DORADO SALIENTA QUE, “MENTRES A OPOSICIÓN SEGUE ANCLADA NA SÚA TEORÍA RESPECTO AO HOSPITAL PÚBLICO ÁLVARO CUNQUEIRO, A SANIDADE DE VIGO SEGUE EVOLUCIONANDO”

Santiago, 30 de marzo de 2016.- O deputado do Grupo Popular Javier Dorado salientou hoxe no Parlamento que, “mentres os grupos da oposición seguen anclados na súa teoría respecto do Hospital Público Álvaro Cunqueiro, o SERGAS e a sanidade de Vigo seguen evolucionando e prestando unha mellor atención aos cidadáns da área viguesa”.

 

Dorado criticou que “a oposición volva ao Parlamento coa mesma iniciativa dos últimos catro anos sobre o Hospital Público vigués, mentres a atención sanitaria vai evolucionando”. En concreto, apuntou que “desde a última iniciativa que debatemos hai dúas semanas, o novo  hospital público conta co cuarto acelerador, un novo equipo de diagnose de patoloxías de mama, dúas novas máquinas no laboratorio de neumoloxía e está prevista a realización dun estudo pioneiro para operacións de cancro de pancreas, ao que se suma o novo centro de saúde de Salceda de Caselas”.

 

Ademais, o deputado popular salientou que o novo hospital público de Vigo leva atendidas case 250.000 consultas de pacientes desde a súa apertura, así como 85.000 urxencias, 8.000 hospitalizacións e 5.250 operacións cirúrxicas. “Xa é hora de que cambien de actitude, porque nunca puxeron nada da súa banda para que este hospital fora unha realidade”, sinalou.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: