Concello do Porriño e COGAMI asinarán un convenio para facer o concello accesibel para todos

Xuntanza CogamiAdaptar as novas obras que se realicen no Porriño ás necesidades de accesibilidade. Ese é o compromiso adquirido polo Concello coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

A alcaldesa, Eva García de la Torre, o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, e o concelleiro de Tráfico, Parques e Xardíns, Orlando Márquez, mantiveron unha xuntanza co presidente de COGAMI Galicia, Anxo Queiruga, o da provincia de Pontevedra, Ángel Holguera, e Luisa Miranda, técnica da Área de Accesibilidade da Confederación, xuntanza na que tamén estivo presente Israel Mercader, un dos principais valedores da integración no Porriño.

A reunión foi o anticipo da sinatura dun convenio entre COGAMI e o Concello do Porriño no que o mesmo comprométese a contar co consello técnico de especialistas en accesibilidade desta asociación para que as obras que acometa o goberno local sexan respetosas coa normativa de supresión de barreiras urbanas, tal e como salientou o concelleiro de Vías e Obras.

Pola súa banda, a alcaldesa incidiu no feito de que o obxectivo final é facer “un concello para todos e en beneficio de todos” e lembrou que elo redunda no “beneficio xeral” dos veciños porque, dixo, “calquera de nós podemos ter a necesidade, en calquera momento da vida,de que as beirarrúas, as calzadas e as entradas aos edificios oficiais estean libres de barreiras”.

Eva García de la Torre tamén adiantou que o goberno local solicitará a integración do Porriño entre as Cidades Accesíbeis, que ten como finalidade fundamental “facer as cidades máis humanas buscando para elo unha idea de urbanismo no que haxa unha mellor interrelación entre as persoas”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: