Archivo | marzo 29, 2016

Protestas Althenia Mutua Universal.

2016 03 23 AltheniaAbusosMutuaVigoo comité de empresa de Althenia, concesionaria do servizo de mantemento de parques e xardíns de Vigo, desenvolve dende o pasado luns concentracións diarias diante das instalacións de Mutua Universal para denunciar que as persoas afectadas por doenzas muscoloesqueléticas son derivadas ao INSS, están a dar de alta a traballadores/as sen curar e non se queren facer cargo dos accidentes laborais que teñen lugar na hora do bocadillo. As protestas desenvolveranse até o vindeiro 7 de abril de 11.00 a 12.00 horas.

A CIG denuncia o despido de cinco autónomos dependentes de Frigolouro que secundaron a folga para reclamar melloras laborais

O persoal de Servicarne que entrou a traballar estivo vixilado por gardas de seguridade
A federación de Alimentación da CIG vén de denunciar o despedimento de cinco traballadores/as autónomos/as dependentes de Frigolouro que participaron nas xornadas de folga e nas mobilizacións convocadas para reclamar melloras nas condicións laborais. A central critica o feito de que o persoal de Servicarne que entrou onte a traballar estivese vixilado en todo momento por gardas de seguridade.
2016 03 23 AutonomosFrigolouroVigo01

Os traballadores/as de Servicarne, persoal autónomo dependente da empresa de procesados cárnicos Frigolouro do Porriño, celebraron unha asemblea na tarde de onte para analizar o sucedido pola mañá, cando regresaron ao seu posto de traballo. A catro deles/as a comunicáronlles que non superaron o período de seis meses de proba establecido para entrar na cooperativa de traballo asociado Servicarne, mentres que outro que xa era socio foi despedido por supostamente ter ameazado a través do teléfono móbil a un compañeiro que non secundou o paro.

Curiosamente, as cinco persoas despedidas participaron tanto nas xornadas de folga como nas mobilizacións convocadas para reclamar melloras nas condicións laborais. Dende a CIG anunciaron que as rescisións de contrato xa foron postas en coñecemento da Inspección de Traballo e dos propios servizos xurídicos da central e adiantan que a readmisión dos despedidos/as será a principal reivindicación en calquera negociación coa empresa.

Na asemblea de onte os falsos/as autónomos/as dependentes de Frigolouro tamén criticaron a actitude da dirección da empresa, xa que unha vez que regresaron ao seu posto no interior das instalacións de Frigolouro estiveron en todo momento vixilados/as por gardas de seguridade, que mesmo os acompañaban até o cuarto de baño.

Moción ao pleno do Porriño

Por outra banda, os traballadores/as de Servicarne decidiron acudir ao pleno do Concello do Porriño que terá lugar este mércores e no que se debatirá unha moción do BNG na que se reclama o apoio da corporación municipal á súa loita. A sesión dará comezo ás 19.00 horas e a moción figura no punto número tres da orde do día.

Finalmente, dende a CIG amósanse moi críticos/as coa actitude do comité de empresa de que Frigolouro, xa que a central é o único sindicato con representación nel que apoia as mobilizacións. “Tanto CCOO e UGT como o Sindicato Independente dedícanse a boicotear as protestas; coa boca pequena trasladan o seu apoio moral, pero logo fan comentarios para intentar desmobilizar”, censuran.

JOSÉ MANUEL REY VARELA REFORZA O COMPROMISO COAS PERSOAS XORDAS NA REUNIÓN MANTIDA COA FUNDACIÓN ESCOITA

  • AQ5Y9801_resizedA entidade ofrece programas de rehabilitación, saúde e autonomía persoal e conta cun otorrinolaringólogo e unha logopeda
  • O encontro forma parte da rolda de entrevistas que o conselleiro de Política Social está a realizar coas entidades sociais galegas

 

Santiago, 29 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, recibiu hoxe no seu despacho de San Caetano a representantes da Fundación Escoita, unha entidade que ofrece programas de rehabilitación, saúde e autonomía persoal dende todas as perspectivas das persoas xordas e das súas familias. O encontro, no que tamén estivo presente a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez,  forma parte da rolda de entrevistas que se está a realizar dende o departamento autonómico co obxectivo de coñecer de primeira man as actuacións que levan a cabo as entidades que traballan no eido dos servizos sociais.

