Archivo | marzo 31, 2016

ABANCA reforza a súa estratexia dixital con ABANCA Pay

  • A app permite enviar diñeiro de forma gratuíta a calquera persoa introducindo un número de teléfono ou un correo electrónico
  • Ao contrario que outras aplicacións, non é necesario ter descargada a app para recibir diñeiro doutra persoa
  • ABANCA Pay completa as solucións móbiles da entidade para os seus clientes, que xa dispoñen do servizo de Hal-Cash para retirar diñeiro nun caixeiro sen tarxeta
  • O impulso da estratexia dixital permitiu a ABANCA aumentar un 18% o número de clientes dixitais activos no último ano
20160331-abanca-pay-gl
20160331-abanca-pay-02
Momento da presentación de ABANCA Pay aos medios de comunicación.

ABANCA vén de lanzar para todos os seus clientesABANCA Pay, unha aplicación que permite realizar desde os móbil pagos inmediatos de forma gratuíta a calquera usuario bancario nacional e europeo, teña teléfono ou non.

“É unha ferramenta útil, fácil de usar, sen comisións e que realiza as operacións de forma inmediata co obxectivo de facerlle máis sinxela a vida aos nosos clientes, facilitándolles as súas transaccións diarias”, explica Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA.

ABANCA Pay permite o pago de ata 150 euros por operación, de forma gratuíta, a calquera persoa, sexa do banco que se sexa, simplemente introducindo un número de teléfono ou un correo electrónico. “Non é necesario pedir o número de conta a ninguén, nin é necesario que pertenza á mesma entidade. Con esta aplicación o cliente poderá enviar e recibir diñeiro dos seus amigos ou compañeiros de traballo de forma instantánea”, sinala o xerente de Medios de Pago de ABANCA, Jorge Blanco.

Pagos fáciles, gratis e rápidos

A aplicación deseñada por ABANCA está asociada á conta de banca electrónica do cliente e permite realizar un pago a unha persoa simplemente seleccionándoa na axenda de contactos do móbil, sen que sexa necesario que coñeza o seu número de conta nin que pertenzan á mesma entidade financeira.

ABANCA Pay está conectada a outros bancos a través da rede EALIA desenvolvida por CECA, o que permite realizar os pagos de forma inmediata. “O pago é inmediato, faise efectivo directamente entre as contas dos clientes no mesmo momento da súa autorización”, afirma Eduardo Aldao. Ademais, ao contrario que outras aplicacións similares, non é necesario ter descargada a app para recibir diñeiro doutra persoa.

A seguridade das transaccións está absolutamente garantida e, ao ser unha app propia de ABANCA, non se ceden os datos a terceiros.

Innovación financeira

Un dos piares fundamentais da estratexia dixital de ABANCA é ofrecer aos seus clientes a tecnoloxía financeira máis innovadora, tentando incorporar as últimas novidades e tendencias do mercado. ABANCA é pioneira en ofrecer aos seus clientes o pago móbil con Samsung Pay e en soportar a identificación por pegada (Touch-id) na banca móbil.

Ademais, desde hai máis de 10 anos, os clientes da entidade poden retirar diñeiro nos caixeiros sen necesidade de usar a tarxeta grazas ao servizo de Hal-Cash, un sistema que permite enviar diñeiro a calquera móbil mediante unha mensaxe SMS. O código incluído na mensaxe permite recoller o diñeiro, sen tarxeta, en calquera dos caixeiros adheridos ao sistema (máis de 12.000 en todo o mundo).

O impulso á estratexia dixital permitiu a ABANCA aumentar un 18% o número de clientes dixitais activos no último ano, con especial protagonismo da banca móbil. Neste sentido, a entidade financeira puxo en marcha o proxecto ABANCA Dixital, unha iniciativa para potenciar as canles de banca electrónica e móbil para realizar todo tipo de transaccións e xestionar e contratar produtos a través de web e teléfono. En 2015 a entidade financeira galega investiu 82 millóns de euros á mellora e dixitalización de todos os seus procesos e á adopción das tecnoloxías máis punteiras.

[Compostela] 2 abril – Xornadas “Da RISGA á Renda Básica das iguais”

xornadas_2_abril_rbis (1)Prestacións de 400€ concedidas con meses de atraso e despois dunha morea de trabas burocráticas e controis por parte dos servizos sociais. No mellor dos casos, acceder a un contrato de sete meses de contía inferior ao salario mínimo interprofesional, tras o cal non está permitido renovar o cobro da prestación. Ou a caridade.

Estas son as respostas dispoñibles a día de hoxe para facer fronte á situación de emerxencia social que afecta a unha de cada catro persoas en Galiza (o 23,8% da poboación que se atopa en “risco” de pobreza ou exclusión). Para moitas máis, que sufrimos as dificultades de soster a vida cada día mais non cumprimos os requisitos de pobreza establecidos, as opcións pasan polo mercado laboral precarizado.

As xentes de Baladre deixamos a un lado os termos difusos (cambio, progreso, transversalidade, reformismo, benestar….) para abordar propostas concretas que garantan o dereito a unha vida digna e contribúan a procesos de transformación radicais.

Para iso organizamos unhas xornadas de reflexión e debate nas que partiremos dunha radiografía do actual escenario do capitalismo depredador, examinando o papel que xoga a pobreza e as consecuencias desta para aquelas persoas que se atopan nas posicións de maior vulnerabilidade e exclusión, poñendo o foco na situación das mulleres.

O contraste farémolo con propostas que xorden desde a economía social e da loita polos dereitos sociais e polo reparto da riqueza. Unha loita que pasa por informar, visualizar e denunciar. Mais tamén por deconstruír o empobrecemento como un fracaso individual e por crear vínculos políticos desde os que arrancar o dereito a vivir dignamente.

– – –

Xornadas: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”.Sábado 2 abril – A Gentalha do Pichel (r/Santa Clara 21 – COMPOSTELA)

10:00 – Presentación da xornada.

10:15 a 11:45 – “Planeta carroña. O capitalismo actual e as súas consecuencias”, a cargo de J. M. Busqueta (Seminari Taifa)

12:00 a 14:00 – “O seu benestar e o noso malestar”:

“A función da pobreza no capitalismo”, a cargo de Albert Sales (sociólogo e profesor de universidade Pompeu Fabra)

“A Galiza máis excluída”, a cargo de Leticia Castro (educadora social)

Xantar

16:00 a 17:00 – “L’Olivera, 42 anos de economía social”, a cargo de Clara Griera (Cooperativa L’Olivera)

17:00 a 18:30 – “Da RISGA á Renda Básica das iguais”, a cargo de Mari Fidalgo e Manolo S. Bayona (Baladre)

18:30 a 19:30 – “Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”:

Ruth López (Punto de Información Erletxea en Irún)

Beatriz Lorenzo (ODS-Coia)

19:30 – Lectura das propostas recollidas na xornada

Banco Alimentos, 2ª Operación Kilo de 2016 en 6 supermercados

material Operación KiloLa cita solidaria se desarrollará mañana, viernes, y el sábado en cinco supermercados de la cadena Eroski ubicados en Vigo, Pontevedra y Vilagarcía y en el Alcampo de la Avenida de Madrid, en la ciudad viguesa

 

Se trata de la segunda Operación Kilo que lleva a cabo la ONG en lo que va de año y con la que se pretende seguir recuperando el stock de alimentos no perecederos existentes tanto en la nave de San Pedro de Sárdoma como en el almacén pontevedrés de Faustino Santalices

 

Gracias a las Operaciones Kilo organizadas a lo largo de 2015, la Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recogió unos 84.300 kilos de comida no perecedera, de ahí la importancia de seguir apostando por este tipo de iniciativas

 

Leche, galletas, cacao, aceite y conservas vegetales de todo tipo vuelven a ser los alimentos más demandados y necesarios 

 

Vigo, 31/03/16.- La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo movilizará este fin de semana a unos 150 voluntarios en la ciudad viguesa (100), Pontevedra y Vilagarcía (50)para llevar a cabo la que será su segunda Operación Kilo de 2016.

 

La cita solidaria se desarrollará mañana, viernes, día 1, y el sábado, día 2, en cinco supermercados de la cadena Eroski ubicados en Vigo, Pontevedra y Vilagarcía y, también en el hipermercado Alcampo de la Avenida de Madrid. El 80 por ciento de los voluntarios que participarán este fin de semana en la nueva Operación Kilo son solidarios que, tras la  Gran Recogida de 2015, mostraron su deseo de seguir colaborando estrechamente con la ONG.

 

La Operación Kilo prevista en los tres Eroski de Vigo será en las superficies comerciales de la cadena ubicadas en Camelias, 84; Travesía de Vigo, 44; y, Torrecederia, 68; mientras que en Pontevedra y Vilagarcía, será en los Eroski de Cobián Areal 4-6 y de la Praza Juan XXIII, respectivamente.

 

Se trata de la segunda Operación Kilo que lleva a cabo la ONG en lo que va de año y con la que se pretende seguir recuperando el stock de alimentos no perecederos existentes en la nave de San Pedro de Sárdoma (Vigo) y en el almacén pontevedrés de Faustino Santalices.

 

Gracias a las Operaciones Kilo organizadas a lo largo de 2015, la Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recogió unos 84.300 kilos de comida no perecedera, de ahí la importancia de seguir apostando por este tipo de iniciativas. Una vez más, la leche, galletas, cacao, aceite y conservas vegetales de todo tipo vuelven a ser los alimentos más demandados y necesarios.

 

Esta nueva Operación Kilo se celebrará cuatro meses después de la Gran Recogida Solidaria (GRS) que se tradujo en más de 300.000 kilos de comida donados por la ciudadanía, durante el fin de semana del 27 y 28 de noviembre del año pasado.

 

Desde el Banco de Alimentos se apela a la generosidad de los vigueses para acudir a entregar comida no perecedera y, además, agradece la implicación demostrada por las cadenas comerciales por permitir el desarrollo de esta acción solidaria simultánea en los seis supermercados citados.

 

2015, Banco de Alimentos Al cierre de 2015, la Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartió cerca de 1,7 millones de kilos de comida (1.688.000 kilos), lo que representa un 30% más que en 2014, cuando fueron más de 1,3 millones de kilos (1.345.520 kilos) los entregados a los 150 colectivos sociales de la provincia a los que ayuda. A través de estas entidades benéficas, la ONG llega a unas 25.000 personas con dificultades en la provincia de Pontevedra.

A XUNTA DE GALICIA REFORZA OS RECURSOS EDUCATIVOS NO CENTRO DE MENORES SANTO ANXO DA GARDA COA INCORPORACIÓN DE TRES NOVOS EDUCADORES

  • O centro conta con 37 traballadores cualificados, cumprindo así coa ratio de persoal establecida no Decreto 329/2005
  • Contratouse unha nova empresa de vixilancia privada coa que se está a elaborar un protocolo de actuación para concretar as funcións dos vixiantes

 

Santiago, 30 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asegurou esta tarde no Parlamento de Galicia que o Centro de Menores Santo Anxo da Garda, en Rábade, segue a funcionar con normalidade. O titular deste departamento autonómico daba resposta así a unha pregunta formulada polo Grupo Parlamentario Socialista sobre a  marcha do dito centro ao tempo que avanzaba que a Xunta de Galicia está a reforzar os seus  recursos educativos.

 

Así as cousas, Rey Varela destacou que os traballadores contan cunha dilatada experiencia no eido. En concreto, este centro de menores, contaba cun cadro formado por 34 profesionais, dos que 18 son educadores. A estes traballadores, hai que sumar a recente incorporación de tres novos profesionais neste eido, co fin de que haxa presenza dun educador no centro na quenda de noite. Polo tanto, o centro dispón arestora de 37 traballadores, cumprindo coa ratio de persoal establecida no Decreto 329/2005. Un índice calculado para as 32 prazas autorizadas, sendo a ocupación media durante o pasado ano 2015 de 26,8. Actualmente o centro conta con 25 menores.

 

O conselleiro de Política Social fixo fincapé en que o persoal educativo do centro está preparado para facer fronte aos programas de intervención educativa, nos casos onde polas necesidades dos menores se requira dunha intervención médica, psiquiátrica ou psicolóxica. Así mesmo, os educadores dispoñen da adecuada titulación e son os encargados, mediante contacto directo co menor, da súa formación, polo que lles corresponde exercer as funcións de titor e asesor de estudos, así como promover, orientar e controlar o conxunta das actividades do menor. En definitiva, deben procurar realizar un programa de actuacións que permita asegurar o desenvolvemento integral do menor e que favoreza a súa integración social.

 

O titular da carteira social, explicou durante a súa intervención que Santo Anxo da Garda é un centro residencial de protección de menores, de titularidade e xestión pública, coa tipoloxía de centro de reeducación, no que se presta acollemento residencial a persoas menores de idade que se atopan baixo a garda ou a tutela da administración pública, por proceder dunha situación de risco ou de desamparo no seu núcleo familiar. Os usuarios deste centro son mozos e mozas de 14 anos ou máis, que requiren dunha intervención especializada por presentaren problemas de conduta que desaconsellan a súa convivencia con nenos e nenas máis pequenos noutros centros residenciais. Estes rapaces e rapazas son obxecto dun tratamento educativo individualizado que ten en conta as súas circunstancias persoais e socio familiares.

 

No referente ao non retorno dos menores ao centro de protección, os acollidos neste centro, teñen dereito a saír para levar a cabo as súas actividades, do mesmo modo en que poden saír a fin de semana, os días festivos ou en períodos de vacacións se o seu proxecto educativo así o prevé. O conselleiro explicou que as normas de protección de menores non limitan a liberdade, senón que deben potenciar a integración socio familiar dos menores. “Non debemos confundir a especificidade deste centro de protección co réxime de internamento ao que deben someterse os menores en virtude dunha resolución xudicial penal”, recalcou Rey Varela.

 

Outra actuación que a Consellería ten posto en marcha de cara a mellorar o funcionamento do Santo Anxo de Rábade, atinxe á seguridade no mesmo, xa que o centro dispón dunha nova empresa de vixilancia coa que se está a traballar na redacción dun protocolo que defina as funcións dos vixilantes.

 

DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO MANTÉN EN PONTEVEDRA UNHA NOVA XUNTANZA COS RAPACES QUE PARTICIPARON NOS PROGRAMAS DA DIRECCIÓN

 Cecilia Vázquez tamén se entrevistou con alcaldes e concelleiros de Xuventude desta comarca para coordinar as políticas entre administracións

Pontevedra, 30 de marzo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Pontevedra a novena xuntanza de traballo cos mozos e mozas que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro. No encontro participaron rapaces e rapazas procedentes da comarca de Pontevedra.

Esta iniciativa ten como obxectivo recoller as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia. Segundo Cecilia Vázquez “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”.

Ademais, a directora xeral tamén mantivo unha encontro con alcaldes e concelleiros de xuventude da comarca de Pontevedra, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica e de presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez está a manter un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia así como cos responsables de xuventude dos concellos. As xuntanzas xa se celebraron en Chantada, Lugo, Noia, Melide, Ferrol. Coruña. Lalín, Vilagarcía e Pontevedra e nas vindeiras semanas terán lugar en Santiago, Ourense, Vigo, Betanzos e Carballo.