A FEIRA APICOLA DAS RIAS BAIXAS VOLVE AO PORRIÑO

FEIRA APICULTURA 2Mel e artesanía, obradoiros infantís, o Mago Pirú, degustacións e xornadas técnicas de apicultura daranse cita na XXVIII Feira Apícola Rías Baixas da man do mercado máis doce e irresistible: o Bee Happy Market. A feira emprazarase na rúa peonil do Porriño e celebrarase o día 2 de abril.

 

O Porriño, 30 de marzo de 2016 .-  Todos os amantes do bo comer, os produtos artesanais e, por suposto, da hedonista vida ao redor dunha mesa aderezada con mel, teñen unha cita ineludible co Bee Happy Market o vindeiro sábado 2 de abril, no marco da vixésimo oitava edición da Feira Apícola Rías Baixas do Porriño.  “O mel é un alimento que forma parte das nosas raíces, da nosa cultura e é importante poñelo en valor e mantelo”, subliñou a alcaldesa do Porriño  na presentación da Feira Apícola. Eva García de la Torre aproveitou o acto para reclamar “que as administracións unifiquen esforzos para loitar de forma eficaz contra a expansión da avispa asíatica” que ameaza o futuro do sector apícola.

A Agrupación Apícola de Galicia e a Asociación de Apicultores de Pontevedra organizan o Bee Happy Market coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello do Porriño. Na presentación da Feira, o concelleiro de Industria e Comercio, Marcelino Coto, lembrou que él mesmo fora un dos iniciadores da mesma, no Centro Recreativo Cultural do Porriño, e salientou a importancia que ten para o concello “valorizar o que é un dos espellos de Galicia e do Porriño, o mel qe, ademáis, conta coa consideración dos consumidores e apicultores do País Vasco e Cataluña, que estarán presentes na mesma”.

O concelleiro comprometeu, unha vez máis, a colaboración “constante e decidida do Concello” coa Feira Apícola, subliñou o “importante retorno económico” que a mesma ten para o comercio e a hostalería porriñesa, e felicitou aos organizadores o seu “excelente traballo, sumando esforzos e ideas para impulsar un dos productos senlleiros de Galicia”.

Digna Rivas, deputada provincial, destacou “a importancia da divulgación dos nosos productos e o interese de achegar aos colexios os beneficios do mel”.  Ensinarllos aos nenos e o encanto da apicultura serán os obxectivos fundamentais dun Bee Happy Market que contará con obradoiros infantís na Praza do Concello entre as 10 hs. e as 14 hs. do sábado; así como coa iniciativa lúdica Contos do Mel de Galicia, que terá lugar a mañá do venres 1 no colexio C.E.I.P. Xosé Fernández López do Porriño só para alumnos do centro. Pero o mel non só endulzará o día aos máis pequenos. Os adultos tamén poderán gozar da degustación do Ouro Doce de natureza galega grazas á cata de mel impartido por Beatriz Ríos Cebreiros técnica do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP), ademais dunha tarde amenizada polo espectáculo do Mago Pirú disposto a encher de ilusión e maxia as rúas do Porriño.

 

XORNADAS TÉCNICAS DE APICULTURA

Trampas ecolóxicas e caseiras para cazar á vespa velutina, dispositivos antirrobos de colmeas, a biodiversidade das abellas melíferas e os talleres de inseminación artificial das abellas reina serán algúns dos principais temas a tratar durante as Xornadas Técnicas de Apicultura, que se emprazarán no Centro Cultural do Porriño ao longo de todo o sábado día 2 de abril. Máis aló da contorna lúdica, apicultores e interesados poderán coñecer a situación actual e as solución aos aspectos máis candentes do sector da man de diferentes profesionais españois e portugueses. As xornadas abrirán as súas portas ás 10.00 da mañá e permanecerán ata as 20.30 da tarde. Ademais, haberá empresas de material apícola e especializadas no sector.

Por último, destacar que durante o transcurso da Feira Apícola terá lugar unha recollida de firmas para a modificación da lexislación relativa ao mel. Con ela búscase paliar as deficiencias na etiquetaxe do mel, procurando que o consumidor poida discernir claramente a súa procedencia se é de España ou de fóra do país. Tamén se poderá atopar a campaña en redes sociais baixo o hashtag #EtiquetadoClaroYA.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: