Archive | abril 11, 2016

Concello de Vigo

Caballero amosa a súa preocupación polas consecuencias da marcha de Maersk a Marín

O alcalde considera que o traslado da actividade da armadora danesa ao porto de Marín é «o golpe máis forte que recibiu o porto de Vigo na súa historia», polo que lle propón ao presidente da Autoridade Portuaria que convoque ao Consello de Administración e urxe á Xunta e ao Ministerio a que actúen.

 


O alcalde propón a búsqueda de terreos para un campo de rugby na cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu hoxe a unha representación do equipo Universidade de Vigo de rugby, que mañá partirá a Nova Zelanda.

CIG-Servizos manifesta preocupación pola continuidade do traballo tralas cesións de Linorsa a Mantelnor

A Federación comarcal de Servizos da CIG de Vigo manifesta a súa preocupación tanto pola falta de transparencia no procedemento como pola posibilidade de que non se subrogue a todo o persoal trala cesión por parte de Linorsa das concesións de limpeza de colexios públicos e de instalacións municipais a Mantelnor S.L.U.
A CIG-Servizos manifesta, así mesmo a súa “sorpresa” por esta “tramitación express” do servizo por parte do Concello de Vigo a unha empresa semi-descoñecida e de escasa implantación, pertencente ao grupo Nortempo. Teme, así mesmo, que se poñan en risco os postos de traballo ao non existir unha listaxe de traballadores/as na documentación aportada, así como á calidade do servizo.
Por todo isto, a federación vai solicitar ao Concello de Vigo unha listaxe por escrito de todo o persoal que cedido a Mantelnor, alén dunha reunión coa propia Linorsa para aclarar unha situación “caótica”. Lembran finalmente que, a día de hoxe, ambos comités de empresa carecen da mínima información sobre o que vai suceder.

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL ASISTE AO ACTO DE CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA ENFERMIDADE DE PARKINSON

  • _A9A5512José Manuel Rey Varela amosou o apoio decidido do seu departamento e da Xunta de Galicia en promover as condicións necesarias para a integración real dos afectados por esta doenza
  • “A conmemoración desta data representa unha oportunidade única para concienciar e sensibilizar á poboación”, afirmou o titular da carteira autonómica

 

Ferrol, 11 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu hoxe ao acto de conmemoración do día mundial da enfermidade de Parkinson na delegación territorial da Xunta de Galicia en Ferrol.

 

A entidade apoia aos enfermos de Parkinson e ás súas familias para mellorar a súa calidade de vida a través de información e asesoramento, de terapias rehabilitadoras específicas e da sensibilización da sociedade. No transcurso do acto, o titular da carteira autonómica destacou a importancia da concienciación social con respecto a esta doenza, non só nesta data, senón os 365 días do ano, xa que está considerada como o segundo trastorno neurolóxico en persoas maiores de 65 anos. “A conmemoración hoxe desta xornada representa unha oportunidade única para concienciar e sensibilizar á poboación da incidencia desta enfermidade e das súas consecuencias para aqueles que viven con ela”, afirmou Rey Varela.

 

“A pesar dos avances no tratamento desta enfermidade nos últimos anos, queda moito camiño por percorrer”, asegurou o conselleiro. Por elo, Rey Varela como representante nesta xornada da Xunta de Galicia, amosou o apoio decidido da administración autonómica en promover as condicións necesarias para integración real e efectiva dos enfermos de Parkinson, tanto na vida social como na laboral.

 

A nivel autonómico, Parkinson Galicia realiza preto de 23.000 intervencións ao ano das que se benefician 400 usuarios que realizan actividades como fisioterapia grupal, hidroterapia, logopedia e obradoiros de relaxación, escritura ou estimulación cognitiva.

 

 

 

 

A XUNTA CONVOCOU AO CONCELLO DE VIGO A UNHA REUNIÓN ESTE MARTES PARA ABORDAR O PROXECTO DA ESTACIÓN INTERMODAL

  • A directora xeral de Mobilidade recibiu o día 6 de abril a confirmación do goberno local da súa asistencia á “celebración dunha reunión pola estación intermodal” no día de mañá á que acudirían a concelleira de Transportes e a súa xefa do servizo
  • A Xunta remitiu ao Concello un orde do día acorde co obxecto acordado para a reunión
  • O Goberno galego está a avanzar actualmente na redacción do proxecto construtivo da nova terminal de autobuses para que Vigo sexa a primeira cidade de de Galicia con estación intermodal
  • A Xunta entende que lle corresponde ao Concello de Vigo dotar de accesos a estación, igual que no resto das intermodais en desenvolvemento, máis aínda tendo en conta que actualmente os autobuses urbanos non poden acceder á terminal ferroviaria

 

Vigo, 11 de abril de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da  Consellería de Infraestruturas e Vivenda, convocou para a tarde de mañá ao Concello de Vigo a unha reunión para abordar o proxecto da estación intermodal.

 

Coma así amosan as distintas comunicacións remitidas, a Dirección Xeral de Mobilidade se puxo en contacto co concelleiro de Fomento, David Regades, o pasado 4 de abril para intentar retomar as conversas pendentes con respecto ao proxecto da estación intermodal ofrecendo a posibilidade de manter un encontro en Santiago e propoñendo, ademais, os días 11, 12 ou 13 deste mes segundo se adaptase mellor a súa axenda.

 

Esta comunicación foi contestada o día 6 de abril por parte da xefa do servizo de transportes do Concello de Vigo confirmando a disposición do goberno local “en relación coa celebración dunha reunión pola estación intermodal” para o martes 12 e sinalando ademais que asistirían ela mesma e a concelleira delegada de Transportes, Ángeles Marra.

 

Posteriormente, a Xunta remitiu ao Concello de Vigo un orde do día da xuntanza acorde ao obxecto da reunión acordada entre ambas as Administracións.

 

O Goberno galego está a avanzar actualmente na redacción do proxecto construtivo da nova estación de autobuses de Vigo que, integrada na terminal ferroviaria, fará desta cidade a primeira de Galicia con estación intermodal.

 

De acordo co modelo que se está a seguir nas cidades da Coruña, Santiago e Ourense, no caso de Vigo, a Xunta entende que é responsabilidade do Concello dotar de accesos ao novo complexo, máis aínda tendo en conta que eses accesos darán servizo tamén á terminal ferroviaria –á que actualmente non poden acceder os autobuses urbanos- e ao centro Vialia proxectado.

 

Cabe lembrar que a Dirección Xeral de Mobilidade solicitou o pasado mes de febreiro outra xuntanza ao concelleiro de Fomento para abordar a colaboración entre a Xunta e a Administración local para mellorar o funcionamento do servizo de autobús ao aeroporto de Peinador. Esa solicitude de reunión polo momento non foi contestada.

 

A Xunta de Galicia amosa así a súa sorpresa polas declaracións feitas esta mañá polo alcalde da cidade, Abel Caballero, posto que non se tivo contestación ata o día de hoxe e a través das mesmas verbas do rexedor, que pretenden confundir á cidadanía. O encontro que se celebrará mañá non se convocou cun obxecto diferente ao da estación intermodal.

 

Cuestión distinta é a reunión que a Xunta solicitou a finais do mes de febreiro co fin de avanzar e impulsar na conectividade do servizo do transporte urbano co aeroporto de Peinador que, a día de hoxe, non obtivo resposta. Nesa misiva, o Goberno galego xa amosaba a súa total disposición e colaboración para mellorar o servizo da liña urbana de autobús ao aeroporto, da que é titular o Concello de Vigo.

 

 

O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO PARTICIPA NO ACTO CONMEMORATIVO POLO DÍA MUNDIAL DA ENFERMIDADE DE PARKINSON

  • Ignacio López-Chaves acompañou esta tarde aos responsables da Asociación Párkinson Vigo no Centro Sociocomunitario do Calvario

 20160411_171416_resized

Vigo, 11 de abril de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta tarde no acto conmemorativo polo Día Mundial do Parkinson que a Asociación Parkinson Vigo organizou no Centro Sociocomunitario do Calvario.

 

López-Chaves gabou o traballo que a asociación realiza en Vigo tanto cos enfermos coma cos seus familiares co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida ademais de amosar todo o apoio do Goberno galego co traballo de sensibilización e concienciación social con respecto a esta doenza.

 

“Temos que telo presente non soamente hoxe senón tamén os 365 días do ano”, considerou o delegado, quen matizou que se vai mellorando no tratamento pero recoñecendo que “aínda queda moito por facer”. Deste xeito, amosou o apoio decidido da Administración Autonómica para promover as condicións necesarias “para lograr unha integración real e efectiva” dos enfermos de Parkinson, tanto na vida social como na laboral.

 

 

 

 

 

Unha empresa contratada polo Concello do Porriño empezou coa limpeza do Louro este luns, día 11

Limpieza Rio Louro 001O Goberno Local do Porriño ven de contratar os servizos dunha empresa que, dende este luns, empezou a limpar as beiras do río Louro. Os especialistas iniciaron o traballo na Ponte de Riego cara ao albergue, nos dous lados dos río ao tempo.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, informa de que o Concello encargou, ademais, un estudo que ten que sinalar “polo miúdo” cales son as deficiencias do paseo, do propio canle do río, a caída de árbores e a acumulación de lixo no treito do río.

Eva García de la Torre agradece o labor dos veciños e a iniciativa posta en marcha para limpar o Louro, pero subliña que o Concello non pode deixar de cumprir coa súa obriga e, tampouco, “deixar de exixir á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que asuma as súas competencias e o custo que terá o saneamento e limpeza do río”.

A alcaldesa engadiu que o Concello non pode permitir que veciños e voluntarios corran riscos que poden poñer en perigo a súa integridade e, insiste, os servizos locais son os que deben de “asumir o mantemento dos espazos públicos e ter os mesmos en perfectas condicións”.

JOSÉ MANUEL REY VARELA CONTINÚA A ROLDA DE ENCONTROS COS ALCALDES GALEGOS PARA COORDINAR A ACTUACIÓN SOCIAL A LEVAR A CABO NOS CONCELLOS NOS VINDEIROS ANOS

 

  • _A9A5493Conselleiro e alcalde estudaron novas vías de traballo respecto ao previsto Punto de Atención á Infancia local e valoraron o actual estado e futuro do edificio dedicado a Residencia Xeriátrica e Centro de Día

 

Ferrol (A Coruña), 11 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa apostando polo diálogo con todas as institucións públicas de Galicia e afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos.

 

A Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio e de cada comunidade de veciños. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do concello coruñés de Cariño, José Miguel Alonso Pumar.

 

Na xuntanza, que tivo lugar no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, o conselleiro e o alcalde de       Cariño sinalaron a importancia do Servizo de Axuda no Fogar cunha ratio de atención do 65,83%. Ambos mandatarios comprometéronse ademais a subir esta atención ata o 100%, así como a estudar novas vías de traballo respecto ao previsto Punto de Atención á Infancia local. Nesta liña, conselleiro e rexedor valoraron o actual estado e futuro do edificio dedicado a Residencia Xeriátrica e Centro de Día.

 

O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL VISITA AOS BENEFICIARIOS DA ACCIÓN FORMATIVA “PREPARACIÓN DE COMPENTENCIAS CLAVE- NIVEL 2”

  • Arturo Parrado destacou a importancia da celebración deste tipo de programas que permiten o acceso ao mundo laboral de persoas en risco de exclusión

 

A Estrada (Pontevedra), 11 de abril de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe aos beneficiarios da acción formativa “Preparación de competencias clave- nivel 2” que se leva a cabo coa participación dos equipos de Inclusión Social dependentes do Consorcio Galego para a Igualdade e o Benestar dependentes á súa vez de dita Dirección Xeral.

 

A acción formativa ten como obxectivo que os e as participantes teñan acceso aos certificados de profesionalidade ou á formación AFD con certificado de profesionalidade. Para elo, deberán superar previamente as competencias clave a través dunha proba que se realiza de xeito anual en Silleda. Os destinatarios e destinatarias destas accións son participantes incluídos no ficheiro de Inclusión Social da Xunta de Galicia e neste caso o grupo que participará na acción formativa pertence ao equipo de Inclusión de Lalín. Este curso se desenvolverá entre os días 4, 11, 18 e 25 de abril e 2, 9 e 16 de maio.

 

Na visita, á que tamén acudiu o xerente adxunto do Consorcio, Santiago Amor, e o alcalde da Estrada, Xosé Carlos López, o director xeral destacou a importancia deste tipo de actividades para conseguir o acceso e a  integración no mercado laboral das persoas que máis o precisan. “Coordinarse e traballar conxuntamente é o bo camiño para a consecución da igualdade de dereitos e oportunidades de acceso ao mundo laboral das persoas en risco de exclusión”, explicou Arturo Parrado.

 

Neste sentido, cómpre lembrar que no 2016 os recursos económicos destinados a Inclusión se incrementaron nun 25% con respecto ao ano 2015, chegando así a un orzamento de 86,5 millóns de euros.
 

O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL GABA O TRABALLO DA FUNDACIÓN SECRETARIADO GITANO EN PROL DA CONSECUCIÓN DA IGUALDADE NA SOCIEDADE

  • O director xeral de Inclusi—n, Arturo Parrado, asistir‡ ‡ apertura do curso de formaci—n na ‡rea de Comercio que acolle a Fundaci—n Secretariado Gitano

    O director xeral de Inclusi—n, Arturo Parrado, asistir‡ ‡ apertura do curso de formaci—n na ‡rea de Comercio que acolle a Fundaci—n Secretariado Gitano

    Nesta xornada deu comezo unha formación de comercio enmarcada no Programa ACCEDER co que colabora a Dirección Xeral

  • Arturo Parrado afirmou que “a poboación xitana segue a experimentar desvantaxes sociais, por elo a Xunta de Galicia traballa para eliminar estas barreiras e conseguir unha sociedade inclusiva”

 

Santiago, 11 de abril de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a sede da Fundación Secretariado Gitano (FSG) na capital galega, na que tivo oportunidade de coñecer de primeira man as actividades e programas que desenvolve a entidade en prol da integración e igualdade social. O titular do departamento autonómico estivo acompañado pola directora territorial de FSG Galicia, Eva Vera e pola directora do departamento de emprego, Arantza Fernández.

 

Nos últimos anos, este colectivo avanzou en importantes campos como o da escolarización e a incorporación de mozos e mozas á universidade. Sen embargo, explicou Parrado, “a poboación xitana segue a experimentar desvantaxes sociais, por elo a Xunta de Galicia traballa para eliminar estas barreiras e conseguir unha sociedade igualitaria e inclusiva”.

 

Parrado destacou a gran labor que a entidade leva a cabo en prol da integración das persoas xitanas. Precisamente, dentro de esa labor de inclusión, nesta xornada comezaba na sede unha formación de comercio de produtos frescos na área de supermercados, unha acción enmarcada no Programa ACCEDER que a Dirección Xeral de Inclusión Social apoia dende o ano 2003 a través dun convenio de colaboración.

 

Dende a Xunta de Galicia estanse a levar a cabo accións que faciliten a permanencia nos estudos do alumnado xitano e a formación ao longo de toda a vida, o reforzo e o coidado da saúde e o acceso á vivenda normalizada. Todas estas medidas se enmarcan na Estratexia de Inclusión Social da Poboación xitana en Galicia 2014-2020.

 

O director xeral lembrou que o pasado venres 8 de abril, se celebrou o Día Internacional do Pobo Xitano, unha efeméride á que a Xunta de Galicia se sumou como exemplo da valoración da diversidade co obxectivo de acadar unha igualdade de oportunidades efectiva de todas as persoas.

 

AIR NOSTRUM RECUPERA PARIS‏

Este verano Vigo retomará su conectividad con París, si no se tuerce nada.

Será a cambio de sacrificar la ruta con Bruselas, cuya demanda ha quedado herida tras los atentados que ha sufrido la capital belga. Por ello, y por si hubiese problemas de operatividad, Air Nostrum ha ofrecido al Concello operar la ruta entre Vigo y París en sustitución de la ruta este año 2016.

El enlace sería con el aeropuerto de Charles de Gaulle, y tendría la misma duración y las mismas frecuencias que el que estaba programado a Bruselas. La confirmación definitiva de este cambio está a expensas de que la mesa de contratación del Concello de su visto bueno, ya que la ruta de Bruselas formaba parte del paquete de rutas que Air Nostrum se adjudicó por concurso.

Aunque no sea con nuestra añorada Air France, puede que recuperemos la ruta a París.

Vuelos Vigo | abril 8, 2016 en 6:36 pm | Etiquetas: air nostrum, bruselas, paris, turismo, verano,viajes, vigo, vuelos | Categorías: NUEVAS RUTAS | URL: http://wp.me/pQXRv-1oZ