Archive | abril 2, 2016

O CONCELLO DO PORRIÑO SÚMASE AO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO CON ACTIVIDADES TODO O MES DE ABRIL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Biblioteca do Porriño súmase á celebración do Día Internacional do Libro, que foi establecido pola UNESCO o 23 de abril-coincidindo coa norte de Miguel de Cervantes, da que este 2016 cúmpresnse 400 anos- a de Shakespeare, ademaís do feito de que ese mesmo día naceron ou deixaron de existir, Garcilaso de la Vega, Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.libros

A Biblioteca, porén, realizará actividades durante todo este mes para render un homenaxe a os escritores, alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Todo o abril, ademáis das actividades estables como o Clubs de lectura infantil, o Club de lectura de adultos/as e o Obradoiro de Alfabetización dixital, haberá ademáis outras iniciativas, entre elas,  un Obradoiro de escritura creativa co afamado escritor Francisco Castro.

Trátase dun obradoiro intensivo de iniciación á escritura dirixido a poboación adulta, centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir, que terá lugar en dúas quendas, a primeira o martes día 5 e mércores día 6, de 7 da tarde a 9 da noite; e a segunda, o martes, día 12, e mércores, 13, no mesmo horario.

A Biblioteca Municipal será o lugar para o Obradoiro de Iniciación á Fotografía dixital, unha actividade dirixida a poboación adulta para dar a coñecer o funcionamento básico dunha cámara réflex e ensinar técnicas básicas que permitan explotar a creatividade dos participantes. Tamén se presentará unha aplicación informática para realizar revelado dixital. As datas e horarios serán o venres, día 8, e o seguinte, día 15, de 5 da tarde a 9 da noite.

 

 

 

Concello de Vigo

O alcalde asegura que «este territorio inicia una etapa nueva» coa Lei de Área Metropolitana

O alcalde felicitouse esta mañá pola aprobación na Xunta de Goberno da modificación de Lei de Área Metropolitana que abrirá «unha etapa nova neste territorio». En todo caso, o goberno local tamén quixo deixar constancia das emendas que lle gustaría se incluiran no texto, especialmente, que Vigo sexa tratada como capital de provincia no tocante á dotación de servizos.

 

Caballero valora a «importante» oferta internacional do aeroporto co inicio de Boloña e Dublín

Este venres da comezo a ruta entre Vigo e Boloña operada por Ryanair, aeroliña que tamén arranca este domingo a conexión viguesa con Dublín. Ademais, o alcalde salientou que Peinador ten pechados directos con Londres, Lisboa, Bruxelas, Roma, Milán e Edimburgo, un «ámbito de voos internacionais certamente importante».

 

O Concello cede ao IGVS parcelas por valor de 1.200.000 euros para construír vivenda social

A Xerencia de Urbanismo aprobou este venres a cesión gratuíta de dúas parcelas na avenida Ramón Nieto para a construción dun máximo de 22 vivendas en cada unha delas e a doazón dun terreo na rúa Canicouva na que se poderá erguer unha edificación de 4 alturas. Ámbalas propiedades do patrimonio municipal suman un valor de 1.200.000 euros e nelas o Instituto Galego de Vivenda e Solo construirá vivendas de promoción pública.

 

O Concello adica 96.000 euros a clubs deportivos e subvenciona catro contratos da Rede de Mulleres

Segundo informou Caballero, o goberno de Vigo aprobou convenios co Sárdoma CF (23.000 euros), o Club Balonmán Seis do Nadal (30.000 euros), o Halcones (15.000 euros) e co Vigo Rugby (28.000 €), ademais doutro acordo coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos para apoiar a contratación de catro profesionais con 41.000 euros.

 

As fontes da rúa Aragón tínguense de azul no Día Mundial do Autismo

Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo que se celebra este sábado 2 de abril, o Concello súmase á acción internacional «Ilumínao de azul» a petición da Fundación Menela. Esta media noite as fontes da rúa Aragón lucirán a cor azul identificativa da xornada.

 


O Concello cooperará coa organización do 25 aniversario da Facultade de Ciencias do Mar

O alcalde de Vigo avanzou hoxe venres a cooperación do Concello coa celebración que a Facultade de Ciencias do Mar está a organizar con motivo do seu 25 aniversario o próximo curso académico. Logo de manter un encontro coa decana, María Amelia Coello, e co catedrático emérito Federico Vilas, Caballero eloxiou o cuarto de século de presencia na cidade dunha facultade «cun historial de investigación e docencia excepcional».

 


O alcalde recibe a camiseta da Vig-Bay 2016

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Pilar Ruíz e Mar Mariño, da organización da Vig-Bay, que lle entregaron a camiseta desta décimo sétima edición e con quen o rexedor tivo a oportunidade de «constatar que a organización marcha perfectamente». A media maratón celébrase o próximo 10 abril percorrendo os municipios Vigo, o punto de saída, Nigrán e Baiona, o punto de meta.

 


Festa da Reconquista da Vila de Vigo

O Casco Vello acolle un ano máis a Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, con actos e actividades que se celebrará o sábado 2 e domingo 3 de abril.

 


«Paseo polo Vigo literario»

A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan este paseo polo Vigo literario o sábado, 9 de abril, ás 11.30 horas guiado por Fran P. Lorenzo.Saída da rúa Privada Moderna. Duración do paseo: 1 hora e 45 minutos

 

 

Obradoiro de improvisación teatral

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 21 horas que terá lugar os días 12, 19, 26 de abril; 3, 10, 24, 26 de maio; de 17:00 a 20:00, no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2)Este obradoiro está destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas.

 


Curso de escritura creativa para adultos Obradoiro literario «Aliteraclara»

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o curso de escritura creativa para adultos «obradoiro literario Aliteraclara» impartido pola escritora Clara do Roxo e terá lugar o 25 de abril; 2, 9, 23 de maio; de 18:30 a 21:00 no Centro Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12).Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com

 

 

Medidas de tráfico por obras

 

IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA 2016

INVITACIÓN INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN MOSTRARTE

logoconcellovigoO alcalde de Vigo
Abel Caballero Álvarez
comprácese en convidar a vostede á inauguración da exposición colectiva
“ Vigo, arte en feminino”que, dentro do ciclo “Mostrarte”,
terá lugar na Alcaldía do Concello de Vigo o mércores 6 de abril ás 13.00 h.
Vigo, marzo de 2016