O DOMINGO CELEBRARASE UNHA NOVA EDICIÓN DA TRADICIONAL MARCHA BTT FARO DE BUDIÑO

BTT faro budiñoO Porriño, xoves 31 de marzo.- A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o Concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, mantiveron esta mañá unha reunión co presidente da Asociación Deportiva a Forna de Budiño, Carlos Amil, que organiza o vindeiro domingo día 3 a XV edición da súa tradicional Marcha BTT. A proba é unha das marchas de máis antigüidade no ciclismo de montaña da provincia e da comunidade galega e conta coa colaboración do Concello do Porriño.

 

Para esta edición, a sección de BTT da Asociación Deportiva, budiñobike-canteiros, ten preparado un recorrido no entorno do Faro de Budiño duns 40 Km, cunha dificultade media-alta, composta de  cinco trialeiras coas conseguintes e esixentes subidas, que porán a proba as cualidades físicas dos participantes. Para os menos preparados haberá unha ruta alternativa de 30 km de dificultade media, con catro trialeiras, con menos subidas e  máis suaves. Para iso a organización fará algúns recortes na ruta larga que faga mais levadeira a Marcha, sen que perda o seu encanto. Haberá un avituallamento líquido no barrio das Insuas e outro sólido no Castelo de Cans.

 

Paralelo a Marcha, a sección de montanismo da Asociación organiza o VII Roteiro. Unha andaina circular de aproximadamente 15 km, polas ladeiras do Faro de Budiño, con subida a Área Recreativa do Monte, con fermosas vistas e baixada polo entorno das Canteiras de Budiño.

 

A saída de ambas probas está prevista para as 9:30 da mañádo Centro Cultural A Forna, estando prevista a chegada sobre ás 13:00.

 

Ó remate das probas, os participantes disporán das pertinentes duchas con auga quente e dun servizo de lavado de bicicletas. Tamén degustarán un delicioso chocolate con rosca antes da saída.

 

A organización agradece ás Comunidades de Montes das parroquias polas que pasan os dous eventos, as facilidades mostradas para o desenvolvemento das mesmas e solicita dos participantes o máximo respecto polo medio ambiente en todo o recorrido. Así mesmo, a organización comprometeuse, como en outras edicions, a non deixar ningún tipo de marca ou cinta no monte.

 

Estas actividades contan cos permisos correspondentes da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Ciclismo de e varias  entidades comerciais que as apoian desde pasadas edicións.

 

Información detallada destas actividades pode atoparse na páxina web da Asociación Deportiva A Forna; http://www.aforna.org

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: