O CONCELLO DO PORRIÑO SÚMASE AO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO CON ACTIVIDADES TODO O MES DE ABRIL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Biblioteca do Porriño súmase á celebración do Día Internacional do Libro, que foi establecido pola UNESCO o 23 de abril-coincidindo coa norte de Miguel de Cervantes, da que este 2016 cúmpresnse 400 anos- a de Shakespeare, ademaís do feito de que ese mesmo día naceron ou deixaron de existir, Garcilaso de la Vega, Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.libros

A Biblioteca, porén, realizará actividades durante todo este mes para render un homenaxe a os escritores, alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Todo o abril, ademáis das actividades estables como o Clubs de lectura infantil, o Club de lectura de adultos/as e o Obradoiro de Alfabetización dixital, haberá ademáis outras iniciativas, entre elas,  un Obradoiro de escritura creativa co afamado escritor Francisco Castro.

Trátase dun obradoiro intensivo de iniciación á escritura dirixido a poboación adulta, centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir, que terá lugar en dúas quendas, a primeira o martes día 5 e mércores día 6, de 7 da tarde a 9 da noite; e a segunda, o martes, día 12, e mércores, 13, no mesmo horario.

A Biblioteca Municipal será o lugar para o Obradoiro de Iniciación á Fotografía dixital, unha actividade dirixida a poboación adulta para dar a coñecer o funcionamento básico dunha cámara réflex e ensinar técnicas básicas que permitan explotar a creatividade dos participantes. Tamén se presentará unha aplicación informática para realizar revelado dixital. As datas e horarios serán o venres, día 8, e o seguinte, día 15, de 5 da tarde a 9 da noite.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: