Archive | abril 12, 2016

A XUNTA SOLICÍTALLE AO CONCELLO DE VIGO IMPLICACIÓN PARA DOTAR A PRIMEIRA ESTACIÓN INTERMODAL DE GALICIA DOS ACCESOS NECESARIOS

  • 160412 reuniónMobilidadeOs representantes da Xunta reiteraron a plena disposición do Goberno galego de colaborar coa mellora do autobús municipal a Peinador e pedíronlle ao Concello que proporcione a información sobre frecuencias, itinerarios e demanda para poder planificar axeitadamente o reforzo do servizo
  • Helena de Lucas e Ignacio López-Chaves lamentaron que a reunión desta tarde servise para constatar que o Concello de Vigo non ten realizado trámite algún a prol da estación
  • lembraron que a Xunta financiará integramente a nova estación de autobuses, e o Goberno de España costeou a terminal ferroviaria e está a impulsar o centro Vialia, polo que cómpre que o Concello de Vigo facilite os accesos axeitados ao complexo
  • Sinalaron que a falta de accesos axeitados impide que actualmente os viaxeiros de ferrocarril poidan acceder ao recinto da estación de tren en bus urbano
  • Destacaron que os concellos da Coruña, Santiago e Ourense están comprometidos coa posta á disposición dos terreos e cos accesos da intermodal, en función das necesidades de cada caso

 

Vigo, 12 de abril de 2016.- A Xunta de Galicia solicitoulle hoxe ao Concello de Vigo a súa implicación para dotar a primeira estación intermodal de Galicia dos accesos axeitados para garantir a súa funcionalidade. Así o manifestaron a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e o delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, na xuntanza que esta tarde mantiveron na cidade olívica coa concelleira de Transportes e técnicos do Concello de Vigo.

 

Helena de Lucas e Ignacio López-Chaves lamentaron que a reunión desta tarde servise para constatar que o Concello de Vigo non ten realizado trámite algún a prol da estación, así como que os representantes da Administración local acudisen á xuntanza sen propostas sobre os dous temas a tratar.

 

A directora de Mobilidade e o delegado do Goberno galego lembraron que a Xunta financiará integramente a nova estación de autobuses, e o Goberno de España costeou a terminal ferroviaria e está a impulsar o centro Vialia, polo que  cómpre que o Concello de Vigo facilite os accesos axeitados ao complexo.

 

Segundo explicaron ese é o modelo que se está a seguir no impulso das estacións intermodais das outras cidades galegas con esta infraestrutura proxectada, de acordo coas competencias de cada Administración.

 

Así, destacaron que os concellos da Coruña, Santiago e Ourense están, en función das necesidades de cada caso, comprometidos coa posta á disposición dos terreos e cos accesos das respectivas estacións intermodais das súas cidades, a pesar de que o seu desenvolvemento está en fases previas  á de Vigo, xa en redacción de proxecto construtivo.

 

Lembraron que o Concello de Vigo sitou a estación intermodal entre os proxectos prioritarios para a cidade que debían garantirse logo da anulación do Plan Xeral e que foi o propio Goberno autonómico o que puxo sobre a mesa a solución urbanística para facer isto posible.

 

Polo tanto, reclamaron que a Administración local traduza ese interese prioritario na estación en traballo e implicación, no ámbito das súas competencias, para garantir que a cidade teña unha estación intermodal cos accesos precisos.

 

Puxeron de manifesto que os accesos non só afectan á terminal de autobuses, xa que a falta deles xa impide actualmente que os viaxeiros de ferrocarril poidan acceder ao recinto da estación de tren empregando o autobús urbano. Esta situación verase acentuada coa construción da estación de autobuses e o desenvolvemento do Centro Vialia que demanda o Concello.

 

Información para planificar o reforzo do autobús a Peinador

No encontro, ademais, os representantes da Xunta reiteraron a plena disposición do Goberno galego de colaborar coa mellora do autobús municipal que conecta o centro de Vigo co aeroporto de Peinador, logo de que se puxera de manifesto no Comité de Coordinación Aeroportuario que se trata dunha conexión escasamente atractiva para os usuarios. Tal e como puxeron de manifesto De Lucas e López-Chaves, ao tratarse dunha liña urbana, de titularidade municipal, cómpre que o Concello proporcione información precisa sobre as súas frecuencias, itinerarios e demanda para poder planificar axeitadamente o reforzo do servizo.

 

A DIRECTORA XERAL DE PARTICIPACIÓN CONTINÚA COA ROLDA DE ENCONTROS COS MOZOS E MOZAS QUE AMPLIARON AS SÚAS EXPERIENCIAS SOCIAIS E LABORAIS A TRAVÉS PROGRAMAS DE XUVENTUDE

  • 17,30 h.-   A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participará nunha xuntanza con concelleiros de Xuventude das comarcas de Santiago, Sar, Ordes e Barcala para trasladarlles a programación do 2016. No Centro Coordinador de Información Xuvenil (rúa Ramón Piñeiro, 17-19).  foto xoán crespo 12/04/16

    17,30 h.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participará nunha xuntanza con concelleiros de Xuventude das comarcas de Santiago, Sar, Ordes e Barcala para trasladarlles a programación do 2016. No Centro Coordinador de Información Xuvenil (rúa Ramón Piñeiro, 17-19).
    foto xoán crespo
    12/04/16

    O obxectivo da reunión celebrada hoxe en Santiago é mellorar as actuacións da administración autonómica no eido da mocidade

  • Cecilia Vázquez tamén se entrevistou con concelleiros de xuventude desta comarca para coordinar as políticas entre administracións

 

Santiago, 12 de abril de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza de traballo cos mozos e mozas que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro. O encontro tivo lugar no Centro Coordinador de Información Xuvenil da capital galega, e nel participaron rapaces e rapazas procedentes das comarcas de Santiago, Sar, Ordes e Barcala.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo recoller as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia. Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”.

 

Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha encontro con concelleiros de xuventude de ditas comarcas, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica e de presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

 

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez está a manter un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia así como cos responsables de xuventude dos concellos. As xuntanzas xa se celebraron en Chantada, Lugo, Noia, Melide, Ferrol, Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra e Santiago e nas vindeiras semanas terán lugar en Ourense, Vigo, Betanzos e Carballo.

 

 

 

O PORRIÑO CAPITAL ESPAÑOLA DO BALONMAN DENDE ESTE VENRES CO INICIO DA FASE FINAL DA COPA DA RAÍÑA

Dende o venres, día 15, e ata o domingo, día 17, O Porriño será a capital de España do balonmán: a vila do Louro acolle eses tres días a fase final da ‘Copa da Raína de Balonmán’ na que participan os 8 mellores equipos femininos do Estado. Nesta edición, ademais, por primeira vez na historia, paralelamente, os equipos cadetes -14 a 17 anos- dos mesmos clubes xogarán a ‘Minicopa’ da Raína, na que estarán as grandes promesas desta disciplina.

O campionato, organizado polo Concello do Porriño, a Federación Española de Balonmano, a Federación Galega de Balonmán e o Club Balonmano Porriño, contará coa participación do Rocasa que, como vixente campión, tiña asegurada a súa participación nesta fase final, o mesmo que o Balonmano Porriño, como organizador, aos que se sumarán o Bera Bera, Helvetia Alcobendas, Prosetecnisa Zuazo, Mecalia Atlético Guardés, Clínicas Rincón Málaga e Logroño Sporting La Rioja, que é o primeiro equipo da División de Honra Prata Feminina en chegar á fase final da Copa.

En total, os organizadores agardan a estancia no Porriño, durante os días previos e os propios do campionato, de máis de 3.000 persoas, para o cal a vila e en especial, as asociacións de comerciantes e de hostaleiros, que acolleron con entusiasmo esta cita, está xa preparada.

A Federación Española de Balonmano elixiu O Porriño como sede desta fase final por diante de cidades coma Valladolid ou San Sebastián unha decisión que, segundo subliñou o presidente da Federación premia o “gran traballo do Porriño no mundo do Balonmán o que o fai un lugar perfecto para acoller a Copa e Minicopa da SM a Raína”. Francisco Blázquez amosou a súa satisfacción por esta elección “dado o ben coñecido amor do Porriño polo noso deporte, pola súa estupenda afición e polo seu constante labor de formación de novas xogadoras que están chamada a ser as futuras ‘guerreiras’ do balonmán español”.
Para a alcaldesa, Eva García de la Torre que a final da Copa da Raiña se xogue no Porriño, “supón, en si mesmo, o premio á excelente serie de tempadas das nosas xogadoras, en todas as categorías e en todas as competicións”.

Os espectadores que se acheguen ao Porriño e todos os milleiros máis que sigan o campionato pola retransmisión en directo de Teledeporte de TVE, poderán gozar dos encontros de cuartos de final o venres, día 15, que enfrontarán, ás 12:00 h. ao Logroño Sporting La Rioja fronte ao Mecalia Atlético Guardés; ás 4 da tarde, o Helvetia Alcobendas mídese ao Balonmano Bera Bera; ás 6 será o choque entre Clínicas Rincón Málaga e Prosetecnisa Zuazo e, ás 20:00 h. será o o partido estrela, no que o Balonmano Porriño tentará vencer ao actual campión, o Rocasa Gran Canaria.

A XUNTA LEMBRA AO CONCELLO DE VIGO QUE O 1 DE XUÑO DEBE TER A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA DELIMITAR NO TERMO MUNICIPAL A ZONA DE AFLUENCIA TURÍSTICA QUE CONSIDEREN

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicou hoxe en rolda de prensa os trámites que debe facer o concello segundo a normativa vixente
  • O Concello debe facer unha proposta que teña o consenso do sector, aprobala no pleno e remitila despois á Xunta para publicala no DOG antes do 22 de xullo
  • De non facer este trámite, e segundo marca a lexislación estatal, haberá liberdade de horarios comerciais durante 5 anos en todo o termo municipal
  • Hai un prazo de 6 meses para levar a cabo o expediente dende que a cidade é considerada zona de afluencia turística, o que sucedeu o pasado 22 de xaneiro coa publicación dos datos no INE

20160412_RPComercio

Vigo, 12 de abril de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu esta mañá en rolda de prensa para lembrar ao Concello de Vigo que a nosa cidade superou as 600.000 pernoitacións, o que implica que Vigo pasa a someterse pola normativa que regula as zonas de gran afluencia turística, que se aplica ás cidades que no ano anterior superan ditas 600.000 pernoctacións.

 

Coma explicou, a Dirección Xeral de Comercio remitiu unha carta ao goberno local o pasado 15 de marzo para lembrarlle que a lei actual obriga ao Concello de Vigo a delimitar unha zona dentro municipio onde se poderá aplicar ese criterio de zona de gran afluencia turística. O INE publicou ditos datos de pernoitas o pasado 22 de xaneiro e, seguindo a normativa estatal vixente, a obriga do Concello pasa porque toda vez que superen as 600.000 pernoitacións “esa cidade debe presentar unha proposta do espazo que considera zona de afluencia turística na cal existirá liberdade de horarios comerciais”, dixo López-Chaves.

 

O delegado especificou que o trámite require primeiro unha proposta do concello na que indique “que parte do territorio municipal considera zona de afluencia turística, en qué período do ano o considera e o horario de aplicación”. Ademais, ten que ir acompañada de informes da Cámara de Comercio, de Federacións de Comerciantes, de Asociacións de  Consumidores e tamén de Organizacións Sindicais. “De aí fai falla a proposta do concello, que teña reunións con todos os sectores implicados para despois enviala a Xunta de Galicia”, relatou, matizando que o Goberno galego “ten que elaborar a aprobación desa proposta e publicala no DOG despois dos informes correspondentes de Turismo e  Comercio”. Este trámite, coma avisou o delegado, ten que facerse antes do 22 de xullo posto que, segundo a normativa, existe un prazo de 6 meses para levar a cabo o expediente dende que a cidade é considerada zona de afluencia turística, o que sucedeu o pasado 22 de xaneiro coa publicación dos datos no INE. “O 22 de xaneiro o INE indicou que Vigo superaba ese dato e automaticamente entra dentro das cidades designadas zonas de gran afluencia turística”. É por isto polo que lle pediu ao concello que “se poña a traballar” para presentar á proposta á Xunta de Galicia. De non ser así, advertiu López-Chaves, “durante 5 anos haberá liberdade de horarios comerciais en Vigo”.

 

Con todo, sinalou que a data “tope” para que o Concello de Vigo presente toda a documentación na Xunta de Galicia é o 1 de xuño. Deste xeito, considerou que o goberno local está a actuar con “pasividade” ante este asunto xa que o 15 de marzo se remitiu unha primeira comunicación ao concello e “dende esa data non houbo noticia” do goberno local. De aí que o pasado 8 de abril, a Dirección Xeral de Comercio volva a poñerse en contacto co Concello. “24 días despois remitimos outra carta fixando o 1 de xuño coma data tope para recibir toda a documentación, dar trámite e poder aprobalo antes do 22 de xullo”, explicou López-Chaves avisando de que se o concello “mantén a súa actual pasividade, en Vigo haberá liberdade de horarios comerciais durante 5 anos, e se non envía a súa proposta antes do 1 de xuño, tamén”. “O 45% do prazo de 6 meses que a lei ofrece para aprobar o expediente xa transcorreu sen que o concello iniciase a tramitación e se puxese en contacto coa Xunta, que lle ofrecemos a nosa colaboración”, apuntou.

 

O delegado finalizou así solicitando ao Concello que inicie a tramitación canto antes posto que ademais de ser necesario o consenso do sector, a proposta municipal ten que ter o visto bo do pleno municipal, quen debe aprobala por maioría. “Pasou o pleno de xaneiro, o de febreiro, o de marzo e non se fixo nada. Quedan unicamente os de abril e maio para que o Concello aprobe a súa proposta. Ten dous plenos para que elabore a proposta e se tramite”, considerou, avisando a continuación que “de non facer nada durante estes 2 meses, o comercio de Vigo pode camiñar cara a liberdade de horarios comerciais”, advertiu.

 

Por último, sinalou que noutras cidades –Coruña ou Burgos- xa se fixo elaborando propostas “que non afectaron ao pequeno comercio”. “O que lle pode afectar é que non se aprobe a proposta no pleno e non a envíen á Xunta”.

 

 

JOSÉ MANUEL REY VARELA CONTINÚA A ROLDA DE ENTREVISTAS COS REXEDORES GALEGOS PARA DESEÑAR A ESTRATEXIA SOCIAL A NIVEL AUTONÓMICO E LOCAL

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Val do Dubra, Antonio Negreira Noya.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Val do Dubra, Antonio Negreira Noya.

    O titular da carteira autonómica destacou que o bo camiño é o traballo coordinado da Xunta de Galicia co resto de administracións públicas para que as accións emprendidas cheguen aso galegos e galegas

  • Destacou o incremento de horas no Servizo de Axuda no Fogar á Dependencia

 

Santiago, 12 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social continúa apostando pola súa liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos. Deste xeito, o conselleiro José Manuel Rey Varela, insiste no diálogo cos entes municipais para optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións en beneficio dos galegos e galegas.

 

A Xunta de Galicia e os responsables das entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, reuniuse co alcalde de Val do Dubra, Antonio Negreira Noya.

 

Neste sentido os dous mandatarios contemplaron as posibilidades de cooperación futura que xa acadou importantes melloras nos servizos sociais destinados aos cidadáns como o incremento de 70 horas no Servizo de Atención no Fogar á Dependencia, acadando o total de 462 horas de atención. Este aumento repercute nos 9 beneficiarios actuais e sitúa o ratio de atención no 94,99%. Así mesmo, abordaron posibles vías de colaboración para a construción dunha nova infraestrutura social neste municipio coruñés.

 

Rey Varela fixo fincapé en que o bo camiño é o traballo coordinado e conxunto da Xunta de Galicia co resto de administracións públicas, para que todas as accións emprendidas cheguen aos veciños e veciñas dos concellos galegos.

 

 

Previsiones: Inauguración mañá do Play-Doc con Les Blank / Inauguración mañana de Play-Doc con Les Blank

Previsións / Previsiones: Inauguración mañá do Play-Doc con Les Blank / Inauguración mañana de Play-Doc con Les Blank

Les Blank inaugura mañá Play-Doc

A undécima edición de Play-Doc Festival Internacional de Documentais dá comezo mañá coa proxección de The Blues According to Lightin’ Hopkins, un dos máis celebrados filmes musicais de Les Blank, o grande trobador do cinema de non ficción. Retrato do magnífico bluesman do título, a obra destila a paixón polas raíces sonoras do folque americano que caracterizan a obra de Blank.

A película inaugura un ciclo dedicado á súa figura, no que destaca a estrea do filme A Poem is a Naked Person, que se poderá ver o sábado. Película censurada durante máis de corenta anos, xa foi definido por moitos coma o mellor documental de rock’n’roll da historia. O fillo de Les, Harrod, estará presente en todas as sesións para introducir os filmes e falar do cinema do seu pai.

Esta cinta comparte a proxección inaugural con Miss Ledya, primeiro filme de ficción galego, recentemente recuperado. A aposta polo cinema propio complétase coa proxección ás 23 horas de Os días afogados, de César Souto e Luis Avilés, sobre o asolagamento de varias vilas pola construción do encoro de Lindoso. Os seus autores compartirán co público a experiencia de rodar este proxecto, de próxima estrea en salas españolas.

As portas para a inauguración abriranse unha hora antes desta, ás 19:30.

POLÍTICA SOCIAL ABRE O PRAZO DE SOLICITUDES PARA QUE A MOCIDADE PARTICIPE NO PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL GALEUROPA QUE PEMITIRÁ REALIZAR PÁCTICAS FORMATIVAS EN 31 PAÍSES EUROPEOS

Estas prácticas poderán realizarse en calquera empresa ou entidade pública ou privada dos seguintes países: Lituania, Hungría, Letonia, Estonia, Turquía, República Checa, Croacia, Eslovenia, Bulgaria, Romanía, Portugal, Eslovaquia, Malta, Grecia, Bélxica, Luxemburgo, Chipre, Alemaña, Austria, Países Baixos, Italia, Polonia, Francia, Islandia, Suecia, Finlandia, Liechtenstein, Irlanda, Reino Unido, Dinamarca e  Noruega

  • O programa está dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos e a duración das prácticas formativas será de dous a catro meses consecutivos
  • A orde de convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado venres 8 de abril enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo e está dotada con 2.034.074,76 euros.

 

JOSÉ MANUEL REY VARELA SUMA UNHA NOVA CITA Á SÚA XEIRA DE ENCONTROS COS REXEDORES GALEGOS DE CARA A COORDINAR A POLÍTICA SOCIAL E OS SERVIZOS DESTINADOS AOS CIDADÁNS DE GALICIA

 

  • Ambos mandatarios analizaron a posibilidade de promover, na medida do posible, as infraestruturas sociais necesarias na localidade lucense e repasaron as accións que a Xunta de Galicia leva a cabo no municipio como o SAF ou as prazas existentes na escola infantil e no centro de día

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez-Blanco. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 12/04/16

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez-Blanco. No despacho do conselleiro.
foto xoán crespo
12/04/16

Santiago, 12 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo co alcalde de Pantón (Lugo), José Luis Álvarez. Estes encontros enmárcanse na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

 

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello lucense e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar os contactos para mellorar a atención aos cidadáns.

 

Neste sentido, alcalde e conselleiro estudaron medidas para mellorar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Así mesmo, repasaron as accións que a Xunta de Galicia leva a cabo na localidade, nomeadamente o incremento de 206 horas no Servizo de Axuda no Fogar á Dependencia, o que supón un total de 1.453 horas das que se benefician 34 veciños e veciñas. Con este incremento, a ratio de atención sitúase no 90,36%. Por outra banda, Pantón conta cunha escola infantil con 20 prazas públicas adscritas ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Esta oferta supón unha ratio de cobertura de prazas públicas en escolas infantís de máis do 95%. O Consorcio tamén xestiona as 40 prazas do centro de día ubicado no municipio.

 

 

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL CONTINÚA RECIBINDO AOS ALCALDES GALEGOS PARA PLANIFICAR A ESTRATEXIA SOCIAL DOS PRÓXIMOS ANOS

  • José Manuel Rey Varela destacou o incremento de horas no Servizo de Atención no Fogar á Dependencia, coas que a ratio de atención se sitúa no 99,67%

 

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de San Cibrao das Vi–as, Manuel Pedro Fern‡ndez Moreiras.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de San Cibrao das Vi–as, Manuel Pedro Fern‡ndez Moreiras.

Santiago, 12 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co obxectivo de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.

 

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández.

 

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa colaboración emprendida entre as dúas institucións que beneficia a todos os colectivos da sociedade. Así, Rey Varela destacou o incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar Dependencia, coas que se chega ao total de 912 horas das que se benefician un total de 26 veciños e veciñas. Isto supón un ratio de atención do 99,67%.

 

Nesta liña, os dous líderes apuntaron cara posibles novas vías de colaboración nos eidos dos maiores, xuventude, familia ou infancia.

 

A XUNTA CONVOCA POR TERCEIRA VEZ AO CONCELLO DE VIGO A UNHA REUNIÓN PARA FALAR DA ESTACIÓN INTERMODAL E DO TRANSPORTE

Tras a última comunicación de onte do Concello de Vigo na que prantexaba cambios na convocatoria do encontro acordada para o día de hoxe en Santiago, a Dirección Xeral de Mobilidade volveu trasladar ao goberno local a súa dispoñibilidade de manter a data e celebrar a reunión á mesma hora na Delegación da Xunta

  • O delegado territorial en Vigo, Ignacio López-Chaves, asegurou que a Xunta financiará o 100% da estación de autobuses
  • Corresponde ao Concello de Vigo dotar de accesos a estación, igual que no resto das intermodais en desenvolvemento, máis aínda tendo en conta que actualmente os autobuses urbanos non poden acceder á terminal ferroviaria
  • O Goberno galego está a avanzar actualmente na redacción do proxecto construtivo da nova terminal de autobuses para que Vigo sexa a primeira cidade de de Galicia con estación intermodal.