A ALCALDESA DO PORRIÑO COMPROMÉTESE A SOLUCIONAR O PROBLEMA DE CALOR DA ESCOLA INFANTIL DE DOANTES

ESCOLA INFANTILO Porriño, xoves 31 de marzo.- A alcaldesa, Eva García de la Torre, xunto coas concelleiras de Benestar, Soledad Girón, e Educación, Lourdes Moure, visitou este xoves a Escola Infantil de Doantes para coñecer as actividades que leva adiante, recibir información sobre as súas necesidades e facer entrega da última parte dos libros infantís que ven de achegar o Concello ás 30 unidades de Educación Infantil do Porriño coincidindo co Día Mundial do Libro Infantil.
Durante á visita, Eva García de la Torre analizou coa directora do centro, Andrea Ledo, un dos problemas que presenta o mesmo: a calor que vai dentro do recinto escolar e que afecta á actividade dos pequenos, en especial nas aulas con amplas cristaleiras. A alcaldesa comprometeuse a colocar, nos vindeiros días, como medida de emerxencia, unha toldaxe que mitigue o abafe nos días de sol, mentres un arquitecto municipal estudará de qué xeito é posible facerlle fronte ao problema de acumulación que está a producirse na parte superior do inmoble.
A alcaldesa lembrou que, dende hai máis dun ano, existía un compromiso do anterior equipo da Consellería de Benestar para actuar nesta Escola, maila ao cal “dende o Goberno de Galicia, que ten a competencia nesta materia, non se fixo nada: por elo, a Alcaldía vaise a ocupar de dar solución a esta situación”.
A concelleira de Educación salientou que Escola de Doantes ten un total de 61 prazas, 58 para nenas e nenos e 3 máis de emerxencia; ademáis, para o curso que ven, xa se adxudicaron 40 prazas para outros tantos rapaces do Porriño, seleccionadas, “seguindo os criterios fixados”, entre preto e 100 solicitudes recibidas para optar ás mesmas.
Lourdes Moure sinaló que ainda que xa rematou o prazo ordinario para a matrícula, haberá dúas convocatorias “extraordinarias” en setembro e decembro, engadindo que, dado que se aceptan traslados dende outros concellos, veñen de aumentar, “de xeito notabel”, as solicitudes enviadas dende lugares como os de Salceda ou Ponteareas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: