O PIB DE GALICIA ACELEROU A SÚA RECUPERACIÓN O PASADO ANO E ACADOU UN CRECEMENTO DO 3,2%, O MAIOR DENDE 2007

  • O INE sinala que a economía galega medrou case tres puntos máis que no 2014 e ratifica a aceleración na recuperación económica
  • Só tres comunidades autónomas creceron máis que Galicia
  • Este dato confirma o que xa avanzaron outros indicadores coma a produción industrial, a actividade do sector servizos ou as exportacións

 

Santiago, 30 de marzo de 2016.- O Instituto Nacional de Estadística (INE) publicou hoxe o avance dos datos de Contabilidade Rexional de España correspondentes ao 2015, que sinalan que o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 3,2% sobre o ano anterior. Isto ratifica que o PIB galego acelerou a súa recuperación no ano 2015, co maior crecemento dende 2007.

 

Respecto ao ano anterior, Galicia incrementou en case tres puntos a taxa de crecemento anual do PIB, que en 2014 foi do 0,4% e en 2015 ascendeu ao 3,2%. De feito, o crecemento interanual da economía galega foi o mesmo que no conxunto de España, xa que o PIB de España tamén medrou un 3,2% no mesmo período.

 

Os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística mostran tamén que só tres comunidades autonómas rexistraron en 2015 un crecemento maior da súa economía que Galicia. Ademais, o incremento do PIB galego é 1,4 puntos superior á taxa de crecemento da Unión Europea, que no pasado ano foi do 1,8%.

 

Ademais, a Xunta de Galicia considera que este dato ratifica o que xa viñan avanzando os principais indicadores macroeconómicos. Por exemplo, o Índice de Produción Industrial (IPI) en 2015 medrou en Galicia case un punto máis que a media, e o Índice de Actividade do Sector Servizos tamén tivo un comportamento mellor en Galicia que no conxunto do Estado.

 

De igual forma, as vendas do comercio polo miúdo na Comunidade galega aumentaron en 2015 un 4,5%, case un punto máis que media española (3,6%). E ademais, Galicia acadou o pasado ano o récord histórico de exportacións, xa que as vendas do comercio exterior superaron os 18.800 millóns de euros.

 

Menos déficit e débeda

A Xunta de Galicia vén defendendo a súa aposta por un modelo de crecemento san no que se combina o incremento do PIB co control do déficit e do endebedamento, o que permitirá acadar un crecemento máis sólido.

 

De feito, Galicia volveu cumprir o seu obxectivo de déficit público no exercicio 2015, ao tempo que foi a comunidade autónoma onde menos medrou o endebedamento público o pasado ano, cun diferencial positivo coa media autonómica de 5,6 puntos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: