A XUNTA LICITA AS OBRAS DE REFORZO DE FIRME EN CATRO ESTRADAS AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE VIGO, MOS, O PORRIÑO E GONDOMAR

  • clip_image002Trátase das estradas Sanguiñeda- N-120 (PO-511); Torneiros- Gondomar (PO-331); Sanguiñeda- Torneiros (PO-329) e Tui- A Ramallosa (PO-340), cuxas melloras beneficiarán máis de 376.000 habitantes
  • As actuacións teñen un prazo de execución de tres meses aproximadamente

Santiago, 21 de marzo de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as obras de reforzo de firme en catro estradas autonómicas na provincia de Pontevedra, concretamente nos concellos de Vigo, Mos, O Porriño e Gondomar.

 

Trátase das estradas Sanguiñeda- N-120 (PO-511); Torneiros- Gondomar (PO-331); Sanguiñeda- Torneiros (PO-329) e Tui- A Ramallosa (PO-340), cuxas melloras beneficiarán a máis de 376.000 habitantes.

 

Estes reforzos, que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) nun prazo de tres meses aproximadamente, contarán cun orzamento de máis de 605.000 euros.

 

Na estrada PO-329, (Sanguiñeda (PO-511)- Torneiros (PO-511)), realizarase unha habilitación localizada mediante fresado e reposición ao longo de toda a vía, de 850 metros de lonxitude, que é unha das travesías do Porriño.

 

No caso da  PO-331, (Torneiros (PO-511) – Gondomar (PO-340)), as obras centraranse na reparación dos puntos que presentan deformacións mediante fresado e reposición.

 

Na PO-340, (Tui (N-550) – A Ramallosa (PO-552)) executarase a rehabilitación localiza mediante fresado e reposición, nos PKS 0+500 e 21+500, e en puntos comprendidos entre os PK´s 16+700 (no núcleo de Gondomar) e 19+000 (enlace coa AG-57).

 

Na PO-511, (Sanguiñeda (N-120) – Torneiros (PO-331)), as actuacións consistirán na rehabilitación localizada mediante fresado e reposición ao longo de toda a estrada, de 510 metros de lonxitude.

 

No seguinte cadro indícanse as estradas nas que se actuará, concretando os treitos obxecto dos traballos.

 

 

ESTRADA DENOMINACIÓN REDE TRAMOS DE ACTUACIÓN
PO-329 Sanguiñeda (PO-511) – Torneiros (PO-511) Secundaria 0+000 – 0+850
PO-331 Torneiros (PO-511) – Gondomar (PO-340) Primaria Complementaria 0+800 – 7+300

9+000 – 11+200

14+500 – 15+700

17+600 – 19+100

PO-340 Tui (N-550) – A Ramallosa (PO-552) Primaria Complementaria 0+500

16+700 – 19+000

21+500

PO-511 Sanguiñeda (N-120) – Torneiros (PO-331) Primaria Básica 0+000 – 0+520

 

 

A Axencia Galega de Infraestruturas está a desenvolver unha intensa campaña de reparación de firmes en varios treitos de estradas da rede autonómica, de acordo coas prioridades técnicas establecidas tras estudar o estado do firme de toda a rede. Con estas actuacións, no ano 2016 previse actuar na mellora 570 quilómetros da rede autonómica.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: