Archivo | abril 4, 2016

CIG-Servizos reclama ao Concello de Vigo o resgate do persoal de Linorsa, tal e como fixo a Universidade de León.

b8553f85-fc6a-4ebd-a2f7-fefb2e21f5aaA CIG-Servizos de Vigo pídelle ao concello vigués que siga os pasos da Universidade de León, que asumiu temporalmente o servizo da concesión de limpeza tras retirárllelo a Linorsa, cubrindo os impagamentos que afectan o persoal. Neste sentido, indican que a solución ao conflito que se vive tralos continuos incumprimentos depende dunha decisión política, e que a situación das traballadoras é límite.

Desde a Federación, lembran que se continúan adebedando 15 días de salario correspondentes a decembro, ademais dos salarios íntegros de febreiro e marzo, atrasos de convenio e liquidacións a todo o persoal, exceptuando as traballadoras de dependencias e colexios ás que só lles resta un mes da paga de marzo.

Esta situación levou á convocatoria de mobilizacións alternas diante do edificio consistorial e a sede de Linorsa en Vigo desde hai un mes.

ETHEL VÁZQUEZ INSTA A SUMAR OS ESFORZOS PARA OFRECER UNHA RESPOSTA ÁXIL AS PERSOAS EN RISCO DE PERDER A VIVENDA E CONSEGUIR QUE AS MEDIDAS CHEGUEN A QUEN O PRECISA

  • Salienta que a Xunta aprobará proximamente un convenio coa Fegamp para crear o Programa de Vivendas Baleiras, co fin de mobilizar os inmobles desocupados e destinalos a alugueiros social_MG_2177
  • Subliña que o Goberno galego asumirá o seguro multirrisco do fogar e de cobertura de pagos para as vivendas que voluntariamente se adhiran a este programa
  • Avanza a sinatura dun convenio co Consello Galego da Avogacía que permitirá prestar asesoramento xurídico gratuíto ás persoas afectadas por procedementos xudiciais relacionados coa vivenda
  • A reunión de hoxe foi un foro de diálogo e de intercambio de opinións no que os representantes das distintas administracións informaron das súas experiencias, reflexións e achegas sobre a problemática social en relación coa vivenda
  • A conselleira destaca a necesidade de trasladar a información aos traballadores sociais dos concellos, que son as persoas que traballan cos máis desfavorecidos, e os que mellor coñecen os casos de dificultade, e polo tanto os que mellor poden asesorar

 

Vigo, 4 de abril de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe a aposta do Goberno galego  por unir os esforzos  das distintas administracións co fin de ofrecer unha resposta áxil as persoas con dificultades para acceder a unha vivenda e conseguir que as medidas cheguen a quen o precise.

 

A responsable de Infraestruturas e Vivenda do Goberno galego, acompañada polo director do IGVS, Heriberto García; o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado; e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou hoxe nunha xornada de traballo con representantes dos poderes públicos da área metropolitana implicados nos procesos de desafiuzamento.

 

Entre os asistentes estaban tamén a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias; concelleiros e técnicos municipais e dos xulgados

 

Vázquez explicou que a xuntanza de hoxe se organizou como un foro de diálogo e de intercambio de opinións no que os representantes das distintas administracións e asociacións trasladaron as súas experiencias, reflexións e achegas sobre a problemática social en relación coa vivenda.

 

A razón de potenciar a información cara estes axentes é que son as persoas que traballan día a día cos máis desfavorecidos, os que mellor coñecen posibles casos de persoas en situacións de dificultade; e tamén quen mellor pode asesorar e facer chegar aos afectados as medidas ás que poden acollerse.

 

A responsable de Vivenda do Executivo autonómico sinalou que na reunión se abordaron as 12 medidas que, desde o ano 2012 se teñen impulsado desde o Goberno galego para dar unha solución a todas as persoas que se atopan en risco de perder a súa vivenda habitual.

 

Vázquez salientou que a Xunta aprobará proximamente un convenio coa Fegamp un convenio de colaboración para crear o Programa de Vivendas Baleiras, co fin de mobilizar os inmobles desocupados e destinalos a alugueiros social, “un acordo que trata de mobilizar as vivendas que están desocupadas para que os seus propietarios as poñan voluntariamente á disposición dos concellos e estas poidan ser destinadas a alugueiro social”.

 

Para favorecer esta medida, “o Executivo autonómico financiará unha serie de garantías: un seguro multirrisco do fogar; e un seguro de garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas, que inclúe asistencia e defensa xurídica”, subliñou.

 

Con este documento tamén se busca avanzar na coordinación entre o Goberno galego e os concellos, e cos diferentes organismos e entidades de iniciativa social, para ofrecer unha atención máis eficaz a aquelas persoas con maiores dificultades para acceder a un fogar.

 

Así mesmo, resaltou que o Goberno galego asinará nas vindeiras semanas un convenio co Consello Galego da Avogacía que permitirá prestar asesoramento xurídico gratuíto ás persoas afectadas por procedementos xudiciais relacionados coa vivenda

 

Outra das medidas que destacou é o Bono de Alugueiro Social, que ofrece apoio urxente ás familias en risco de perder a súa vivenda por non poder pagar o aluguer ou por encontrarse en situación de especial dificultade; os convenios asinados coas entidades financeiras, entre elas, a maior entidade financeira de Galicia, que se comprometeu a non botar do seu fogar ás persoas con menos recursos afectadas por execucións hipotecarias poñéndolles un alugueiro social. As entidades ademais colocan á disposición da Xunta vivendas baleiras da súa propiedade para que se destinen a alugueiro social, pagando un máximo de 125 euros ao mes.

 

Vázquez subliñou que “grazas a estes convenios -coa Sareb, Abanca, Caixa Rural Galega e Sabadell Gallego-, dispoñemos de 240 vivendas máis, que xa se están ocupando, para familias que perderon o seu fogar ou que, por diferentes motivos, non teñen capacidade para acceder a unha vivenda”.

PEDRO PUY TRASLADA A “SATISFACCIÓN” DO GRUPO POPULAR POLA DECISIÓN DE FEIJÓO DE PRESENTAR A SÚA CANDIDATURA Á PRESIDENCIA DO PPDEG

  • 2016-04-04_PedroPuy (1)Fixo referencia ao calendario previsto do Congreso do PPdeG e ao traballo no Parlamento para afirmar que “estamos traballando coa perspectiva de que as eleccións galegas sexan despois do verán, tendo sempre presente que a súa convocatoria é unha competencia específica do Presidente”

 

Santiago, 4 de abril de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, trasladou hoxe a “satisfacción” de todos os deputados deste grupo parlamentario pola decisión de Alberto Núñez Feijóo de presentar a súa candidatura á Presidencia do Partido Popular de Galicia é, por conseguinte, á Xunta de Galicia. “Existe un amplo consenso neste grupo de que se adoptou a mellor decisión para o conxunto do PPdeG”, asegurou Puy, quen apuntou que servira para “incentivar e seguir traballando porque queda moito por facer nun país con máis de 230.000 desempregados pero que camiña na senda correcta dun traballo que Feijóo ten encabezado nos últimos anos e que o PPdeG vai seguir impulsando”.

 

Pedro Puy manifestou que a convocatoria do Congreso extraordinario do Partido Popular de Galicia e a confirmación da candidatura do Feijóo para a Presidencia do PPdeG é a continuación do  “profundo proceso de reflexión e renovación que se abriu no partido a raíz fundamentalmente do resultado das eleccións municipais”.

 

Neste sentido, indicou que este proceso deu comezo coa modificación do Goberno galego e da prioridade das súas políticas, centrándose e incrementando as dirixidas á política social; seguiu co debate das ideas no PPdeG a través dunha ponencia política; a renovación das estruturas provinciais do PP en Galicia, coa substitución de tres dos catros presidentes; e rematará coa celebración dun congreso extraordinario.

 

“A todo isto, súmanse determinadas novas no ámbito económico que tamén son positivas para as políticas desenvolvidas polo Partido Popular, como a concatenación de cifras de crecemento, así como que Galicia sexa unha das tres comunidades autónomas que cumpre os obxectivos de déficit; e o coñecemento hoxe do descenso do número de desempregados, nunha porcentaxe semellante á media nacional”, sinalou.

 

COA PERSPECTIVA DE DESPOIS DO VERÁN

 

Cuestionado sobre a data de celebración das eleccións autonómicas, Pedro Puy referiuse ao calendario previsto para a celebración do Congreso do PPdeG e ao traballo que se está a levar adiante no Parlamento galego para apuntar que “con todas estas cuestións estamos traballando na perspectiva de que as eleccións sexan despois do verán, pero tendo sempre presente que é unha competencia moi especificamente atribuída ao Presidente da Xunta”.

 

En concreto, o portavoz popular dixo que nestes momentos no Parlamento estase tramitando o Plan Estratéxico da Economía de Galicia, un documento complexo que ten que ir ao Pleno; e están e trámite os proxectos de lei do patrimonio cultural, de economía social, de coordinación das policías locais e a modificación da Lei de servizos sociais. Ademais, estase tramitando a iniciativa lexislativa popular sobre a pobreza enerxética e o custo da enerxía en Galicia, ao tempo que o Goberno galego anunciou recentemente a tramitación da Lei de espectáculos públicos, a lei de protección de animais domésticos e a lei de transporte por estrada de Galicia, á que se sumará a aprobación da Lei da Área metropolitana de Vigo.

 

“Queda moito por facer e o proxecto do Partido Popular ten moito que aportar, aproveitando unha situación inédita en España como é unha maioría sólida e estable que, se ben trata de chegar a acordos coa oposición, ten capacidade para aprobar normas importantes para o futuro de Galicia”, indicou.

 

Pedro Puy tamén valorou que Galicia teña “un calendario electoral diferenciado” das eleccións nacionais, polo que “salvo que haxa unha causa de extrema importancia, en principio estamos a traballar na perspectiva de que no caso de que haxa xerais non coincidan coas autonómicas”.

JOSÉ MANUEL REY VARELA CONTINÚA A ROLDA DE XUNTANZAS COS REXEDORES GALEGOS PARA ABORDAR AS LIÑAS DE ACCIÓN SOCIAL DESDE OS EIDOS AUTONÓMICO E LOCAL

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Boqueix—n, Ovidio Rodeiro Tato

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Boqueix—n, Ovidio Rodeiro Tato

    Sinala a importancia do incremento de horas do Servizo de Axuda no Fogar que crecerá neste 2016 ata acadar o 100% da ratio de atención, mentres que a de prazas públicas de escolas infantís supera xa o 50%

 

Santiago, 4 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa apostando polo diálogo con todas as institucións públicas de Galicia e afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos.

 

A Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio e de cada comunidade de veciños. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do concello coruñés de Boqueixón, Ovidio Rodeiro.

 

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, o conselleiro e o alcalde de Boqueixón sinalaron a importancia do incremento de 150 horas no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar as 1.715 horas en total cunha ratio de atención do 79,04%. Nesta liña, Rey Varela anunciou que a súa consellería redobrará esforzos para que esa ratio de atención acade neste 2016 o 100%. Ademais, a colaboración entre as dúas entidades permitiu grandes avances no eido infantil xa que a ratio de prazas públicas en escolas infantís chega xa ao 51,96%, moi por encima da ratio aconsellada pola Unión Europea que é do 33%.

 

XOEL LÓPEZ, ALEX COOPER y BE FOREST nuevas confirmaciones para Atlantic Fest

Atlantic Fest / 1, 2 y 3 de julio / Illa de Arousa
unnamed

La Illa de Arousa, la magnifica villa marinera, en donde se celebra Atlantic Fest, es tan especial y salvaje que muy pocos parajes pueden comparársele. Su encanto reside en una combinación única de naturaleza, gastronomía y sus gentes. Esta combinación tan especial solo podrás encontrarla aquí, no la busques en ningún otro sitio, porque no existe.
En Atlantic Fest hay muchas estrellas, pero la que más brilla es la fabulosa Illa de Arousa. Así, el recinto de nuestro festival es una magnifica isla en las Rías Baixas llena de magia ¡Ven a descubrirla!

Este es el magnífico espacio que acoge el Escenario Son Estrella Galicia en Atlantic Fest.
Bandas confirmadas
Tindersticks,
 Xoel López,
Nacho Vegas, Alex Cooper (30 años viviendo en la era pop), Be ForestNiño de Elche
+ grupos por confirmar

Nuevas confirmaciones 

Xoel López,
Alex Cooper (30 años viviendo en la era pop) y Be Forest se suman al cartel de Atlantic Fest.

 

Xoel López

Un Xoel López en estado de gracia se subirá al escenario Son Estrella Galicia como uno de sus protagonistas indiscutibles. Viene con 5 nominaciones en los Premios MIN (Premios de la Música Independiente) debajo del brazo.
“Paramales”, el 13º álbum en la carrera de Xoel López y 2º en solitario, es un paso más en el sonido del gallego. Una puerta que se abre para dejar entrar aires contemporáneos y urbanitas en 13 composiciones concebidas a ambas orillas del Atlántico. Un disco para todos los públicos, edades y gustos musicales para no perderse y disfrutarlo al máximo este verano en Atlantic Fest.

Alex Cooper (30 años viviendo en la era pop)
Álex Cooper celebra sus 30 años de carrera musical con la publicación de un maravilloso disco, ‘Popcorner: 30 Años viviendo en la Era Pop’, en el que recopila las piezas claves de Los Flechazos y de Cooper. Pero realmente lo que será único y especial serán las presentaciones en directo, que comenzaron de manera apoteósica en la Riviera de Madrid con todas las entradas agotadas y con sus fans disfrutando al máximo.
Son conciertos exclusivos e irrepetibles como el que nos ofrecerá el próximo 2 de julio en el escenario Son Estrella Galicia del Atlantic Fest.

Be Forest
En 2011 los italianos Be Forest publicaron su primer disco, “Cold”, causando un auténtico revuelo en la prensa especializada de sus país.
En muy poco tiempo el sonido dreampop de la banda se esparció por todo el mundo llagando a oídos de muchos nuevos seguidores y de bandas como Japandroids, Crocodiles o Slowdive de quienes han sido teloneros.
En  “Earthbeat”  (2014) nos encontramos con un resurgir de guitarras shoegazers en el que sus melodías ensoñadora se elevan y alcanzan una nueva calidez.
Los dos trabajos de la banda están, sin duda, entre los mejores discos dream pop shoegazer publicados recientemente y tu podrás ser testigo de ello con su actuación el 2 de julio, en el escenario Son Estrella Galicia de Atlantic Fest.
Entradas
ABONO* PRECIO REDUCIDO: 35€**
Abono precio reducido (early bird ticket)
Solo del 18 de marzo al 8 de abril.
www.atlanticfest.com

ATLANTIC EXPRESS
Autobuses directos al Atlantic Fest.
Las plazas son limitadas.
Viaje ida 1 de julio y vuelta 3 de julio. (Consultar horarios y precios enwww.atlanticfest.com)
Desde: A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Pontevedra y Cambados.
A la venta desde nuestros canales online Abono* + Atlantic Express:www.atlanticfest.com

Menores de 12 años acceso libre.

*Con acceso a zona de acampada. Disponible una zona reservada solo para familias.
**+ Gastos.

‘Artistas Kalimándricos’ en Afundación Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acollerá desde mañá ata o vindeiro 30 de abril, na sala II de exposicións da Sede Afundación de Vigo (rúa Velázquez Moreno, 18), unha mostra colectiva dos artistas José María Lugilde e as irmás Conchita e Luisa Paz Montenegro. «Artistas Kalimándricos» estará composta por 26 obras de variada temática e de carácter divulgativo. A exposición poderá visitarse de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h. Os domingos e festivos permanecerá pechada ao público.

‘Estamos no verán’ en Afundación Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acolle do 5 ao 8 de abril, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13), con funcións ás 10.00 e ás 12.00 h, a representación da obra Estamos no verán por parte da compañía Son+D2. Preto de tres mil cincocentos escolares procedentes de centros educativos de Vigo e arredores fixeron a súa reserva para asistir a este espectáculo.

LÓPEZ-CHAVES REQUIRE AO CONCELLO DE VIGO UN CERTIFICADO PARA CONTINUAR CO PROXECTO DA CIDADE DA XUSTIZA NO HOSPITAL XERAL

  • O delegado da Xunta en Vigo lembrou esta mañá que o Goberno galego solicitou a documentación hai dúas semanas sen obter resposta a día de hoxe
  • Require novamente a certificación municipal porque é “urxente e necesario”
  • Trátase dun documento urbanístico necesario requirido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social para avanzar no expediente do inmoble e destinalo a uso xudicial

 

Vigo, 04 de abril de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, requiriu hoxe ao Concello de Vigo un certificado municipal para poder continuar co proxecto de traslado dos xulgados vigueses ao antigo edificio do hospital Xeral.

 

Coma explicou, a Xunta está a avanzar na tramitación do novo proxecto da Cidade da Xustiza de Vigo xunto á Tesourería Xeral da Seguridade Social para destinar o antigo inmoble sanitario a usos xudiciais. Para isto é necesaria a colaboración do goberno local vigués emitindo unha certificación urbanística solicitada pola Seguridade Social. A Administración autonómica solicitou por escrito dito documento o pasado 22 de marzo á Xerencia de Urbanismo olívica e, a día de hoxe, non obtivo resposta.

 

“Hai dúas semanas que se requiriu ese certificado indicando que ten como obxectivo a cesión do inmoble para sede xudicial e indicado que é urxente”, especificou López-Chaves, quen lembrou a “actitude proactiva” que o alcalde Abel Caballero dicía que ía a ter con este proxecto. “Debe acreditar esa actitude proactiva e por iso lle requirimos de novo ese documento porque queremos tramitalo de inmediato”, sinalou o delegado.

 

López-Chaves matizou que se trata dun certificado de que non se incoou expediente de infracción de legalidade urbanística sobre o inmoble, “urxente e necesario” para poder continuar co expediente. “A Seguridade Social estánolo pedindo e estamos a esperar dende o 22 de marzo por esa certificación. Sen ela non podemos continuar”, dixo. É por isto polo que volveu a solicitar ao Concello que o tramite esperando que “hoxe ou mañá” poida remitirse á Xunta de Galicia.

 

 

 

A ANTIGA SEDE DA XUNTA EN PONTEVEDRA SERÁ UN ESPAZO CÓMODO, VERSÁTIL, ACCESIBLE E CUN 70% MENOS DE CUSTO DE MANTEMENTO

20160404_GGARCIA_0002A remodelación do inmoble de Benito Corbal inclúe a substitución da fachada por un revestimento de aluminio que acabará cos graves problemas de humidade

  • Manteranse as tres entradas ao edificio, que pasarán a ser totalmente accesibles
  • Os catro ascensores de catro prazas converteranse en dous de oito prazas, polo que se gaña espazo e se facilita o seu uso ás persoas con mobilidade reducida
  • Nas tres primeiras plantas do edificio concentraranse os servizos públicos de emprego, que agora se prestan en locais alugados
  • Entidades e asociacións de interese social e sanitario poderán utilizar as plantas cuarta e quinta, para ubicar as súas oficinas e locais
  • As catro plantas máis elevadas estarán a disposición da Universidade de Vigo para que instale alí os servizos e proxectos que decida a institución académica
  • A Xunta investirá 3,7 millóns de euros na reforma, que afectará a unha superficie duns 5.800 metros cadrados e terá un prazo de execución de 14 meses.