Archive | marzo 23, 2016

ALTA OCUPACIÓN EN LOS VUELOS DE AIR NOSTRUM DE SEMANA SANTA‏

Los vuelos programados por Air Nostrum en Vigo para atender la demanda vacacional en Semana Santa están registrando altas ocupaciones. La conexión Vigo-Gran Canaria tendrá una ocupación de un 87%, la ruta con Londres alcanza un 89%, mientras que el enlace con Roma llega al 69%. En esta operación con la capital italiana hay ya un día, el lunes próximo, en el que el vuelo de vuelta a Vigo ha colgado el cartel de completo.

Además de estas tres rutas vacacionales, Air Nostrum, la aerolínea franquiciada de Iberia para vuelos regionales, inaugurará este año conexiones de Peinador con Alicante, Bruselas y Menorca, que se unirán al enlace con Bilbao, ruta de referencia que lleva años operándose, y a las conexiones con Sevilla y Málaga, inauguradas a lo largo de 2015.

Con esta programación, Vigo se consolida como destino de referencia para Air Nostrum, que dispondrá en Peinador de nueve conexiones directas, lo que le convertirá en el tercer aeropuerto para la compañía en número de destinos ofertados.

Desde Air Nostrum se hace una valoración positiva con respecto a la evolución para los próximos meses de las distintas rutas. Entre los enlaces abiertos el año pasado destacan Londres y Las Palmas de Gran Canaria, que registran ya un buen número de reservas, y entre los nuevos, la que mejor respuesta está ofreciendo es Menorca.

Madera de Corme (La Coruña) para fabricar los embalajes especiales que transportaran al Titanic………………….‏

FOTO EMBALAJES TITANIC BERECIARTUA 9 FOTO EMBALAJES TITANIC BERECIARTUA 3.MADERA DE CORME (LA CORUÑA) PARA FABRICAR LOS EMBALAJES ESPECIALES QUE TRANSPORTARAN EL TITANIC MÁS GRANDE DEL MUNDO. Han llegado hoy al Parque de las Ciencias de Granada los embalajes especialmente fabricados en Embales Bereciartua, de Urnieta (Guipúzcoa) para transportar la exposición del Titanic, con la maqueta más grande del mundo, que hará su primera escala en el puerto de Tarragona continuando al puerto de Vigo. En sus modernas instalaciones de la localidad guipuzcoana de Urnieta, una de las empresas líderes europeos en su sector, Embalajes Bereciartua, ha construido todos los grandes embalajes que transportarán, a bordo de cinco camiones trailers, todas las piezas que componen esta macro exposición, cuyo eje central es la maqueta del Titanic más grande y espectacular del mundo. Los embalajes, totalmente impermeables, exclusivamente construidos para transportar al Titanic, están fabricados con madera especial OSB 3, construida de partículas seleccionadas de pino y chopo, procedente de los bosques de Corme, municipio coruñés situado en la «costa de la muerte». Estos embalajes especiales tienen una capacidad para casi 50 metros cúbicos y todos ellos tienen acopladas unas ruedas para facilitar su desplazamiento. Los embalajes han llegado en la mañana de hoy, procedentes de Urnieta, al Parque de las Ciencias de Granada, donde se ha construido la exposición, y serán cargados a partir del lunes, con destino al puerto de Tarragona, donde iniciará su primera singladura, continuando después en el puerto de Vigo. *************************************************

A CIG inicia campaña para esixir un fondo de compensación para operarios/as do naval e a entrada da Xunta nos estaleiros

A central denuncia que o sector perdeu uns 8000 empregos directos na Ría de Vigo dende os anos 90
A federación de Industria da CIG vén de anunciar a posta en marcha dunha campaña para reclamar a creación dun fondo de compensación económica para os traballadores/as do naval e a entrada da Xunta nos consellos de administración dos estaleiros nos que investiu cartos públicos. A central denuncia que se está a producir unha nova reconversión encuberta e lembra que o sector perdeu máis de 8000 empregos directos na Ría de Vigo dende os anos 90.
2016 03 22 RoldaPrensaCampanhaNavalVigo01

A presentación da compaña tivo lugar na mañá de onte durante unha rolda de prensa celebrada no local do sindicato en Vigo na que participaron o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, os responsábeis do Naval da federación, Emilio Cagiao, e da comarca, César Rodríguez, e representantes sindicais da central nas empresas Barreras, Freire, Vulcano e Metalships.

O responsábel do Naval da CIG-Industria de Vigo, César Rodríguez, comezou a comparecencia facendo un repaso da actual situación do sector na comarca e lembrou que a pesar dos “grandes anuncios propagandísticos” do Goberno español e da Xunta de Galiza “unha industria fundamental para a bisbarra e para o conxunto do país non deixa de destruír emprego e corre serio risco de desaparecer”.

Así, citou os datos do propio Ministerio de Economía que amosan que o naval da Ría de Vigo perdeu máis de 8000 postos de traballo directos dende os anos 90, panorama que empeora ano tras ano: só entre 2015 e 2016 o sector destruíu máis de 500 empregos. Como consecuencia, hoxe en día o sector emprega arredor de 1400 persoas, fronte ás máis de 10.000 dos anos 90, cando xeraba o 30% da riqueza na bisbarra viguesa e supoñía o 41% da construción naval do conxunto do Estado español.

Puxo como exemplo o acontecido en Factorías Vulcano, que nos 90 empregaba a máis de 1100 persoas e na actualidade a menos de 90. “Esta empresa leva aplicando ERE dende 2011 e dende ese ano non tivo ningunha contratación de buques”. A situación dos outros principais estaleiros, Barreras e Metalships, non é moito mellor, xa que a problemática derivada da anulación do antigo tax lease e da falta de financiamento tras a desaparición de Pymar fan que se atopen sen novas contratacións dende hai anos.

En canto ao resto de pequenos estaleiros (Cardama, Freire, Armón), entenden que aínda que nestes intres atópanse nunha situación de resistencia con pequenos contratos e con algunha reparación, “cómpre dende a Xunta establecer algún tipo de coordinación e axuda que impida que a corto e medio prazo poidan pasar por unha situación crítica ou mesmo terminar pechando”.

Falta de interese e mala xestión

Pola súa banda, o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, sinalou que a crítica situación que atravesa o sector é consecuencia da falta de interese das Administracións públicas (Estado español e Xunta) e da xestión deficiente por parte das empresas, “que non teñen a iniciativa necesaria para buscar novos contratos”.

Deste xeito, indicou que a campaña que enceta a central incluirá xuntanzas cos distintos grupos parlamentares e co propio sector para trasladarlles as alternativas e propostas que defende a CIG para a revitalización do naval. Entre elas, salientan a necesidade de que o Goberno galego participe nos consellos de administración dos estaleiros aos que achegou cartos públicos, como Barreras e Vulcano. “Imos solicitarlle á Xunta que se reúna coas empresas e apoie a súa viabilidade, pero no caso de que non teñan saída é preciso que entre nos seus consellos de administración”.

Outra das reclamacións da central ten que ver coa creación por parte do Goberno central dun fondo de compensación para os traballadores/as do naval co obxectivo de garantir tanto as prestacións económicas como as perdas sufridas durante os anos 2008/2015, cotizacións á Seguridade Social e revalorizacións das bases de cotización das pensións existentes e futuras, así como a reposición das prestacións e subsidios de desemprego.

Neste senso, na CIG entenden que os verdadeiros damnificados desta reconversión encuberta son os operarios/as, “que pagaron xunto coas súas familias os remates de contratos forzados, os despedimentos por causas obxectivas, os continuos ERE temporais e suspensivos que en moitos casos esgotaron as prestacións e os subsidios de desemprego, para finalmente converterse en ERE extintivos, tendo que ir ao Fogasa para cobrar os últimos meses de salario e as miserentas indemnizacións que as empresas deixaron de pagar”.

Finalmente, dende a central nacionalista adiantan a posibilidade de convocar un calendario de mobilizacións no caso de que a Xunta faga ouvidos xordos ás súas demandas e non se poña á fronte na defensa do sector para atopar fontes de financiamento e novos contratos que permitan a súa recuperación e supervivencia no futuro.

A XUNTA TRASLÁDALLE AOS EMPRESARIOS DO SECTOR DE TRANSPORTE DE PASAXEIROS POR ESTRADA A SÚA DETERMINACIÓN DE GARANTIR O FUNCIONAMENTO DESTE SERVIZO PÚBLICO

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión con representantes do Comité Galego de Transportes por Estrada para abordar a sentenza do Tribunal Supremo sobre a prórroga das concesións

  • O Goberno galego está a analizar o contido do pronunciamento xudicial contrario á decisión adoptada pola Xunta de forma consensuada co sector para asegurar a continuidade do servizo e ofrecer estabilidade e melloras aos profesionais
  • A solución adoptada pola Xunta está en liña coa seguida por outras 12 comunidades autónomas para facilitar a adaptación á normativa comunitaria de forma vinculada á mellora nos servizos

Santiago, 23 de marzo de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladou hoxe aos empresarios do sector do transporte a determinación da Xunta de garantir o funcionamento do servizo público aos cidadáns. A conselleira, acompañada do secretario xeral técnico do seu departamento, Joaquín Macho, e da directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, mantivo hoxe unha reunión con representantes do  Comité Galego de Transportes por Estrada para abordar a recente sentenza do Tribunal Supremo referente á prórroga das concesións.

 

Na xuntanza participaron representantes das asociacións Transgacar, Anetra, Fegabus e Fegatravi.

 

A conselleira fixo fincapé en que o Goberno galego asegurará  o normal funcionamento do servizo público do transporte interurbano, logo de coñecerse a sentenza do Tribunal Supremo que anula a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do ano 2010 pola que se prorrogaban as concesións en vigor por un período de 10 anos. Aclarou que esta sentenza é contraria á ditada no ano 2012 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que considerou correcto o procedemento seguido.

 

En todo caso, a conselleira informou de que os servizos xurídicos da Administración autonómica están a analizar en detalle o alcance da sentenza e a posibilidade de continuar as actuacións no eido xudicial, coa fin de defender a autonomía lexislativa da Comunidade galega.

 

A prórroga das concesións de transporte interurbano, asociadas ao Plan de modernización do sector  estableceron un marco normativo consensuado co sector que permitiu dar estabilidade e melloras sociais a un sector que emprega máis de 5.000 traballadores en Galicia.

 

 

 

 

 

A solución adoptada está en liña coa seguida por outras 12 comunidades autónomas para facilitar a adaptación á normativa comunitaria de forma vinculada á unha mellora nos servizos.

 

As empresas adheridas ao Plan de modernización e, polo tanto, coas concesións de servizo prorrogadas, adquiriron compromisos de modernización da flota, adaptación dos autobuses ás persoas con mobilidade reducida e  introdución de melloras tecnolóxicas.

 

 

A XUNTA CELEBRA QUE OS VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE VIGO POIDAN CONTAR XA CUN NOVO FURGÓN PARA MELLORAR O SEU SERVIZO

  • Responsables municipais de Protección Civil recolleron hoxe o vehículo cedido pola Dirección Xeral de Emerxencias
  • O resto das sete grandes cidades xa o teñen dende a semana pasada tras o acto de entrega celebrado na Praza do Obradoiro

 

Vigo, 23 de marzo de 2016.- A Xunta de Galicia celebra que os voluntarios do servizo municipal de Protección Civil e Emerxencias de Vigo poidan contar xa dende hoxe cun novo furgón para mellorar o seu servizo de atención aos cidadáns.

 

Responsables municipais de Protección Civil recolleron hoxe o vehículo cedido pola Dirección Xeral de Emerxencias e, tras asinar a acta de aceptación da cesión coa delegación de firma, retirárona para trasladala ata Vigo, co que os voluntarios de Protección Civil da cidade olívica xa poden contar cun novo equipamento de seguridade.

 

Trátase así dun vehículo furgón destinado ao transporte de persoal e equipos para tarefas de protección civil con capacidade para 9 ocupantes; terceira fila de asentos desmontable e/ou abatible; potencia mínima de 120 CV; gancho de remolque fixo tipo bola con instalación eléctrica de 13 polos; caixa de primeiros auxilios equipada con soporte para vehículo; extintor de po ABC de 6kg con soporte para vehículo; 2 lanternas de led con cargador de vehículo e cono de cor amarela e con autonomía mínima de 4 horas; ponte de luces de led con un mínimo de 44 led de forma aerodinámica con altofalantes de 100w no centro; 2 focos tipo microled en aletas dianteiras do vehículo. Mínimo de 3 led cada un; e 2 focos de led para a parrilla dianteira do vehículo mínimo de 6 led cada un.

 

Deste xeito faise entrega ao Concello de Vigo dun vehículo furgón que a semana pasada xa recibiron o resto das sete grandes cidades menos a olívica porque ningún representante municipal quixo acudir ao acto de entrega celebrado na Praza do Obradoiro e ao que asistiron os rexedores ou responsables dos concellos de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

 

Este novo vehículo cedido gratuitamente pola Xunta de Galicia responde a aposta decidida do Goberno galego pola mellora do equipamento e da prestación dos servizos de emerxencias porque, conscientes da importancia deste servizo para os cidadáns e pese a que non lle compete exclusivamente, a Administración autonómica decide contribuír na mellora dos servizos municipais de emerxencias.

 

Este equipamento súmase así aos 225 terminais de comunicacións Tetra que tamén se veñen de ceder gratuitamente ao goberno local cun custe superior aos 205.000 euros tras a adhesión voluntaria do Concello de Vigo á rede Resgal (Rede de Emerxencias de Galicia).

 

Autónomos/as dependentes de Frigolouro trasladan protestas á Xunta e á Inspección en Vigo para reclamar emprego digno

Este luns celebran unha asemblea no Porriño para decidir as seguintes mobilizacións a desenvolver
Os autónomos/as dependentes de Frigolouro trasladaron hoxe as protestas para esixir unhas condicións de traballo dignas á delegación de Xunta e á Inspección de Traballo en Vigo, onde foron recibidos polo xefe da autoridade laboral. O persoal de Servicarne, que reclama a intervención destes dous organismos no conflito, decidirá o vindeiro luns en asemblea as seguintes mobilizacións a desenvolver.
2016 03 23 AutonomosFrigolouroXuntaVigo01

(Galería de imaxes)

Un nutrido grupo de falsos/as autónomos/as pertencentes a Servicarne, empresa á que Frigolouro lle ten subcontratado as labores de matanza e despece, mobilizouse hoxe diante da Xunta e da Inspección de Traballo en Vigo para reclamar a intervención destes organismos no conflito iniciado o pasado 15 de marzo para denunciar a explotación á que son sometidos/as e esixir unhas condicións laborais dignas.

A mobilización ás portas do edificio autonómico desenvolveuse de 11.00 a 12.00 horas e os afectados aproveitaron para despregar unha faixa na que se podía ler “Servicarne explotadores, Frigolouro cómplices” e berraron consignas contra a explotación laboral. Ao mesmo tempo, nha representación da CIG entregou un escrito solicitando unha xuntanza co delegado provincial da Xunta, que neses momento non se atopaba no inmoble.

A continuación a protesta trasladouse até a Inspección de Traballo, na rúa Cánovas del Castillo, onde se concentraron por espazo duns minutos antes de acceder ao interior do edificio. Alí foron recibidos polo xefe da autoridade laboral, que se comprometeu a continuar coas xestións para intentar solucionar o coflito. En concreto, adiantoulles que se porá en contacto coas Consellerías de Traballo e Economía.

O persoal autónomo dependente de Frigolouro está disposto a manter as mobilizacións até lograr os seus obxectivos. O vindeiro luns teñen convocada unha asemblea no local da CIG no Porriño ás 17.30 horas para decidir as próximas medidas de presión a desenvolver. Ademais, aproveitarán para analizar o que suceda pola mañá, cando está previsto que se incorporen ao seu posto, xa que existen moitas posibilidades de que a empresa tome represalias contra os que participan nos paros e nas mobilizacións.

LÓPEZ-CHAVES ENTREGA OS DIPLOMAS AOS 23 ALUMNOS E ALUMNAS QUE PARTICIPARON NO OBRADOIRO DE EMPREGO ´TERRAS DO MIÑOR IV´

O delegado territorial da Xunta en Vigo clausurou hoxe o programa mixto de formación e emprego outorgado á Mancomunidade do Val Miñor23032016_OOEEValMiñor

  • A Xunta fixo posible esta iniciativa cun orzamento superior aos 204.000 euros
  • Os alumnos e alumnas recibiron formación nas especialidades de operacións básicas de cociña e en restaurante e bar
  • Entre as actividades prácticas destacan a elaboración de comidas e o servizo de restaurante para o comedor social da Mancomunidade

LÓPEZ-CHAVES PIDE QUE “NON SE ROMPA O GRAN CONSENSO” PARA CONTINUAR COA TRAMITACIÓN DA LEI DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

  • 17032016_RPLopezChavesNa reunión do 22 de febreiro os 14 concellos rubricaron un acordo con dous requisitos para levar o texto ao Parlamento: que os respectivos plenos aprobaran o documento modificado e que Vigo se incorporara ao Transporte Metropolitano
  • Sinala que a Xunta está a cumprir co pactado nese encontro remitindo un borrador do texto coas modificacións solicitadas para que os concellos o tramitan nos plenos das Corporacións ou nos órganos municipais correspondentes
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo considerou que o alcalde Abel Caballero “parece atopar novas escusas” para retrasar a tramitación da modificación da lei

 

Vigo, 23 de marzo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa para informar da tramitación da modificación da Lei da Área Metropolitana de Vigo.

 

López-Chaves sinalou que dende a Xunta de Galicia se quere continuar coa tramitación da modificación da lei para remitila ao Parlamento de Galicia canto antes pero, para que isto saia diante e seguindo o acordo pactado na reunión do 22 de febreiro cos 14 concellos, eran necesarios dous requisitos: que os plenos municipais ou os órganos correspondentes aprobaran o texto modificado e que o Concello de Vigo se incorporase ao Transporte Metropolitano. “Cumpridos estes dous requisitos xa se podería iniciar a tramitación legal da modificación acordada entre os 14 concellos no Parlamento de Galicia e comezar dunha vez por todas a vida da Área Metropolitana”, dixo.

 

O delegado pediu así que “non se rompa o gran consenso” acadado ese día porque, tras as últimas declaracións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, considerou que “parece atopar novas escusas” para retrasar a tramitación da modificación do texto. “A Xunta cumpriu o que se pactou e acordou nesa reunión e enviou un borrador de texto de acordo co pactado e no cal se fixeron unhas aclaracións e correccións polos concellos”, explicou, matizando que “unha vez feitas se levou ese texto ao Consello da Xunta e se remitiu aos concellos para a súa tramitación nos plenos ou órgano competentes”.

 

Neste senso, insistiu na necesidade de que as Corporacións locais, tamén a de Vigo, “aproben o documento acordado por todos os concellos” sen esquecerse de que a cidade olívica se incorpore ao Transporte Metropolitano “para que teñamos por fin esa lei da Área”. “Cremos que as últimas declaracións de Caballero son escusas que non están nin acordadas nin pactadas”, considerou López-Chaves, quen insistiu no “gran consenso” acadado o 22 de febreiro e sinalando que “agora non é bo que se rompa” e que “non existan novas escusas”.

 

En definitiva, rematou explicando que dende a Xunta “estamos a traballar e cumprimos o acordado” e “estamos a esperar a aprobación do texto pactado polos plenos dos concellos e a incorporación de Vigo ao Transporte Metropolitano” para que “podamos por fin ter a tramitación da lei no Parlamento de Galicia”, concluíu.