Archive | abril 7, 2016

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo apoya a las industrias de materiales para la construcción y de componentes de automoción‏

  • El Ministerio de Industria, Energía y Turismo cofinancia junto al ICEX España Exportación e Inversiones la presencia de la industria española en BATIMAT RUSSIA 2016 Y AUTOMECHANIKA ESTAMBUL 2016, principales puntos de encuentro en Europa para los profesionales de la construcción y de equipos para la automoción, respectivamente.
  • 31 expositores españoles presentan sus últimas innovaciones y tendencias en pavimentos y revestimientos cerámicos e industria auxiliar del azulejo en BATIMAT RUSSIA del 5 al 8 de abril 2016.
  • AUTOMECHANICA ESTAMUBUL 2016 cuenta con la participación de 15 empresas españolas y de SERNAUTO del 7 al 10 de abril 2016.

07.04.16. Un total de 31 empresas españolas exponen en el Pabellón Oficial de España que organiza el ICEX España e Inversiones apoyado por el Ministerio de Industria, Energía y Turismo, en la plataforma comercial más importante en Rusia para los sectores de la construcción y edificación.

 

La Feria BATIMAT se celebra en el recinto ferial Crocus Expo de Moscú (Rusia) y espera superar los más de 500 expositores y 72.000 visitantes de la edición de 2015.

 

Rusia se consolida como un importante consumidor de azulejo y España se posiciona como el principal suministrador extranjero de azulejos, representando nuestras exportaciones el 25% de la cuota de mercado en el año 2014.

 

Las 31 empresas expositoras españolas presentarán sus últimas innovaciones, tendencias y desarrollos tecnológicos en pavimentos, revestimientos, tecnología cerámica e industria auxiliar.

 

Por su parte, AUTOMECHANIKA ESTAMBUL, que se celebra del 7 al 10 de abril del 2016, está consolidada como el punto de encuentro de referencia para los profesionales del sector de componentes de automoción de Turquía y del Sudeste de Europa. España estará presente con un pabellón agrupado por SERNAUTO –Asociación Española de Fabricantes de Equipos y Componentes para la Automoción- en el que expondrán 15 empresas españolas.

 

Teniendo en cuenta el importante desarrollo que el sector de automoción está registrando en Turquía, AUTOMECHANIKA ESTAMBUL 20016 espera superar los datos de la pasada edición en el que 1700 empresas procedentes de más de 40 países presentaron sus productos y más de 46.000 profesionales visitaron la feria.

 

Estas dos acciones del Ministerio de Industria, Energía y Turismo dirigida a potenciar las industrias de materiales y equipos para la construcción y de equipos y componentes de automoción, se enmarcan dentro del Plan de Internacionalización de Sectores Industriales, lanzado por la Secretaría General de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa y la Secretaría de Estado de Comercio y forma parte de la Agenda de fortalecimiento del sector industria.

 

Concello de Vigo

Air Nostrum propón cambiar de Bruxelas a París o voo que comeza a operar en Vigo en xullo

A aeroliña vén de propoñerlle ao Concello o cambio de destino a París, durante este ano 2016, mantendo as frecuencias e as prazas previstas no contrato, ante a imposibilidade de garantir a plena actividade do aeroporto de Bruxelas no verán tras os atentados do pasado 22 de marzo. A proposta será valorada con informes técnicos municipais e levada á Xunta de Goberno que ten a “última palabra”.

 

Vigo encabeza o ranking de cidades de máis de 250.000 habitantes que cumpren coa estabilidade e regra de gasto

Un informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal sitúa a Vigo á cabeza do cumprimento da estabilidade e regra de gasto, entre as cidades con máis de 250.000 habitantes, segundo datos de 2015. Esta situación mellorará aínda máis o ano que ven, segundo explicou, cando se teña en conta o prazo de pago a provedores, o nivel de endebedamento e a coherencia entre ingresos e gastos.

 


O Auditorio do Concello acolleu actos de sensibilización polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O alcalde, Abel Caballero, tomou parte este xoves do programa organizado pola Fundación Menela, un acto protagonizado polos rapaces da entidade para a sensibilización e concienciación da “necesidade de tecer unha rede de apoio ás persoas e familias con autismo”, en verbas de Caballero.

 


Caballero anuncia a “saída á rúa do fútbol sala”, o día 17 con catro campos en Areal para nenos de 5 a 8 anos

O fútbol sala abandona os polideportivos para amosarse en plena cidade. O domingo 17 de abril, uns 800 xogadores de 5 a 8 anos disputarán a partires das 10:00 horas a primeira edición do Torneo Fútbol Sala na rúa, unha iniciativa da Aspofusa, asociación local de fútbol sala que organiza a Liga Concello de Vigo desta modalidade.

 


Caballero eloxia os deseños do alumnado do CEIP Balaídos para a mostra “Un Mundo de Selos”

O alcalde visitou este xoves o centro educativo vigués, que acolle esta exposición itinerante de Correos con distintas actividades relativas ao mundo do selo. Unha destas foi a presentación de dous selos de curso legal con temática de Vigo, deseñadas polos alumnos e alumnas do CEIP Balaídos e eloxiados por Caballero.

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Xunta de Goberno Local

O CONCELLO DO PORRIÑO PREMIADO POLO SEU TRABALLO A PROL DO DEPORTE FIMININO DE GALICIA

A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, recollerá o vindeiro día 22 deste mes de abril no concello de Allariz o premio que a Asociación Mulleres Deportistas de Galicia (MUDEGA), ven de conceder por segunda vez ao Concello do Porriño.

Mudega recoñece a laboura, feita a prol do deporte feminino de Galicia por deportistas, adestradoras, xuizas deportivas, clubes e entidades públicas, unha distinción que este ano recaeu no Concello do Porriño por conquerir a visibilidade do deporte practicado polas mulleres e o seu aprecio e coñecemento por toda a sociedade.

A alcaldesa sinalou que “este premio pertence aos centos de deportistas porriñesas que fan que todas as veciñas e veciños nos sintamos orgullosos da súa entrega, os seu esforzó e o resultado do mesmo que fan do deporte do Porriño unha referencia dentro e fora de Galicia”.

Eva García de la Torre lembrou que cinco mulleres dirixen outros tantos clubes locais: Araceli Lorenzo, á fronte do Baloncesto Base; Raquel Acuña, presidenta do Club de Fútbol Pontellas, Eva María Domínguez, do Club de Fútbol San Salvador de Budiño, Patricia Diz, que rixe o Clube Atletismo Porriño e Mercedes Díaz, presidenta da Club Patín Porriño, “todos eles punteiros nas súas categorías, dende as competicións galegas ata as internacionais e, o que é maís importante, referentes na formación de novas deportistas”.

Froito da laboura dos clubes do Porriño son os éxitos de deportistas como a palista Carla Pérez, a baloncestista Mónica Jorge, medalla de Prata na categoría sub-20 coa Selección Española no Europeo de Baloncesto de 2009; a triatleta Iria Rodríguez, recente medalla de Prata no Campionato de España de Triatlón Escolar; a atleta María Martínez, as promesas do balonmán, Aitana Santomé, e da ximnasia, Mónica Rodríguez, ou unha das máis grandes deportistas porriñesas de todos os tempos, Begoña Fernández, Medalla de Bronce coa Selección Española de Balonmán nos pasados Xogos Olímpicos de Londres 2012.

Grazas á súa entrega e ao seu talento, dentro dunha semana, O Porriño atraerá a mirada de todo o deporte español ao acoller a Fase Final da Copa da Raiña de Balonmán na cal, durante tres días, competirán as mellores equipos de España e moitas das mellores xogadoras europeas, entre elas as porriñesas.

A XUNTA REITERA A SÚA VONTADE DE COLABORAR PARA MELLORAR O SERVIZO DE AUTOBÚS URBANO DESDE VIGO AO AEROPORTO DE PEINADOR

  • O Comité de Coordinación Aeroportuaria puxo de manifesto que esta é a terminal galega á que menos viaxeiros chegan en autobús, posto que se trata dun servizo pouco atractivo para os viaxeiros
  • A directora xeral de Mobilidade propúxolle o pasado febreiro ao concelleiro de Fomento manter unha xuntanza para abordar esta colaboración, para o que a Xunta precisa dispor de información relativa a usuarios, horarios e frecuencias

 

Vigo, 7 de abril de 2016.- A Xunta de Galicia reitera a súa vontade de colaborar para mellorar o funcionamento do servizo de autobús urbano que conecta o centro de Vigo co aeroporto de Peinador. A conexión da cidade coa terminal aeroportuaria realízase a través dunha liña de titularidade municipal, polo que todo reforzo do servizo pasa pola imprescindible implicación do Concello de Vigo que, como titular da liña é o responsable de fixar horarios e frecuencias.

Esta situación é diferente en Santiago, onde a liña de autobús que chega ao aeroporto de Lavacolla é interurbana e, polo tanto de titularidade autonómica. Polo tanto, a Xunta dispuxo de plena capacidade competencial para reforzar este servizo de forma directa coa empresa titular da concesión, sen participación do Consistorio. Hai que ter en conta, ademais, que esa liña forma parte do Plan de Transporte Metropolitano de Santiago, o que engade beneficios para os usuarios.

Na última reunión do grupo de traballo do Comité de Coordinación Aeroportuaria celebrado no aerporto de Peinador  se puxo de relevo que esa é a terminal galega á que un menor porcentaxe de viaxeiros accede en autobús, posto que se trata dun servizo pouco atractivo para os viaxeiros.

 

Por ese motivo, a directora xeral de Mobilidade remitiu un escrito ao Concello de Vigo o pasado 25 de febreiro, dirixido ao concelleiro de Fomento, manifestando a vontade do Goberno galego de colaborar coa mellora dese servizo e propondo a celebración dunha xuntanza na que abordala. Esa reunión resulta necesaria porque ao non ser titular da liña, a Xunta carece de información relativa a usuarios, horarios e frecuencias, que debe facilitar o Concello de Vigo para a partir de aí analizar as vías de optimización.

A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN ACOMPAÑA A ALUMNOS DE SECUNDARIA DO PORRIÑO Á EXPOSICIÓN ‘DE CASTELAO AO MAÑÁ. UNHA OLLADA AO CÓMIC GALEGO’

CASTELAOA concelleira de Educación, Lourdes Moure, acompañou este xoves a alumnas e alumnos d 3º e 4º de Secundaria do Colexio ‘Hermanos Quiroga’ á súa visita á exposición”De Castelao ao mañá. Unha ollada ao cómic galego”, aberta o pasado 31 de marzo, coa presenza da alcaldesa, Eva García de la Torre, e que permanecerá no Centro Cultural ata o vindeiro día 21.

A exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra para celebrar o ‘Ano Castelao’, iniciou no Porriño o seu percorrido pola provincia con obras de Kiko da Silva, José Domingo, Miguelanxo Prado, Mar Abad o David Rubín.

A concelleira de Educación subliñou que “esta exposición da a coñecer unha das facetas artísticas máis descoñecidas de Castelao e vencella a mesma coas obras de autores actuais”. “De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego” céntrase na produción do xenial pensador, político, médico, debuxante, escritor, escultor e pintor, nos primeiros anos da súa traxectoria na que foi quen de amosar unha mirada do mundo do arte coma un xeito máis de expresión e do propio sentir de Castelao quen, por medio do debuxo, amosou o seu compromiso coa arte e a lingua galega.

As rapazas e rapaces puideron comprobar que, para facer a visita á exposición máis completa e accesíbel, puideron facer uso do sinal QR, ademais de atender ás explicacións orais e escritas e ás explicacións na linguaxe de sinais, cumprindo co deber de facer accesíbeis os contidos para toas e todos os veciños.

Seguindo a solicitude da Deputación e do Concello, que se suma deste xeito á campaña nas Redes Sociais para difundir o sinal co que se nomea a Castelao na linguaxe de sinais, os asistentes fixéronse unha foto “sinalando” a Castelao que poden subir a Twitter con la etiqueta #signaCastelao.

O sinal consiste en colocar os dedos índice e polgar facendo un círculo sobre un dos ollos, referido ás gafas redondas que levaba Castelao.

 

O CONCELLO DO PORRIÑO ORGANIZA ‘XUVENTUDE EN VALORES 2016’ DIRIXIDO A PRETO DE 1.000 ALUMNAS E ALUMNOS DOS CENTROS PORRIÑESES DE SECUNDARIA

O Concello do Porriño, en colaboración  cos centros de Educación Secundaria IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro e CPI Ribeira, organiza, dende o vindeiro 18 de abril e ata o 8 de xuño, un ciclo de 42 charlas, obradoiros e cursos formativos  dentro da I Edición do Programa “Xuventude en Valores 2016’, dirixido a 942 rapazas e rapaces.

Os obxectivos destas iniciativas son: formar ao alumnado en valores, actitudes e habilidades sociais que axuden a reducir a aparición de futuras condutas de risco, exactamente coñecer  qué tipo de valores son os que sustentan e acompañan as condutas saudables.

Eliminar ideas negativas, estereotipos, prexuízos acerca doutras razas, culturas ou da homofobia de xeito que as alumnas e alumnos de Secundaria coñezan que na nosa sociedade actual, coexisten valores e contravalores, así como modelos de comportamento social.

En base a iso os programas e obradoiros serán os seguintes: ‘Non sexas bocachancla’, sobre comportamento nas Redes Sociais; ‘O meu corpo é meu’, sexualidade responsábel; ‘Drogas, tabaco e alcohol, cómo montamos a festa sen desmontarnos a vida’; ‘A dinámica da risa’; ‘Racismo’, tomando coma punto de partida a música e o  cine, coa proxección da película ‘Crash’ e, en base a ela, un debate; ‘Igualdade’.

No desenvolvemento deste programa, ten especial importancia xerar reflexión e debate de forma participativa co alumnado.

 

A XUNTA INVISTE MÁIS DE 103.000 EUROS PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA NA PO-264 E EN DÚAS SENDAS PEONÍS NA PO-244, EN SOUTOMAIOR

 07042016_Soutomaior2

  • O conselleiro e o alcalde cangués abordaron temas como a aula de estimulación temperán, programas de inclusión e estímulo social ou o comedor social de Cangas

 

Santiago, 7 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou esta mañá coa rolda de entrevistas que está a manter dende o pasado mes de novembro cos rexedores dos concellos galegos co fin de mellorar as prestacións no eido social.

 

A Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio e de cada comunidade de veciños. Neste caso, o titular autonómico celebrou unha reunión de traballo co alcalde do Concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela.

 

Na  xuntanza que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde abordaron temas como a aula de estimulación temperán, programas de inclusión e estímulo social ou o comedor social de Cangas. Nesta liña acordaron traballar en conxuntamente co obxecto de mellorar a atención social dos cidadáns da vila do Morrazo. Así mesmo, analizaron a situación do Servizo de Axuda no Fogar que na actualidade conta co 61,81% da ratio de atención.

 

 

POLÍTICA SOCIAL CONTINÚA COA LIÑA DE COLABORACIÓN COS CONCELLOS GALEGOS PARA MELLORAR A ATENCIÓN SOCIAL DOS CIDADÁNS

  • O conselleiro e o alcalde cangués abordaron temas como a aula de estimulación temperán, programas de inclusión e estímulo social ou o comedor social de Cangas

 

13,00 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela. No despacho do conselleiro.   foto xoán crespo 07/04/16

13,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela. No despacho do conselleiro.
foto xoán crespo
07/04/16

Santiago, 7 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou esta mañá coa rolda de entrevistas que está a manter dende o pasado mes de novembro cos rexedores dos concellos galegos co fin de mellorar as prestacións no eido social.

 

A Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio e de cada comunidade de veciños. Neste caso, o titular autonómico celebrou unha reunión de traballo co alcalde do Concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela.

 

Na  xuntanza que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde abordaron temas como a aula de estimulación temperán, programas de inclusión e estímulo social ou o comedor social de Cangas. Nesta liña acordaron traballar en conxuntamente co obxecto de mellorar a atención social dos cidadáns da vila do Morrazo. Así mesmo, analizaron a situación do Servizo de Axuda no Fogar que na actualidade conta co 61,81% da ratio de atención.

 

 

MÁIS DE 5.000 MOZOS E MOZAS UTILIZARON OS RECURSOS E PROGRAMAS DO ESPAZO XOVE DE TUI NO 2015

  • A directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, visitou o centro para coñecer de primeira man as actividades que desenvolven
  • A nosa comunidade autónoma conta cun Coordinador de Información Xuvenil en Santiago e un total de doce Espazos Xove repartidos pola xeografía galega

 

Tui (Pontevedra), 7 de abril de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe as instalacións do Espazo Xove de Tui. Un recurso que empregaron máis de 5.000 mozos e mozas durante o pasado ano segundo os datos presentados na memoria de actividades do centro. Durante a visita, a titular do departamento autonómico, coñeceu de primeira man as actividades que se desenvolven nesta instalación, que forma parte de Rede galega de información xuvenil. Do total de usuarios, 35 corresponden aos músicos dos distintos grupos e solistas que utilizan o local de ensaio co que tamén conta o Espazo Xove.

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, conta cun Coordinador de Información Xuvenil en Santiago e un total doce Espazos Xove, nos concellos de Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Chantada, Vilalba, Viveiro e Ourense. Todas elas son oficinas de información xuvenil e de recursos para a mocidade nas que se desenvolven actividades formativas, culturais, deportivas, creativas e artísticas, de lecer e do eido do tempo libre e voluntariado.

 

Ademais, estes centros tamén colaboran coas asociacións xuvenís, centros educativos e entidades no asesoramento, posta en marcha e realización de actividades dirixidas aos mozos e mozas. Contan con espazos expositivos, de ocio e dotados con equipamento informático a disposición dos usuarios.

 

Así mesmo, son centros que participan no proxecto SIX+ Garantía Xuvenil, que ten como finalidade dar soporte e información aos mozos e mozas sobre o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, especialmente no referente ao proceso de solicitude de inscrición. Tamén expiden para a mocidade o Carné Xove, o Carné de alberguista, o Carné de Estudante Internacional (ISIC), o Carné de Profesor Internacional (ITIC) e o Carné Internacional para Non Estudantes (IYTC).

 

Cecilia Vázquez sinalou que en conxunto, ao longo do 2015, estes trece centros levaron a cabo máis de 200 actividades propias e en colaboración con distintas entidades, sumando máis de 150.000 usuarios.

 

 

Nic Fanciulli announces ‘We Are The Night’ monthly residency @ Pacha, Ibiza

Nic Fanciulli comes to the white isle for 5 very special dates this season with ‘We are the Night’, as part of the INSANE residency series

Get tickets here: http://bit.ly/InsanePacha2016
Stay updated: www.pachaibiza.com
unnamed

With summer already on the horizon, Nic Fanciulli is proud to announce the launch of a brand new monthly Ibiza residency, ‘We Are The Night’ – with five dates at legendary Ibiza venue, Pacha, as part of the INSANE residency series.

Kicking off the new residency on June 3rd, ‘We Are The Night’ will return in July, August and September, before drawing things to a close on October 7th, with each party defined by exciting, thoughtfully-curated line-ups and a raft of extra special guests – as only Nic knows how.

With full details to be revealed in the coming weeks – as well as news of Nic’s long-awaited debut artist album and 2016’s instalment of his weekend festival, The Social – ‘We Are The Night’ marks a bold new chapter in his relationship with Ibiza, following two hugely successful ‘La Familia’ residencies in 2014 and 2015.

###

For more information on Nic Fanciulli, see below:
Nic Fanciulli | Facebook | Twitter | Soundcloud