 

Na reunión, a presidenta da Fundación Escoita, Erica Mosquera, trasladou as necesidades e demandas da entidade que representa para poder ofrecer os tratamentos máis adecuados ás persoas que fan uso dos servizos que ofertan, así como para prestar o apoio necesario para as familias destes. Rey Varela amosou o seu compromiso coas persoas xordas e avanzou que a Consellería de Política Social estudará posibles vías de colaboración coa entidade, para poder facilitar a súa labor diaria e que os seus recursos continúen a chegar ás persoas que máis o precisan, neste caso as persoas con déficit auditivo.

 

A Fundación Escoita busca fomentar a autonomía global da persoa xorda; potenciar a investigación e coñecemento da xordeira; crear sinerxías entre este grupo de persoas e os ámbitos educativo, socio sanitario e laboral e fomentar recursos, servizos e programas que eliminen as barreiras de comunicación. A entidade conta cun equipo de facultativos que ofrecen formación, información e asesoramento e entre os que se atopan un otorrinolaringólogo e unha logopeda.

 

O ESPAZO XOVE DE OURENSE ACOLLE A EXPOSICIÓN DOS PROXECTOS QUE PARTICIPAN NO CONCURSO DO CARTEL DE XUVENTUDE CREA 2016

  • A mostra, que foi inaugurada hoxe pola directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, poderá visitarse ata o vindeiro 30 de abril
  • O cartel gañador empregarase para publicitar o certame e o seu autor ou autora obterá un premio de 500 euros
  • Xuventude Crea é a maior mostra de creatividade xuvenil de Galicia e na edición de 2016 incluirá un total de doce especialidades entre as que se atopan as artes plásticas, o graffiti ou a cociña

 

Ourense, 29 de marzo de 2016.- O Espazo Xove de Ourense acolle dende hoxe a mostra dos 14 proxectos presentados ao concurso de deseño do cartel do programa Xuventude Crea 2016 promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. A directora xeral deste departamento, Cecilia Vázquez, quen inaugurou hoxe a mostra acompañada da delegada territorial da Xunta de Galicia, Maria Sol Díaz Mouteira, avanzou que nos vindeiros días darase a coñecer o nome do mozo ou moza gañadora, que obterá un premio de 500 euros. Ademais, o cartel gañador será o escollido para publicitar o certame. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 30 de abril.

 

A titular do departamento autonómico sinalou que ao longo do mes de abril se publicará a orde de convocatoria do programa Xuventude Crea 2016, dotada con máis de 100.000 euros e como novidade resaltou que nesta edición se sumará a especialidade de cociña. Así, o programa Xuventude Crea 2016, incluirá un total de doce especialidades: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, poesía, relato breve, teatro, videocreación e cociña.

 

Este certame é a maior mostra de creatividade xuvenil da comunidade autónoma, no que participaron en 2015 máis de 300 mozos e mozas menores de 30 anos. Cecilia Vázquez manifestou que “Xuventude Crea aposta polo establecemento de mecanismos de respaldo á creatividade da mocidade e por converter este certame nunha plataforma de lanzamento para amosar os seus proxectos creativos”.

 

Especialidade de graffiti

Coincidindo coa súa presencia na cidade de Ourense, a titular do departamento autonómico tamén se reuniu con dous dos premiados da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2015 que residen na capital ourensá, para facerlles entrega do trofeo do premio acadado. Trátase de Ramón Conde-Corbal Varela, gañador do primeiro premio dotado con 3.000 euros e Abraham Caride Fernández, terceiro premio cunha dotación de 1.000 euros.

 

 

 

 

 

O SERVIZO VOLUNTARIO EUROPEO APROBOU PRETO DUNHA VINTENA DE PROXECTOS EN 2015 CUN ORZAMENTO DE 356.114 EUROS

  • En Galicia acollen voluntarios europeos 16 concellos e 47 entidades sen ánimo de lucro
  • O proxecto de Ribadavia do programa ‘Erasmus+: Xuventude en Acción’ conta cun orzamento de 15.874,66 euros

 

Ribadavia (Ourense), 29 de marzo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe coas dúas mozas de Letonia e Italia que están a desenvolver un proxecto de Servizo Voluntario Europeo de doce meses de duración no Concello de Ribadavia. Este proxecto foi aprobado na segunda quenda da convocatoria do 2015 do programa ‘Erasmus+: Xuventude en Acción’ e conta cun orzamento de 15.874,66 euros. En 2015 foron aprobados un total de 19 proxectos de Servizo Voluntario Europeo, nos que participan 66 mozos e mozas cun orzamento conxunto de 356.114 euros.

 

O Servizo Voluntario Europeo enmárcase na liña estratéxica de mobilidade dos mozos e mozas. Ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

 

Creado no 1996 pola Comisión Europea como programa piloto, os 20 anos do Servizo Voluntario Europeo permitiron a máis de 100.000 mozos e mozas de 17 a 30 anos realizar os proxecto de voluntariado cunha duración de entre 2 e 12 meses. As entidades que poden participar nos proxectos de Servizo Voluntario Europeo  son as asociacións sen ánimo de lucro, os organismos públicos e as empresas con responsabilidade social cooperativa. Na actualidade, en Galicia teñen a acreditación para participar en proxectos de Servizo Voluntario Europeo 16 concellos e 47 entidades sen ánimo de lucro.

 

Cecilia Vázquez agradeceu a participación das dúas mozas neste proxecto e sinalou que “o Servizo Voluntario Europeo ofrece á xuventude unha experiencia de educación non formal, de voluntariado e de mobilidade, que fomenta a  adquisición de competencias, aptitudes e habilidades para o desenvolvemento persoal, educativo e profesional dos mozos”.

 

La Fiscalía cita a declarar al Presidente de Pladesemapesga por el mitin de alcaldes populistas orquestada por Xulio Ferreiro en María Pita.

Los dineros públicos que gastó el alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, para un acto con dirigentes de alcaldes populistas a unos días de las elecciones del 20D serán objeto de valoración de la Fiscalía de A Coruña. La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia denunció el desembolso efectuado por el Alcalde @XuliuoFerreiro junto a su séquito en la “cuchipanda” a cargo de las arcas públicas. El ministerio público no ha determinado todavía cuál de sus secciones se hará cargo del asunto, pero ha tomado la determinación de incoar diligencias informativas penales, según ha avanzado PLADESEMAPESGA y como primer paso tras su valoración CITA A DECLARAR a su Presidente, Miguel Delgado González al tiempo que le requiere a que aporte toda la documentación que se halle en su poder.

 

En una denuncia presentada el 11 de Marzo de 2016 en la Fiscalía de A Coruña, la Plataforma en defensa del sector Marítimo Pesquero de Galicia, solicitaba se investigue la fiesta mitin político de alcaldes populistas celebrada unos días antes de las elecciones del 20D en Palexco y la Plaza de María Pita, para ello ponía a disposición del investigador la carta del puño y letra de Xulio Ferreiro con el membrete municipal orquestando la fiesta política bajo su representación institucional de Alcalde, de forma exclusiva para los alcaldes de las confluencias nacionalistas de Marea Atlántica, convirtiendo así el voto de la totalidad DE LOS VECINOS DE A CORUÑA a sus afinidades políticas que en absoluto comparten.

 

La plataforma insistía en la denuncia que fue una “cuchipanda política privada de alcaldes escogidos a dedo” y orquestada por el Sr Xulio Ferreiro utilizando la institución pública municipal y sus fondos o bienes públicos.

 

Para ello informan que la carta remitida en nombre del Concello y del Alcalde de A Coruña (no del líder de A Marea Atlántica) con el membrete del Concello coloca a todos los ciudadanos y vecinos de A Coruña, como confabula-dores y SIMPATIZANTES, INVITADORES Y PAGADORES DEL FESTÍN POLÍTICO de los POPULISTAS en la Plaza de María Pita, y que desde la plataforma se niegan a reconocer y aceptar los más de 30 mil afiliados donde más del 20% son vecinos de A Coruña, convertidos así en “PERJUDICADOS”, advirtiendo además, que no tenían ni tienen voluntad de pagarles nada a estos visitantes populistas y amigos del Sr Xulio Ferreiro con sus impuestos, ni nunca han tenido ni tienen ningún deseo, de participar con los alcaldes de Madrid, Barcelona, Pamplona, Zaragoza, Badalona, Valencia, Cádiz, Santiago, Ferrol a a Coruña, ya que no se siente representados por ninguno de ellos en “absoluto”, bajo el “ARDID POLÍTICO” de Alcaldes por el Cambio, al considerar que se trataba de un acto de ” precampaña electoral” pagado con fondos públicos.

 

Pladesemapesga denuncia, que en la misiva enviada a título de Alcalde de A Coruña, el Sr Xulio Ferreiro no incluyó ni un solo alcalde o ciudad, que no pertenezca al grupo político en confluencias de las Mareas, y que curiosamente la mayoría están siendo investigados por las fiscalías jurisdiccionales de su lugar de origen por presunta prevaricación y malversación de dinero público sobre este mitin o cuchipanda orquestada por el Sr Xulio Ferreiro.

 

Unas cuentas y aclaraciones muy confusas y llenas de contradicciones.

 

Xulio Ferreiro en declaraciones a la prensa, afirmó que el “cargó a las arcas municipales del Concello de A Coruña ” al menos, 45 euros a una confitería para un desayuno, algo más de 13 euros en caramelos en un supermercado y 6 euros para tres cuartos de kilos de café.. Un café que nadie sabe donde se preparó ni que cafetera se utilizó ni por quien, por lo que hay que deducir que también se utilizaron funcionarios públicos que pagamos los ciudadanos, unas cifras y datos que no cuadran, pero cuadra mucho menos cuando afirma Xulio Ferreiro que, ” el resto de los gastos, indican, bastante más elevados, fueron pagados por la Marea, que abonó el alquiler y la organización de la cita política, de precampaña para las generales, en Palexco “.

 

Por que no cuadran, pues ni más ni menos, por que Marea Atlántica, según Xulio Ferreiro tan solo unos dos meses atrás carecía de fondos públicos, y estaban recogiendo donaciones a través de su pagina web para abonar los gatos electorales, por lo que no se entiende que del día a la mañana aparezcan con nuevo local en la Plaza del Humor y fondos en abundancia para arrendar PALEXCO en nombre del Concello de A Coruña y hacer campaña electoral presuntamente prohibida por la normativa y sobre todo en exclusiva para los alcaldes de las mareas junto a otros regidores de grandes ciudades de Podemos o de sus marcas asociadas.

 

Y para expertos en economía, la página web de http://mareatlantica.org/contas-claras/ (Balance do 17/03/2015 ao 15/09/2015) un mes antes tenía asentado en sus cuentas el saldo de “Remanente. Importe. Total 2.045,63 € “ sin cuotas fijas que acrediten ingreso alguno para pagar el alquiler de Palexco para el mitin de los alcaldes populistas, por lo que las cuentas no cuadran a pesar de que el Sr Xulio Ferreiro es profesor de la UDC y su Edil de Facenda una experta en números, algo que tendrá que decir sobre ellas, la Agencia tributaría en este sentido., donde también afirman SIN GÉNERO A LAS DUDAS:

 

“as contribucións obtiveron unha recadación de 2.145,72 euros nestes seis meses de goberno. Estas cifras representan a xenerosidade da cidadanía e da mareancia. A Marea non recorreu, en ningún momento, a solicitar créditos bancarios”.

 

Non, recibimos achegas públicas, como todas as formacións políticas con representación institucional, pero non empregamos fondos do grupo de goberno municipal para soster a estrutura da Marea Atlántica. É unha cuestión básica de hixene democrática.

 

En A Coruña, 4 de outubro de 2015.

 

El desplazamiento de a La Coruña a Santiago a finales de noviembre y sus dietas a falta de una mayor investigación de los dos días, han costado a las arcas municipales según Xulio Ferreiro unos 700 euros, según la información publicada por el propio responsable y denunciado que no aparecen en ningún sitio de en su portal de transparencia ni del Concello de A Coruña.

 

En la plaza de María Pita, bajo el lema ‘Non no noso nome, contra a guerra, o terrorismo e a islamofobia’, los regidores se concentraban políticamente y bajo manifestación política de las mareas se desplazaban a Santiago de Compostela, en apariencia pagado por el Concello de A Coruña bajo firma de Xulio Ferreiro, no como líder de Marea Atlántica..

 

En la Plaza de María Pita el alcalde de La Coruña, Xulio Ferreiro, de la Marea Atlántica y le acompañaban los autodenominados alcaldes del cambio: Joan Ribó, de Valencia; Ada Colau, de Barcelona; José María González «Kichi», de Cádiz; José Santisteve, de Zaragoza; o la portavoz del Ayuntamiento de Madrid, Rita Maestre, todos ellos en este momento bajo investigación de las fiscalías en sus lugares de origen por presunta prevaricación en los gatos del festín político, llegando el de Zaragoza a facturar al Concello la Gomina del Pelo para estar guapo, cerrando el acto político abierto al público en el Palacio de Congresos y Exposiciones de La Coruña. Y que dadas las fechas, el encuentro estaba convertido en un acto de precampaña electoral.

 

Pladesemapesga preguntaba a Xulio Ferreiro sobre si le parece ético que se pudiera haber usado dinero púbico para un acto partidista, sin que a día de hoy haya respondido a pesar del escaño ciudadan, participación de barios o la pregonada transparencia de su inexistente programa electoral y el Presidente de la Plataforma denunciaba que no le parecía “ni ético ni estético”, y ha asegurado que “no es de recibo que eso este pasando”.

 

En ese sentido, todos los alcaldes implicados en sus declaraciones a los medios se han sacado las acusaciones de encima para acusar a Xulio Ferreiro de ser el que orquestó el mitin político y afirmaron que fue “el mismo Ayuntamiento de la Coruña y el alcalde de La Coruña, Xulio Ferreiro, de la Marea Atlántica el que les invitó, por lo que no dejan duda a las responsabilidades del uso de la alcaldía de A Coruña para fiestas políticas de Marea Atlántica, nada que ver con la gestión de los bienes públicos y las gestiones municipales.

 

A Xunta de Persoal e SOS Sanidade convocan unha marcha en Vigo para esixir rescate público do Cunqueiro e Meixoeiro

A manifestación terá lugar o vindeiro xoves 12 de maio ás 20.00 horas
A Xunta de Persoal do Chuvi e a plataforma SOS Sanidade Pública convocan unha manifestación en Vigo para esixir o rescate para a sanidade pública dos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro, o uso dos anexos do Xeral, a reapertura do policlínico Cíes e a mellora da atención primaria no conxunto da área sanitaria. A marcha, que terá lugar o vindeiro xoves 12 de maio ás 20.00 horas, desenvolverase entre a Praza dos Cabalos e a Porta do Sol.
2016 03 23 RoldaPrensaManifaRescateCunqueiroVigo01

Representantes da Xunta de Persoal e de SOS Sanidade presentaron este mércores en rolda de prensa unha nova mobilización na cidade para reclamar o rescate da concesión do centro hospitalario Álvaro Cunqueiro e a xestión pública do Meixoeiro, ademais da utilización dos dous anexos do Xeral, da reapertura do policlínico Cíes e da mellora da atención primaria no conxunto da área sanitaria viguesa.

Os colectivos promotores da protesta anunciaron tamén que desenvolverán unha campaña informativa entre os profesionais e a cidadanía que incluirá o reparto de ducias de milleiros de panfletos e duns 5000 cartaces “para concienciar sobre a situación na que se atopa a sanidade pública viguesa”. Ao mesmo tempo, manterán xuntanzas cos distintos/as rexedores/as da área para reclamarlles o seu apoio á manifestación.

Dende a Xunta de Persoal do Chuvi salientaron a importancia da mobilización co obxectivo de lograr que se rescate para a sanidade pública a concesión do Cunqueiro, que definiron como “un hospital privado con recortes” e lembraron que grazas ás anteriores manifestacións masivas celebradas na cidade “provocaron a caída dunha das peores conselleiras de Sanidade que tivo Galiza”.

O PARLAMENTO APROBA A LEI DE ASISTENCIA XURÍDICA DA ADMINISTRACIÓN, A ÚLTIMA DAS CINCO NORMAS DO PROGRAMA DE IMPULSO DEMOCRÁTICO ANUNCIADO POR FEIJÓO

A portavoz de Xustiza indicou que este texto lexislativo aumenta a calidade e o control da actuación administrativa, previndo os casos de posibles malas prácticas

 

  • Julia Rodríguez Barreira apuntou que este programa permitiu “avanzar na transparencia, na eficiencia e na busca da excelencia no funcionamento das institucións públicas autonómicas”
  • O 75% do texto da nova lei conta coa conformidade de todos os grupos parlamentarios, ademais de ter incorporado ao texto definitivo un 30% das demandas da oposición.

 

AIMEN colabora en un proyecto para el sector del automóvil que permitirá fabricar piezas estructurales en aceros de alta resistencia con un nuevo proceso más eficiente y económico

Con este nuevo sistema, se reduce el tiempo de procesado, la cantidad de chatarra generada y la inversión en utillajes; minimizando los tiempos muertos e improductivos. Además, se obtienen piezas únicas, de bajos espesores, que reducen el peso de los vehículos y los hacen más sostenibles.

ð      PERFIL+ está liderado por Grupo Antolín – PGA, que se ha encargado de coordinar los resultados y validar la tecnología desarrollada. Además de AIMEN, el proyecto ha contado con la participación de las empresas gallegas Hispamoldes, Aukor, Mecamos; y el CTAG.PERFIL+

Pie de foto: demostradores de la tecnología desarrollada en el proyecto PERFIL+

 

A aclamada Good bye Lenin, en versión orixinal, no Ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo

Vigo, 29 de marzo de 2016.- A aclamada Good Bye Lenin poderá gozarse mañá, en versión orixinal, na terceira edición do Ciclo Cine e Lingua, organizado pola Universidade de Vigo. A longametraxe, do ano 2003, e dirixida por Wolfgang Becker e protagonizada por Daniel Brühl, conta como un fillo tenta por todos os medios que a súa nai, tras espertar dun coma, non se decate da caída do Muro e de que vive nun país unificado e capitalista.

A cinta recibiu o premio Ángel Azul do Festival de Berlín, e foi nomeada nos Bafta dentro da categoría de mellor película de fala non inglesa. Nos premios do Cine Europeo obtivo seis premios incluíndo á mellor película dese ano.

good bye lenin

Este ciclo proxéctase no Auditorio do Edificio Cambón (Casco Vello) a partir das 20.00 horas. Nesta ocasión, ao remate da proxección, haberá un coloquio moderado pola profesora Marta Villamarín.

 

CICLO CINE E LINGUA: MULTILINGÜE

Good bye Lenin

 

Data:    Mércores, 30 de marzo

Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:   Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo.