O Porriño máis preto do 20.000 habitantes logo da rectificación do INE

O EXCELENTE TRABALLO DOS FUNCIONARIOS MUNICIPAIS FAI QUE O INE RECTIFIQUE OS SEUS DATOS OFICIAIS DE XEITO QUE O PORRIÑO TEN 19.559 HABITANTES

Segundo confirmou o Instituto Nacional de Estatística (INE) oficialmente á alcaldesa, nunha comunicación que entrou no Rexistro Municipal con data 29 de marzo, a día 1 de xaneiro deste ano, a cifra de poboación do concello era de 19.559 habitantes.

Eva García de la Torre sinala que este incremento de 1.009 veciños en relación co dato do que dispuña o INE, foi posible logo da reestructuración do departamento do Padrón Municipal e o “excelente traballo dos funcionarios” que, segundo subliña a alcaldesa, foron quen de actualizar a estatística real de habitantes da vila de xeito que, “agora reflicte a realidade e nos achega aos 20.000 habitantes”, unha cifra que podería estar máis preto ao final da recolleita de información que están levando a cabo os traballadores municipais en relación con 283 veciños. De confirmarse, finalmente, estos casos e a súa alta, dacordo coa lei, dentro do listado de empadroamento, O Porriño podería ter iniciado este 2016 con 19.842 habitantes, a tan so 158 dos devanditos 20.000.

A alcaldesa quere poner en valor a importancia de chegar a este número de veciños, o cal se traducirá nun incremento da tributación que o concello recibe do Estado; a diferencia na débeda por habitante, a mellora nos ingresos que deben achegar a Deputación e o Goberno de Galicia, o peso e representación na nova Área Metropolitana de Vigo ou, no eido electoral, o aumento no número de concelleiros que integran a Corporación local. “Todas elas son ventaxes das que se beneficiarán as porriñesas e os porriñeses dado que serán os destinatarios de máis orzamentos e investimentos procedentes das distintas administración públicas, cantidades que Terán coma destiño direvto a mellora do benestar de todas e todos eles”.

Eva García de la Torre quere agradecer o “excelente traballo dos funcionarios”, que veuse recoñecido pola actualización oficial do Instituto Nacional de Estatística INE), unha laboura en prol dos intereses dos porriñeses.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: