A XUNTA TRASLÁDALLE ÁS AGRUPACIÓNS DE CICLISTAS A VONTADE DE COLABORAR PARA ACADAR UN DESEÑO DO CARRIL BICI DA PO-552 QUE SATISFAGA A TODOS OS USUARIOS VULNERABLES

A conselleira de Infraestruturas, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas e o delegado da Xunta en Vigo,  reuniuse esta tarde co presidente da Federación Galega de Ciclistas e representantes doutras asociacións

 

  • Ethel Vázquez informa de que os técnicos da Xunta analizan as posibilidades de actuación e convida aos deportistas a trasladar a súas propostas
  • Lembra que debe terse en conta tamén a protección dos peóns e dos ciclistas non deportivos
  • Salienta que a solución deberá contar co visto e prace da Dirección Xeral de Tráfico

 

Vigo, 22 de marzo de 2016.- A Xunta de Galicia trasladoulles hoxe ás agrupacións de ciclistas a vontade de colaborar par acadar un deseño do carril bici da PO-552 que satisfaga a todos os usuarios desta vía. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta tarde un encontro con representantes de distintas asociacións de ciclistas.

 

Na xuntanza participaron representantes da Federación Galega de Ciclismo; Miñor Bike; Grupeta y amigos de Ñito; CC. de la Fuente; Traviesas; Mansos; Rías Baixas e Vigués. A conselleira informoulles de que os técnicos da Xunta analizan xa as posibilidades de actuación e convidounos a trasladar a súas propostas para acadar unha solución de consenso.

 

Ethel Vázquez lembrou que debe terse en conta tamén o tránsito de peóns e des ciclistas que non realizan un uso deportivo do carril bici, e que precisan tamén protección ante os automóbiles.

 

Por ese motivo a conselleira salientou que a solución que se propoña deberá contar co visto e prace da Dirección Xeral de Tráfico, con quen a Xunta traballa de forma coordinada tanto na configuración do carril bici como no deseño de campañas específicas de seguridade viaria que redunden na protección dos ciclistas.

 

O Plan de Seguridade Viaria que ven de aprobar na Xunta prevé medidas específicas que pretenden contribuír a evitar accidentes como o acontecido recentemente na PO-552, tales como o análise dos psicoténicos e a o incremento da formación en seguridade viaria.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: