REY VARELA CONSOLIDA O COMPROMISO DA XUNTA COA DIVERSIDADE CULTURAL NUN MOMENTO HISTÓRICO NO QUE A CONCORDIA ENTRE POBOS É FUNDAMENTAL PARA O PROGRESO HUMANO

  • Enxalza o traballo levado a cabo por Mestura que presta un “servizo esencial para aquelas persoas que se atopan en risco de exclusión, sobre todo os inmigrantes, emigrantes e retornados”
  • Lembra que a Xunta de Galicia e Mestura comparten o obxectivo da “plena integración de todas as persoas na sociedade”
  • Apunta que no pasado ano 2015, a Consellería de Política Social incrementou nun 90% o orzamento destinado a Mestura en materia de inclusión e nun 12% o consignado para voluntariado ata acadar os 76.944 euros en total

 

Culleredo (A Coruña), 30 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado polo director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou na mañá de hoxe a sede da ONG Mestura sita no Edificio Asociativo do Burgo no concello coruñés de Culleredo. Alí, o titular da área social consolidou o compromiso da Xunta de Galicia coa diversidade cultural nun momento histórico “no que a concordia entre nacións é fundamental para o progreso humano”.

 

Nas súas verbas, Rey Varela quixo enxalzar o traballo levado a cabo por Mestura, unha organización creada en 2003 e que presta un “servizo esencial para aquelas persoas que se atopan en risco de exclusión, sobre todo os inmigrantes, emigrantes e retornados”. Nesta liña subliñou a importancia dos proxectos da asociación en eidos como “o emprego, a atención integral a nivel familiar ou a xustiza social, a través da sensibilización da sociedade en materia migratoria”.

 

Tras lembrar que a Xunta de Galicia e Mestura comparten o obxectivo da “plena integración de todas as persoas na sociedade”, o responsable de Política Social agradeceu o traballo deste tipo de entidades en prol das persoas que se atopan en tisco de exclusión. De feito, o conselleiro destacou que para este ano 2016 a Xunta aumentou o orzamento destinado á carteira de Inclusión nun 21%.

 

En particular, Rey Varela apuntou que no pasado ano 2015, a Consellería de Política Social incrementou nun 90% o orzamento destinado a Mestura en materia de inclusión e nun 12% o consignado para voluntariado ata acadar os 76.944 euros en total. “Un apoio que agardamos poder repetir neste exercicio”, concluíu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: