A XUNTA OFRÉCELLE COLABORACIÓN AO CONCELLO DE REDONDELA PARA AXUDAR ÁS FAMILIAS EN RISCO DE PERDER A SÚA VIVENDA NESTE MUNICIPIO

 redondela

  • Ethel Vázquez informa ao alcalde de que varias entidades financeiras, entre elas a maior de Galicia, Abanca, se comprometeron coa Xunta a non executar desafiuzamentos
  • A conselleira trasládalle ao alcalde a oportunidade de adherirse ao Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa na que se poderán participar os concellos e que xa foi proposta oficialmente á Fegamp
  • Trátase dun marco de colaboración para que os concellos mobilicen vivendas desocupadas para destinalas a alugueiros sociais, coas garantías dun seguro multirrisco do fogar e outro de cobertura de pagos financiados pola Xunta
  • Vázquez tamén lle explicou ao rexedor que este ano se licitarán as obras de construcción da pasarela peonil na marxe dereita da Ponte Xulián
  • Avanza que o Executivo autonómico iniciará antes do verán as obras de mellora do firme nas estradas entre Redondela e Forzáns e Chapela e Vigo mediante o investimento de 132.000 euros

 

Redondela (Pontevedra), 22 de marzo de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, ofreceulle hoxe ao concello de Redondela a colaboración da Xunta de Galicia para apoiar ás familias en risco de perder a súa vivenda neste municipio. A responsable de Vivenda do Goberno galego mantivo esta tarde un encontro de traballo co alcalde, Javier Bas, no que lle proporcionou información completa sobre as 11 medidas postas en marcha pola Xunta para facer fronte aos desafiuzamentos.

 

Ethel Vázquez informoulle de que varias entidades financeiras, entre as que se atopa a maior de Galicia, Abanca, adquiriron o compromiso coa Xunta de non executar máis desafizuamentos e permitir que os afectados por execucións hipotecarias permanezan nas vivendas a cambio dunha renda baixa e bonificada.

 

Ademais, grazas a estes acordos a Xunta tamén dispón de 240 vivendas máis, que xa se están ocupando, para destinalas a alugueiro social das persoas que están en situación de risco de perder o seu fogar.

 

A conselleira trasladoulle ao alcalde a oportunidade que ten o seu concello de adherirse ao Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa na que poderán participar os municipios e que xa foi proposta oficialmente á Fegamp.

 

Trátase dun marco de colaboración para que os concellos mobilicen vivendas desocupadas para destinalas a alugueiros sociais,  coas garantías dun seguro multirrisco do fogar e outro de cobertura de pagos financiados pola Xunta

 

Actuacións viarias

Por outra banda, Vázquez trasladoulle que a Xunta iniciará antes do verán as obras de mellora do firme nas estradas entre Redondela e Forzáns e Chapela e Vigo.

 

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financiará estas actuacións mediante o investimento de 132.000 euros.

 

A responsable de Infraestruturas tamén lle adiantou ao rexedor que se licitarán este ano as obras de construción da pasarela peonil na marxe dereita da Ponte Xulián e o traslado do peto de ánimas, como actuación complementaria ás obras de ampliación xa executadas.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: