Este xoves en Vigo | Presentación de “Os kowa”, de Xaviver Queipo, Premio Blanco Amor 2015

Os kowa, de Xaviver Queipo, Premio Blanco Amor 2015

Celebración da aventura

Este xoves, día 31, ás 20h preséntase na libraría Andel de Vigo Os kowa, de Xavier Queipo, Premio Blanco Amor 2015

Xavier Queipo, Xosé Monteagudo e Carlos Lema presentan este xoves 31 de marzo ás 20h na libraría Andel de Vigo a novela Os kowa, coa que Xavier Queipo gañou o Premio Blanco Amor 2015. Trátase dunha novela de aventuras que comeza en Europa (Bruxelas, Compostela, Copenhague) para continuar co pano de fondo da selva amazónica. Xavier Queipo reside en Bruxelas, polo que esta é unha ocasión única para falar con el. Se necesitades máis información ou axendar algunha entrevista, non dubidedes en contactar.

Partindo dunha casualidade, a descuberta nun catálogo de bolboretas tropicais dun espécime de Callitaera aurora, Xavier Queipo escribe un texto de celebración da aventura, da busca da identidade, dese lugar privativo que é o noso lugar no mundo. O narrador é un científico naturalista que, logo de iniciar unha viaxe equinoccial, se atopa perdido no medio do mato, nunha selva inzada de perigos mais tamén de descubertas existenciais. Conforme avanza o relato, as reflexións íntimas do protagonista van deixando un pouso entrópico que nos devolve ao paraíso perdido, á selva enigmática, ao labirinto sen fío de Ariadna salvador. Xavier Queipo consegue un alento narrativo intenso e, ás veces, desacougante no que se apalpa a soidade e a tensión dun home enfrontado ao seu destino.

Xavier Queipo (Compostela, 1957) escribe e publica regularmente en galego desde 1990. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (relatos, 1990); Ringside(relatos, 1993); O paso do Noroeste (novela, 1996); Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (novela, 2001); O ladrón de esperma (relatos, 2001); Os ciclos do bambú (relatos, 2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil, 2005); Dragona (novela, 2007); Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007); Saladina (novela, 2007); Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009); A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009); Cartas marcadas (ensaio, 2010); Ártico 2.0 (relatos, 2011); Extramunde (Premio Xerais de Novela 2011) e 55 (relatos, 2014). Membro do Dichterscollectif van Brussel desde 2007. Premio da Crítica española en 1991 e Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao Autor do ano 2011. Participou en numerosos libros coletivos e antoloxías, traduciu do francés a Amin Maalouf e Hervé Guivert e, do inglés, a Joseph Conrad e James Joyce.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: