Archive | marzo 30, 2016

El gas natural bajará un 3% a partir del próximo 1 de abril

  • La bajada del precio del gas natural se debe a la bajada del precio del gas en los mercados internacionales.
  • La parte regulada de la factura (peajes de acceso), que fija el Gobierno, se mantienen congelados por segundo año consecutivo.

30.03.16. A partir del 1 de abril de 2016, la factura de gas para un consumidor doméstico acogido a la tarifa de último recurso (TUR) se reducirá de media un 3% respecto al trimestre anterior, debido principalmente a la bajada del precio del gas en los mercados internacionales en los últimos meses.

La parte regulada de la factura (peajes de acceso), que fija el Gobierno, se mantienen congelados por segundo año consecutivo.

De manera específica la tarifa TUR 1, para un consumo inferior a 5.000 kWh al año, se reducirá de media un 2,4%, y la tarifa TUR 2, para un consumo entre 5.000 y 50.000 kWh al año, se abaratará de media un 3,2%.

Esta bajada se suma a las que se han venido produciendo a lo largo de los últimos meses, y que han supuesto para los consumidores domésticos un descenso medio de su factura del 6,2% desde diciembre de 2015 y del 14,6% desde diciembre de 2014.

 

Play-Doc mergúllase na antigua Iugoslavia e a na comunidade afroamericana / Play-Doc se sumerge en la antigua Yugoslavia y en la comunidad afroamericana‏

Until the Quiet Comes Akosua Adoma OwusuLa programadora del festival de Sarajevo Kumjama Novakova y la cineasta Akosua Adoma Owusu presentarán en el festival programas paralelos con estas temáticas. Tui, 30 de marzo de 2016. Play-Doc Festival Internacional de Documentales arranca ya en dos semanas, del 13 al 17 de abril, con una de sus programaciones más diversas en años. Para acompañar la retrospectiva dedicada al cineasta afroamericano Charles Burnett, el certamen contará en esta edición con un programa paralelo que, bajo el título de ‘Avant-Gutter’, repasará la obra de otros realizadores de color influenciados por la figura de este autor, referencial en el cine independiente de Estados Unidos. Programado por la cineasta estadounidense Akosua Adoma Owusu, el ciclo se centra sobre todo en la construcción de la identidad afroamericana en lo que se ha dado en denominar la negritud. Cineastas contemporáneos, influenciados por la obra de Burnett, retratan a sus comunidades con estilos diversos, con lo que el programa realiza un retrato amplio y diverso de la misma realidad. Cintas de algunos de los cineastas de color más destacados del último par de décadas se incluyen en él, como Arthur Jafa, Cauleen Smith o Kevin Jerome Everson. El ciclo incluye además el estreno español de la última película de Billy Woodberry, compañero de generación de Burnett, al que considera su maestro, y con quien colaboró en varios de sus filmes. And When I Die, I Won’t Stay Dead (2015) realiza el apasionante retrato del poeta Bob Kaufman, singular voz del movimiento ‘beat’. Joyas de Jugoslavija El segundo programa temático que Play-Doc ofrece este año es ‘El viejo-nuevo experimento o sobre la vanguardia yugoslava’, programado por Kumjana Novakova, del Pravo Ljuski Film Festival de Sarajevo. El ciclo se centra en varios cineastas de vanguardia de los años sesenta y setenta, que, como dice la programadora, crearon obras fuera de la norma, en una ideal “Jugoslavija”, nombre que inicialmente se le atribuyó a la desaparecida república. Nacidos en el seno de los cine-clubs estatales, curiosamente en muchas ocasiones desde una militancia política contraria al régimen de Tito, estos realizadores crearon obras que tienen en común cierta abstracción y de gran belleza plástica. Artistas como Karpo Godina o Zelimir Zilnik, hoy muy bien considerados por la crítica, que por aquel entonces daban sus primeros pasos. El ciclo recoge algunas de sus obras iniciáticas, muy difíciles de ver, y otras de compañeros como Lordan Zafranovic o Mirza Idrizovic, que son verdaderamente una rareza. Un programa para los espectadores más exigentes, con ganas de descubrir estas joyas ocultas y dejarse asombrar por una generación que entusiasmó a toda Europa.

DORADO SALIENTA QUE, “MENTRES A OPOSICIÓN SEGUE ANCLADA NA SÚA TEORÍA RESPECTO AO HOSPITAL PÚBLICO ÁLVARO CUNQUEIRO, A SANIDADE DE VIGO SEGUE EVOLUCIONANDO”

Santiago, 30 de marzo de 2016.- O deputado do Grupo Popular Javier Dorado salientou hoxe no Parlamento que, “mentres os grupos da oposición seguen anclados na súa teoría respecto do Hospital Público Álvaro Cunqueiro, o SERGAS e a sanidade de Vigo seguen evolucionando e prestando unha mellor atención aos cidadáns da área viguesa”.

 

Dorado criticou que “a oposición volva ao Parlamento coa mesma iniciativa dos últimos catro anos sobre o Hospital Público vigués, mentres a atención sanitaria vai evolucionando”. En concreto, apuntou que “desde a última iniciativa que debatemos hai dúas semanas, o novo  hospital público conta co cuarto acelerador, un novo equipo de diagnose de patoloxías de mama, dúas novas máquinas no laboratorio de neumoloxía e está prevista a realización dun estudo pioneiro para operacións de cancro de pancreas, ao que se suma o novo centro de saúde de Salceda de Caselas”.

 

Ademais, o deputado popular salientou que o novo hospital público de Vigo leva atendidas case 250.000 consultas de pacientes desde a súa apertura, así como 85.000 urxencias, 8.000 hospitalizacións e 5.250 operacións cirúrxicas. “Xa é hora de que cambien de actitude, porque nunca puxeron nada da súa banda para que este hospital fora unha realidade”, sinalou.

A FEIRA APICOLA DAS RIAS BAIXAS VOLVE AO PORRIÑO

FEIRA APICULTURA 2Mel e artesanía, obradoiros infantís, o Mago Pirú, degustacións e xornadas técnicas de apicultura daranse cita na XXVIII Feira Apícola Rías Baixas da man do mercado máis doce e irresistible: o Bee Happy Market. A feira emprazarase na rúa peonil do Porriño e celebrarase o día 2 de abril.

 

O Porriño, 30 de marzo de 2016 .-  Todos os amantes do bo comer, os produtos artesanais e, por suposto, da hedonista vida ao redor dunha mesa aderezada con mel, teñen unha cita ineludible co Bee Happy Market o vindeiro sábado 2 de abril, no marco da vixésimo oitava edición da Feira Apícola Rías Baixas do Porriño.  “O mel é un alimento que forma parte das nosas raíces, da nosa cultura e é importante poñelo en valor e mantelo”, subliñou a alcaldesa do Porriño  na presentación da Feira Apícola. Eva García de la Torre aproveitou o acto para reclamar “que as administracións unifiquen esforzos para loitar de forma eficaz contra a expansión da avispa asíatica” que ameaza o futuro do sector apícola.

A Agrupación Apícola de Galicia e a Asociación de Apicultores de Pontevedra organizan o Bee Happy Market coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello do Porriño. Na presentación da Feira, o concelleiro de Industria e Comercio, Marcelino Coto, lembrou que él mesmo fora un dos iniciadores da mesma, no Centro Recreativo Cultural do Porriño, e salientou a importancia que ten para o concello “valorizar o que é un dos espellos de Galicia e do Porriño, o mel qe, ademáis, conta coa consideración dos consumidores e apicultores do País Vasco e Cataluña, que estarán presentes na mesma”.

O concelleiro comprometeu, unha vez máis, a colaboración “constante e decidida do Concello” coa Feira Apícola, subliñou o “importante retorno económico” que a mesma ten para o comercio e a hostalería porriñesa, e felicitou aos organizadores o seu “excelente traballo, sumando esforzos e ideas para impulsar un dos productos senlleiros de Galicia”.

Digna Rivas, deputada provincial, destacou “a importancia da divulgación dos nosos productos e o interese de achegar aos colexios os beneficios do mel”.  Ensinarllos aos nenos e o encanto da apicultura serán os obxectivos fundamentais dun Bee Happy Market que contará con obradoiros infantís na Praza do Concello entre as 10 hs. e as 14 hs. do sábado; así como coa iniciativa lúdica Contos do Mel de Galicia, que terá lugar a mañá do venres 1 no colexio C.E.I.P. Xosé Fernández López do Porriño só para alumnos do centro. Pero o mel non só endulzará o día aos máis pequenos. Os adultos tamén poderán gozar da degustación do Ouro Doce de natureza galega grazas á cata de mel impartido por Beatriz Ríos Cebreiros técnica do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP), ademais dunha tarde amenizada polo espectáculo do Mago Pirú disposto a encher de ilusión e maxia as rúas do Porriño.

 

XORNADAS TÉCNICAS DE APICULTURA

Trampas ecolóxicas e caseiras para cazar á vespa velutina, dispositivos antirrobos de colmeas, a biodiversidade das abellas melíferas e os talleres de inseminación artificial das abellas reina serán algúns dos principais temas a tratar durante as Xornadas Técnicas de Apicultura, que se emprazarán no Centro Cultural do Porriño ao longo de todo o sábado día 2 de abril. Máis aló da contorna lúdica, apicultores e interesados poderán coñecer a situación actual e as solución aos aspectos máis candentes do sector da man de diferentes profesionais españois e portugueses. As xornadas abrirán as súas portas ás 10.00 da mañá e permanecerán ata as 20.30 da tarde. Ademais, haberá empresas de material apícola e especializadas no sector.

Por último, destacar que durante o transcurso da Feira Apícola terá lugar unha recollida de firmas para a modificación da lexislación relativa ao mel. Con ela búscase paliar as deficiencias na etiquetaxe do mel, procurando que o consumidor poida discernir claramente a súa procedencia se é de España ou de fóra do país. Tamén se poderá atopar a campaña en redes sociais baixo o hashtag #EtiquetadoClaroYA.

O PIB DE GALICIA ACELEROU A SÚA RECUPERACIÓN O PASADO ANO E ACADOU UN CRECEMENTO DO 3,2%, O MAIOR DENDE 2007

  • O INE sinala que a economía galega medrou case tres puntos máis que no 2014 e ratifica a aceleración na recuperación económica
  • Só tres comunidades autónomas creceron máis que Galicia
  • Este dato confirma o que xa avanzaron outros indicadores coma a produción industrial, a actividade do sector servizos ou as exportacións

 

Santiago, 30 de marzo de 2016.- O Instituto Nacional de Estadística (INE) publicou hoxe o avance dos datos de Contabilidade Rexional de España correspondentes ao 2015, que sinalan que o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 3,2% sobre o ano anterior. Isto ratifica que o PIB galego acelerou a súa recuperación no ano 2015, co maior crecemento dende 2007.

 

Respecto ao ano anterior, Galicia incrementou en case tres puntos a taxa de crecemento anual do PIB, que en 2014 foi do 0,4% e en 2015 ascendeu ao 3,2%. De feito, o crecemento interanual da economía galega foi o mesmo que no conxunto de España, xa que o PIB de España tamén medrou un 3,2% no mesmo período.

 

Os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística mostran tamén que só tres comunidades autonómas rexistraron en 2015 un crecemento maior da súa economía que Galicia. Ademais, o incremento do PIB galego é 1,4 puntos superior á taxa de crecemento da Unión Europea, que no pasado ano foi do 1,8%.

 

Ademais, a Xunta de Galicia considera que este dato ratifica o que xa viñan avanzando os principais indicadores macroeconómicos. Por exemplo, o Índice de Produción Industrial (IPI) en 2015 medrou en Galicia case un punto máis que a media, e o Índice de Actividade do Sector Servizos tamén tivo un comportamento mellor en Galicia que no conxunto do Estado.

 

De igual forma, as vendas do comercio polo miúdo na Comunidade galega aumentaron en 2015 un 4,5%, case un punto máis que media española (3,6%). E ademais, Galicia acadou o pasado ano o récord histórico de exportacións, xa que as vendas do comercio exterior superaron os 18.800 millóns de euros.

 

Menos déficit e débeda

A Xunta de Galicia vén defendendo a súa aposta por un modelo de crecemento san no que se combina o incremento do PIB co control do déficit e do endebedamento, o que permitirá acadar un crecemento máis sólido.

 

De feito, Galicia volveu cumprir o seu obxectivo de déficit público no exercicio 2015, ao tempo que foi a comunidade autónoma onde menos medrou o endebedamento público o pasado ano, cun diferencial positivo coa media autonómica de 5,6 puntos.

 

Último mes presentación orixinais premios xornalismo Afundación

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e Ámbito Cultural de El Corte Inglés manterán aberta ata o 30 de abril a recepción de orixinais para participar na XXXVII edición do Premio de Periodismo Julio Camba e na XIII edición do Premio Fernández del Riego, unha referencia ambos os dous dentro do seu ámbito. A esta nova convocatoria poderanse presentar todos aqueles artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión, coa única condición de que só se pode achegar un texto por autor que fose recollido en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas. 

Real Filharmonía de Galicia en Afundación en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá, xoves 31 de marzo, en Vigo, o seu cuarto concerto da temporada de música clásica, nesta ocasión coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida por Eduardo Portal e coa violinista Baiba Skride. O recital, composto por obras de Beethoven, Schumann e Brahms, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas poden adquirirse mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

A XUNTA SEGUE A FOLLA DE RUTA PACTADA E PUBLICARÁ NA SÚA WEB O TEXTO COA MODIFICACIÓN DA LEI DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

30032016_RPTramitesArea O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicou que coma paso previo na tramitación das leis, o texto estará colgado na páxina web durante 15 días “para coñecemento e información de todos os cidadáns”

  • Lembra que a tramitación da modificación da lei no Parlamento “está en mans dos concellos e de Caballero” segundo o firmado na última reunión do 22 de febreiro
  • Nese encontro, os 14 concellos rubricaron un acordo con dous requisitos para levar o texto ao Parlamento: que os plenos dos concellos aprobaran o documento modificado e que Vigo se incorpore ao Transporte Metropolitano
  • Espera que se fagan “de xeito inmediato” porque unha vez estean satisfeitos “non haberá xa ningún obstáculo” para seguir adiante coa tramitación.

 

O PARLAMENTO APROBA INSTAR Á XUNTA A SEGUIR TRABALLANDO NO PLAN DE ACOLLIDA DE REFUXIADOS E FAVORECER A SÚA INTEGRACIÓN

O acordo é froito dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Mixto

 

  • A iniciativa incorpora a solicitude para que no ámbito comunitario se defenda políticas construtivas e coordinadas fronte ás ameazas dos controis fronteirizos que se cernen sobre o espazo Schengen
  • Tamén rexeita calquera acordo que contemple expulsións colectivas de refuxiados, así como a necesidade da adopción dun acordo respectuoso coa legalidade internacional e os Dereitos Humanos.

REY VARELA CONSOLIDA O COMPROMISO DA XUNTA COA DIVERSIDADE CULTURAL NUN MOMENTO HISTÓRICO NO QUE A CONCORDIA ENTRE POBOS É FUNDAMENTAL PARA O PROGRESO HUMANO

  • Enxalza o traballo levado a cabo por Mestura que presta un “servizo esencial para aquelas persoas que se atopan en risco de exclusión, sobre todo os inmigrantes, emigrantes e retornados”
  • Lembra que a Xunta de Galicia e Mestura comparten o obxectivo da “plena integración de todas as persoas na sociedade”
  • Apunta que no pasado ano 2015, a Consellería de Política Social incrementou nun 90% o orzamento destinado a Mestura en materia de inclusión e nun 12% o consignado para voluntariado ata acadar os 76.944 euros en total

 

Culleredo (A Coruña), 30 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado polo director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou na mañá de hoxe a sede da ONG Mestura sita no Edificio Asociativo do Burgo no concello coruñés de Culleredo. Alí, o titular da área social consolidou o compromiso da Xunta de Galicia coa diversidade cultural nun momento histórico “no que a concordia entre nacións é fundamental para o progreso humano”.

 

Nas súas verbas, Rey Varela quixo enxalzar o traballo levado a cabo por Mestura, unha organización creada en 2003 e que presta un “servizo esencial para aquelas persoas que se atopan en risco de exclusión, sobre todo os inmigrantes, emigrantes e retornados”. Nesta liña subliñou a importancia dos proxectos da asociación en eidos como “o emprego, a atención integral a nivel familiar ou a xustiza social, a través da sensibilización da sociedade en materia migratoria”.

 

Tras lembrar que a Xunta de Galicia e Mestura comparten o obxectivo da “plena integración de todas as persoas na sociedade”, o responsable de Política Social agradeceu o traballo deste tipo de entidades en prol das persoas que se atopan en tisco de exclusión. De feito, o conselleiro destacou que para este ano 2016 a Xunta aumentou o orzamento destinado á carteira de Inclusión nun 21%.

 

En particular, Rey Varela apuntou que no pasado ano 2015, a Consellería de Política Social incrementou nun 90% o orzamento destinado a Mestura en materia de inclusión e nun 12% o consignado para voluntariado ata acadar os 76.944 euros en total. “Un apoio que agardamos poder repetir neste exercicio”, concluíu.