaptar as novas obras que se realicen no Porriño ás necesidades de accesibilidade. Ese é o compromiso adquirido polo Concello coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
A alcaldesa, Eva García de la Torre, o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, e o concelleiro de Tráfico, Parques e Xardíns, Orlando Márquez, mantiveron unha xuntanza co presidente de COGAMI Galicia, Anxo Queiruga, o da provincia de Pontevedra, Ángel Holguera, e Luisa Miranda, técnica da Área de Accesibilidade da Confederación, xuntanza na que tamén estivo presente Israel Mercader, un dos principais valedores da integración no Porriño.
A reunión foi o anticipo da sinatura dun convenio entre COGAMI e o Concello do Porriño no que o mesmo comprométese a contar co consello técnico de especialistas en accesibilidade desta asociación para que as obras que acometa o goberno local sexan respetosas coa normativa de supresión de barreiras urbanas, tal e como salientou o concelleiro de Vías e Obras.
Pola súa banda, a alcaldesa incidiu no feito de que o obxectivo final é facer «un concello para todos e en beneficio de todos» e lembrou que elo redunda no «beneficio xeral» dos veciños porque, dixo, «calquera de nós podemos ter a necesidade, en calquera momento da vida,de que as beirarrúas, as calzadas e as entradas aos edificios oficiais estean libres de barreiras».
Eva García de la Torre tamén adiantou que o goberno local solicitará a integración do Porriño entre as Cidades Accesíbeis, que ten como finalidade fundamental «facer as cidades máis humanas buscando para elo unha idea de urbanismo no que haxa unha mellor interrelación entre as persoas».
REY VARELA VISITA AS NOVAS INSTALACIÓNS DE DOWN CORUÑA QUE AXUDARÁN A ACADAR “A PLENA INTEGRACIÓN FAMILIAR, SOCIAL, EDUCATIVA E LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL”
- Enxalza “o traballo de Down Coruña en prol das persoas con síndrome de Down”
- Informa de que a Consellería apoia “a gran misión social de Down Coruña” a través dos convenios en materia de inclusión e o asinado con Down Galicia”
A Coruña, 21 de marzo de 2016.- Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá de hoxe as novas instalacións de Down Coruña, sitas no Lugar de Pedralonga. Segundo o responsable da área social, esta infraestrutura posibilitará que a entidade “incremente as súas tarefas en calidade e cantidade para chegar a máis familias”. Cómpre sinalar que esta nova infraestrutura será compartida polas entidades de Down Coruña e da Asociación de Veciños de Pedralonga, un proxecto que pretende a plena integración na sociedade das persoas con síndrome de Down a través da convivencia e do traballo conxunto con estoutra asociación.
O conselleiro salientou que grazas ao “apoio doutras institucións públicas e privadas”, a Xunta de Galicia traballa co “obxectivo fundamental de acadar a plena integración familiar, social, educativa e laboral de todas aquelas persoas con discapacidade intelectual, e dentro destas, aquelas con síndrome de Down”.
José Manuel Rey Varela, que estivo acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, e máis polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo Pouso, enxalzou “o traballo de Down Coruña en prol das persoas con síndrome de Down”. Dentro das actividades que realiza a entidade, o conselleiro destacou as dedicadas á “orientación, a atención, a información e asesoramento, a sensibilización social, a colaboración con garderías, o apoio escolar, a organización de conferencias, mesas redondas, seminarios, cursos, actividades deportivas e de ocio”.
O titular de Política Social informou de que a Consellería apoia “a gran misión social de Down Coruña” a través dos 19.360 euros outorgados en 2015 en materia de inclusión e co convenio que asinamos anualmente coa entidade que agrupa as Asociacións específicas para a Síndrome de Down de Galicia (Down Galicia) que alcanza os 446.838 euros en 2016 e supón un aumento do 10% respecto a 2015”.
Na liña de apoio da Xunta de Galicia ás persoas con síndrome de Down, o conselleiro lembrou que a Consellería de Política Social vén de asinar varios contratos de xestión de servizos de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia destinados a persoas con discapacidade intelectual nos Concellos de A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. Estes cinco contratos estrutúranse en torno aos servizos de formación prelaboral, adestramento de habilidades persoais e sociais e logopedia cun importe anual de 233.402 euros. O número de horas contratadas ascende ata as 8.185 en toda Galicia, das que 1.020 horas corresponden á Coruña.
Asociacion de mulleres en igualdade de Vigo
Desde nuestra asociación queremos mostrar nuestro apoyo y reconocimiento a Red Madre, que trabajan en nuestra ciudad desde el año 2.008 y se atendió a más de 1.000 mujeres y a sus hijos y a otros miembros de la unidad familiar. Además de que más del 45% de las personas que atienden son derivadas de todo tipo de colectivos y de las Unidades de Trabajo Social del Concello de Vigo.
Son muy pocas entidades las que apoyan a los colectivos más vulnerables de mujeres, y ésta es una de ellas. La pobreza, la violencia de género, la lucha contra la trata y la explotación sexual, las inmigrantes que vienen buscando una opción de vida para ellas y sus familias, las mujeres que viven en la calle…Todas y cada una de estas duras circunstancias las sufren personas, mujeres que algunas de ellas pueden estar embarazadas. Y que quieren continuar adelante con su embarazo y ser madres. Y esta asociación les da el apoyo necesario para que ese reto sea posible.
Red madre es una asociación para las mujeres embarazadas sin recursos. Debe haber libertad para que una persona decida ser madre. La presidenta de la asociación Marián García Míguez afirma que: “No es más mujer la que decide abortar, ni tiene más derechos que la que decide continuar con su embarazo. Red madre les ofrece la ayuda necesaria desde el primer momento: información, asesoramiento, formación, empleo, ayudas, recursos para los menores durante los tres primeros años de vida y atención psicológica. Y realizan esta encomiable labor desde hace casi una década en nuestra ciudad.”
A pesar de lo que determinados colectivos “feministas” intentan inculcarnos, no todas pensamos igual que ellas, ni apoyamos sus retrógradas y obsoletas ideas en nombre de la mujer y contra el patriarcado. Organizaciones radicales que fomentan odios, enfrentamientos y posturas extremas, en una sociedad y un momento en el que debemos ir unidos hombres y mujeres por un bien común, y trabajar por la igualdad real de oportunidades en todos los ámbitos social, educativo, político, empresarial, familiar, económico, cultural, deportivo y laboral.
Nos parece escandaloso que determinados partidos políticos no apoyen el trabajo voluntario y altruista de una ONG asistencial. Todas y cada una realizamos una labor imprescindible debido a una necesidad social que surge y para la que los organismos públicos en numerosas ocasiones no están preparados. Servimos de enlace entre la sociedad civil y la política para dar respuestas a esas carencias que se inician en la sociedad.
Esperamos que Red Madre tenga el reconocimiento que merece de nuestra ciudad y de todos/as los/as vigueses/as.
A XUNTA LICITA AS OBRAS DE REFORZO DE FIRME EN CATRO ESTRADAS AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE VIGO, MOS, O PORRIÑO E GONDOMAR
Trátase das estradas Sanguiñeda- N-120 (PO-511); Torneiros- Gondomar (PO-331); Sanguiñeda- Torneiros (PO-329) e Tui- A Ramallosa (PO-340), cuxas melloras beneficiarán máis de 376.000 habitantes
- As actuacións teñen un prazo de execución de tres meses aproximadamente
Santiago, 21 de marzo de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as obras de reforzo de firme en catro estradas autonómicas na provincia de Pontevedra, concretamente nos concellos de Vigo, Mos, O Porriño e Gondomar.
Trátase das estradas Sanguiñeda- N-120 (PO-511); Torneiros- Gondomar (PO-331); Sanguiñeda- Torneiros (PO-329) e Tui- A Ramallosa (PO-340), cuxas melloras beneficiarán a máis de 376.000 habitantes.
Estes reforzos, que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) nun prazo de tres meses aproximadamente, contarán cun orzamento de máis de 605.000 euros.
Na estrada PO-329, (Sanguiñeda (PO-511)- Torneiros (PO-511)), realizarase unha habilitación localizada mediante fresado e reposición ao longo de toda a vía, de 850 metros de lonxitude, que é unha das travesías do Porriño.
No caso da PO-331, (Torneiros (PO-511) – Gondomar (PO-340)), as obras centraranse na reparación dos puntos que presentan deformacións mediante fresado e reposición.
Na PO-340, (Tui (N-550) – A Ramallosa (PO-552)) executarase a rehabilitación localiza mediante fresado e reposición, nos PKS 0+500 e 21+500, e en puntos comprendidos entre os PK´s 16+700 (no núcleo de Gondomar) e 19+000 (enlace coa AG-57).
Na PO-511, (Sanguiñeda (N-120) – Torneiros (PO-331)), as actuacións consistirán na rehabilitación localizada mediante fresado e reposición ao longo de toda a estrada, de 510 metros de lonxitude.
No seguinte cadro indícanse as estradas nas que se actuará, concretando os treitos obxecto dos traballos.
ESTRADA | DENOMINACIÓN | REDE | TRAMOS DE ACTUACIÓN |
PO-329 | Sanguiñeda (PO-511) – Torneiros (PO-511) | Secundaria | 0+000 – 0+850 |
PO-331 | Torneiros (PO-511) – Gondomar (PO-340) | Primaria Complementaria | 0+800 – 7+300
9+000 – 11+200 14+500 – 15+700 17+600 – 19+100 |
PO-340 | Tui (N-550) – A Ramallosa (PO-552) | Primaria Complementaria | 0+500
16+700 – 19+000 21+500 |
PO-511 | Sanguiñeda (N-120) – Torneiros (PO-331) | Primaria Básica | 0+000 – 0+520 |
A Axencia Galega de Infraestruturas está a desenvolver unha intensa campaña de reparación de firmes en varios treitos de estradas da rede autonómica, de acordo coas prioridades técnicas establecidas tras estudar o estado do firme de toda a rede. Con estas actuacións, no ano 2016 previse actuar na mellora 570 quilómetros da rede autonómica.
ABANCA gaña en axilidade e calidade de servizo coa creación da Oficina Rápida
- A entidade financeira abre hoxe en Ourense o seu primeiro centro destinado exclusivamente ás operacións diarias máis habituais
- A iniciativa permite aforrar tempo neste tipo de operacións e mellorar a calidade do servizo nas demais

ABANCA incorporou á súa rede comercial un novo concepto de oficina bancaria dirixido a proporcionar un servizo máis áxil, cómodo e especializado. Baixo a denominación de ABANCA Oficina Rápida, este novo centro de atención ao cliente realizará exclusivamente as operacións diarias máis habituais e que máis axilidade e sinxeleza requiren: ingresos, reintegros, pago de recibos, contratación de servizos de banca electrónica e móbil, contratación e recarga de tarxetas, etc.
A creación de ABANCA Oficina Rápida suporá para o cliente un importante aforro de tempo na realización deste tipo de operacións, coa vantaxe adicional de poder realizalas en horario ampliado de mañá e tarde. Ademais permitirá incrementar a calidade do servizo nas xestións que requiren atención comercial ou asesoramento personalizado.
“Esta iniciativa é un exemplo da nosa identidade como entidade financeira, que se basea en proporcionar solucións eficaces ás necesidades dos nosos clientes, adaptándonos de maneira flexible e innovadora ás súas demandas e preferencias como usuarios de servizos bancarios”, sinala Luis Beraza, director xeral de Negocio España de ABANCA.
Especialización
A primeira Oficina Rápida de ABANCA abriu ao público hoxe luns 21 de marzo en Ourense (C/ Curros Enríquez, 1). Ao transformarse en Oficina Rápida, o centro dedicará en exclusiva a súa actividade á realización para todos os clientes de ABANCA das operacións diarias máis habituais. Outras tres oficinas situadas nun radio de distancia de 5 minutos a pé especializaranse na realización das demais operacións, o que lles permitirá ofrecer unha mellor atención na xestión comercial e o asesoramento a clientes.
ABANCA Oficina Rápida, un espazo dinámico creado en base a conceptos como o diálogo, a información, a orde e a xestión eficiente, supón un profundo cambio respecto da distribución de espazos dunha oficina estándar. Desaparecen os postos de atención comercial e aumentan os de caixa ata un número total de 7. Increméntase a dotación tecnolóxica con dispensadores automáticos de colas (aínda que un empregado recibirá e informará persoalmente aos clientes), dispositivos para a xestión de efectivo, caixeiros 24 horas de última xeración, e rede wifi para clientes.
Tamén se reforza a dotación de persoal: as catro oficinas que forman parte desta iniciativa contarán en conxunto con cinco xestores máis, catro deles correspondentes á Oficina Rápida. Como medida adicional para incrementar a súa axilidade e comodidade para o cliente, ABANCA Oficina Rápida ampliará o seu horario abrindo polas tardes de luns a xoves.
Transformación comercial
A posta en marcha da Oficina Rápida forma parte da estratexia de ABANCA para responder con solucións sinxelas e innovadoras ás necesidades do cliente. Entre elas figuran a apertura en horario de tarde de 40 oficinas, a implantación duns novos protocolos de atención ao cliente e o deseño dunha nova sistemática comercial para que o cliente reciba unha mellor e máis próxima atención, o reforzo da banca electrónica e a distancia, o plan de renovación tecnolóxica, que supón a incorporación de novos caixeiros e dispositivos Microsoft Surface Pro na rede comercial, a introdución de novos servizos de pago a través de móbil, e a creación dun novo modelo de oficina máis aberto, funcional e tecnolóxico.
En 2015 ABANCA foi a entidade financeira española que mellorou en maior medida a experiencia de compra dos seus clientes, segundo o Índice de Vinculación Emocional do cliente co seu banco elaborado pola consultora EMO Insights.
“INDEPENDIZARSE DO CAPITALISMO. Situación actual e perspectivas” con Busqueta, Albert Sales e Clara Griera
É a crise un fenómeno inherente ao capitalismo, ou un froito do seu mal funcionamento? É a pobreza un dos seus efectos colaterais ou un eixo central do mesmo? Que futuro nos agarda neste sistema? Existen posibilidades de enfrontarse a el? Estas cuestións e moitas outras sobre a situación socio-económica e política actuais e posibilidades futuras, abordarémolas con Josep Manel Buesqueta, Albert Sales e Clara Griera na mesa redonda: “INDEPENDIZARSE DO CAPITALISMO. Situación actual e perspectivas” organizada polaODS-Coia, o GAS e a distribura Lapsus o VENRES 1 de abril ás 20:00 no local da coopertiva Árbore (R/ López Mora, 30 – Vigo).
Na mesa participarán: J. Manel Busqueta, economista membro Seminari d’Economia Crítica Taifa e exdeputado da CUP.
– Albert Sales, politólogo e sociólogo, profesor da UPF e investigador no eido da loita contra a pobreza e a desigualdade.
– Clara Griera, integrante da cooperativa l’Olivera de Vallbona de les Monges e da CUP de Bellpuig.
Ao día seguinte os tres estarán en Compostela participando nas xornadas: «Da RISGA á Renda Básica das iguais» que organiza Baladre. Tedes toda a información sobre estas xornadas neste enlace: http://odscoia.arkipelagos.net/presentaci%C3%B3n-das-xornadas-da-risga-%…

Semana Santa en Vigo
fotos: manuel Carballo Crespo
Ofrenda floral a la Santísima Virgen de la Amargura
Buscamos gente que quiera participar en las procesiones de Semana Santa 2016 del jueves 24 y viernes 25. Los pasos necesitan compañía, porque a todos nos gusta la compañía. Lugar de información:
A cargo de: |
Dña. Josefa Estarque Vila
Presidenta de la Cofradía de Santiago Apóstol
Organiza:
|