Campaña naval CIG-Industria.

SITUACIÓN DO SECTOR NAVAL DA RÍA DE VIGO

SONY DSC

SONY DSC

O sector naval é, sen lugar a dúbidas, xunto co do automóbil, un piar básico para a economía da Ría de Vigo. Un sector que nos anos 90 empregaba a máis de 10.000 persoas (empresas principais + auxiliares), xeraba o 30% da riqueza na bisbarra viguesa e supoñía o 41% da construción naval no conxunto do Estado español.

Primeiro foi a reconversión naval nos anos 80, afogando a capacidade de contratación dos estaleiros e provocando o peche de moitos deles, ao que hai que sumar a nefasta xestión levada a cabo nesta época polas distintas direccións dalgúns estaleiros privados dos máis importantes de Galiza (Vulcano e Barreras), que levaron a estas empresas á descapitalización, falta de liquidez e ao final a enfrontarse á Lei Conscursal, arrastrando consigo a outras empresas do sector que se viron abocadas ao despedimento de moitos traballadores/as e algunhas delas ao peche.

Logo chegou o tax lease, un sistema de arrendamento que permitía xerar créditos fiscais as empresas que investían na construción de buques para o seu posterior arrendamento e venda as navieras, que a súa vez os compraban con un desconto entre o 20 e o 30%. As empresas rebaixaban a súa factura fiscal, os estaleiros recibían pedidos e xeraban emprego e as navieiras adquirían os barcos máis baratos.

No ano 2006 a Comisión Europea iniciou un procedemento por considerar que o tax lease vulneraba o Tratado de Funcionamento da UE, logo das denuncias dalgúns estaleiros europeos e Estados como Holanda e Noruega. Consideraba esta práctica unha axuda de Estado ilegal e obrigou a Facenda a calcular e reclamar o importe embolsado polos inversores (uns 126 millóns de euros segundo o Ministerio de Facenda, cifra que non validou o Executivo Europeo ao considerala demasiado baixa) e eximindo as navieras e os estaleiros.

Este procedemento resólvese contra o Estado Español no ano 2011, reclamando a devolución dos beneficios obtidos aos membros da AIE (Agrupación de Interese Económico). Entre outras estaban INDITEX, HOSPITAL POVISA, NOVACAIXA BANCO, ALUMINIOS CORTIZO, MEGASA, GAS NATURAL, IKEA, EROSKI, BBVA, VEGO SUPERMERCADOS, BANKIA, CATALUÑA BANC, BANCO SABADELL, BANCO GALLEGO, UNICAJA, CAIXA BANC, TELEFONICA, BANCO POPULAR, etc.

Todo este proceso tivo unha forte incidencia até producir una autentica paralización da contratación nos estaleiros da Ría de Vigo. O Estado español modifica o sistema de tax lease que foi aprobado pola Comisión Europea en novembro de 2012.

Este novo sistema de tax lease aprobado non ten logrado una reactivación da contratación, polo que o recurso a EREs e mesmo a entrada en concurso de acredores estivo a orden do día tanto nas empresas principais como nas auxiliares, perdéndose por esta causa máis de 5200 postos de traballo nestes anos.

Esta situación levou a que o estaleiro Barreras caera nas mas da mexicana PEMEX, existindo actualmente unha situación bastante complicada dentro da mesma empresa en México coa investigación dos últimos contratos, a creación dun grupo de estaleiros para producir alí os barcos que necesite, polo que o futuro de este estaleiro pode ir en calquera dirección, positiva ou negativa, para o sector na Ría de Vigo.

Mención tamén a Factorías Vulcano, que nos anos 90 daba emprego a máis de 1100 persoas e que na actualidade ten menos de 90. Leva dende o ano 2011 aplicando EREs, o ultimo asinado por catro meses, até o 31 de maio. Dende o ano 2011 non se produciu ningunha contratación de buques.

Dende os anos 90 até hoxe perdéronse no sector máis de 7000 postos de traballo directos (empresas principais + auxiliares) quedando na actualidade arredor de 1400 traballadores/as, que de seguro esta cifra aumentará en maio coa entrega do flotel por parte de Barreras no verán deste ano, xa que a día de hoxe non se coñece ningunha contratación por parte de ningún destes estaleiros. En canto a Metalships&Docks, ha xa máis de dous anos que non contratou ningunha construción nova, e está a vivir dende aquela da reparación. Aínda que foi adquirida por uns inversores chineses, a carga de traballo actual é insuficiente para manter a viabilidade do estaleiro.

En canto ao resto das empresas do sector na Ría de Vigo que non están afectadas polo tax lease, porque a súa actividade nos está contemplada neste sistema, como son Francisco Cardama, Paulino Freire e Armón, a incidencia é menor e nestes momentos manteñen a súa actividade con grandes esforzos para as empresas e os cadros de persoal.

Pero chegado este momento temos que preguntarnos que acontece co novo tax lease, que non xerou ningún contrato novo? Se unha vez coñecida a sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo, e o antigo tax lease era mais atractivo para os inversores, porque non se aplica, é lexítimo, podería utilizarse? Tendo en conta a pouca ou ningunha disposición dos bancos a dar creto, non habería que volver a un organismo como PYMAR, para conseguir financiación? O Estado español cargándose a Xerencia do Sector Naval e a Xunta de Galiza co seu pasotismo deixaron de lado e non apostaron por este sector no noso país e teñen responsabilidades directas e polo tanto debemos esixirllas.

Unha situación que deixa a empresas principais pechadas e outras sen carga de traballo, centos de empresas auxiliares que desapareceron e miles de traballadores/as despedidos/as.

Nestes momentos algúns apúntanse a solicitar compensacións económicas para resarcir os danos feitos a estas empresas.

Pero os verdadeiros damnificados nesta reconversión “encuberta” son os traballadores/as, que pagaron xunto coas súas familias os remates de contratos forzados, os despedimentos por causas obxectivas, os continuos EREs temporais e suspensivos que en moitos casos esgotaron as prestacións e os subsidios de desemprego, para finalmente converterse en EREs extintivos e recorrendo ao FOGASA para cobrar os últimos meses de salario e as míseras indemnizacións que as empresas deixaron de pagar.

Esta situación levou a moitos traballadores/as a penalizar as súas cotizacións e prestacións, minguando de forma substancial á hora de percibir as prestacións e subsidios de desemprego e o dereito a percibir unhas pensións dignas, sumando a isto a reforma das pensións elevando a idade de xubilación e as condicións para acceder a mesma, o non poder obter en moitos casos dereito ao subsidio de maiores de 55 anos, e a reforma laboral do PP que rematou por enviar a moitos traballadores/as deste sector a situacións incluso de exclusión social.

Nestes momentos, lonxe de deixarnos levar por mensaxes de recuperación da contratación no sector naval da Ría de Vigo e unhas perspectivas de crecemento, seguimos enmarcados nunha campaña propagandística e mediática indefinida por parte da Xunta de Galiza nas figuras do conselleiro de Industria e do seu presidente.

Diante disto, a federación de Industria da CIG demándalle ao Goberno galego que se poña á fronte do sector e busque solucións que permitan darlle volta a esta situación, que ao entender da central pasan por:

  1. a) Facer as xestións necesarias con BARRERAS/PEMEX para despexar o futuro do estaleiro, xa que foi a Administración galega a que se comprometeu a anunciar xunto coa propia empresa a construción de 21 buques, dos que só se están a facer dous (floteis), un deles en Vigo. E ademais financiou con 2 millóns de euros, dun total de cinco, a compra do 51% de Barreras.
  2. b) No caso de Factorías Vulcano, a Xunta debe de participar no Consello de Administración, xa que este estaleiro tivo inxecións de cartos públicos, e polo tanto axudar a buscar novas contratacións, porque xa levan varios anos sen carga de traballo.

No caso de que a xestión privada non dea froitos e non funcione, e ao considerar o sector naval como sector extratéxico para Galiza, a Xunta debe prantexarse a súa participación nos dous estalerios.

No resto de pequenos estaleiros ubicados na ría, aínda que nestes intres están nunha situación de resistencia con pequenos contratos e con algunha reparación, cómpre dende a Xunta establecer algún tipo de coordinación e axuda que impida que a corto e medio prazo poidan pasar por unha situación crítica ou levar ao peche dalgún deles.

Finalmente, esiximos do Goberno español a creación dun FONDO DE COMPENSACIÓN co obxectivo de garantir tanto as prestacións económicas como as perdas sufridas durante os anos 2008/2015, cotizacións á Seguridade Social e revalorizacións das bases de cotización das pensións existentes e futuras, así como a reposición das prestacións e subsidios de desemprego para os traballadores/as deste sector.

Galiza, marzo de 2016.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: