A XUNTA LEMBRA AO CONCELLO DE VIGO QUE O 1 DE XUÑO DEBE TER A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA DELIMITAR NO TERMO MUNICIPAL A ZONA DE AFLUENCIA TURÍSTICA QUE CONSIDEREN

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicou hoxe en rolda de prensa os trámites que debe facer o concello segundo a normativa vixente
  • O Concello debe facer unha proposta que teña o consenso do sector, aprobala no pleno e remitila despois á Xunta para publicala no DOG antes do 22 de xullo
  • De non facer este trámite, e segundo marca a lexislación estatal, haberá liberdade de horarios comerciais durante 5 anos en todo o termo municipal
  • Hai un prazo de 6 meses para levar a cabo o expediente dende que a cidade é considerada zona de afluencia turística, o que sucedeu o pasado 22 de xaneiro coa publicación dos datos no INE

20160412_RPComercio

Vigo, 12 de abril de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu esta mañá en rolda de prensa para lembrar ao Concello de Vigo que a nosa cidade superou as 600.000 pernoitacións, o que implica que Vigo pasa a someterse pola normativa que regula as zonas de gran afluencia turística, que se aplica ás cidades que no ano anterior superan ditas 600.000 pernoctacións.

 

Coma explicou, a Dirección Xeral de Comercio remitiu unha carta ao goberno local o pasado 15 de marzo para lembrarlle que a lei actual obriga ao Concello de Vigo a delimitar unha zona dentro municipio onde se poderá aplicar ese criterio de zona de gran afluencia turística. O INE publicou ditos datos de pernoitas o pasado 22 de xaneiro e, seguindo a normativa estatal vixente, a obriga do Concello pasa porque toda vez que superen as 600.000 pernoitacións “esa cidade debe presentar unha proposta do espazo que considera zona de afluencia turística na cal existirá liberdade de horarios comerciais”, dixo López-Chaves.

 

O delegado especificou que o trámite require primeiro unha proposta do concello na que indique “que parte do territorio municipal considera zona de afluencia turística, en qué período do ano o considera e o horario de aplicación”. Ademais, ten que ir acompañada de informes da Cámara de Comercio, de Federacións de Comerciantes, de Asociacións de  Consumidores e tamén de Organizacións Sindicais. “De aí fai falla a proposta do concello, que teña reunións con todos os sectores implicados para despois enviala a Xunta de Galicia”, relatou, matizando que o Goberno galego “ten que elaborar a aprobación desa proposta e publicala no DOG despois dos informes correspondentes de Turismo e  Comercio”. Este trámite, coma avisou o delegado, ten que facerse antes do 22 de xullo posto que, segundo a normativa, existe un prazo de 6 meses para levar a cabo o expediente dende que a cidade é considerada zona de afluencia turística, o que sucedeu o pasado 22 de xaneiro coa publicación dos datos no INE. “O 22 de xaneiro o INE indicou que Vigo superaba ese dato e automaticamente entra dentro das cidades designadas zonas de gran afluencia turística”. É por isto polo que lle pediu ao concello que “se poña a traballar” para presentar á proposta á Xunta de Galicia. De non ser así, advertiu López-Chaves, “durante 5 anos haberá liberdade de horarios comerciais en Vigo”.

 

Con todo, sinalou que a data “tope” para que o Concello de Vigo presente toda a documentación na Xunta de Galicia é o 1 de xuño. Deste xeito, considerou que o goberno local está a actuar con “pasividade” ante este asunto xa que o 15 de marzo se remitiu unha primeira comunicación ao concello e “dende esa data non houbo noticia” do goberno local. De aí que o pasado 8 de abril, a Dirección Xeral de Comercio volva a poñerse en contacto co Concello. “24 días despois remitimos outra carta fixando o 1 de xuño coma data tope para recibir toda a documentación, dar trámite e poder aprobalo antes do 22 de xullo”, explicou López-Chaves avisando de que se o concello “mantén a súa actual pasividade, en Vigo haberá liberdade de horarios comerciais durante 5 anos, e se non envía a súa proposta antes do 1 de xuño, tamén”. “O 45% do prazo de 6 meses que a lei ofrece para aprobar o expediente xa transcorreu sen que o concello iniciase a tramitación e se puxese en contacto coa Xunta, que lle ofrecemos a nosa colaboración”, apuntou.

 

O delegado finalizou así solicitando ao Concello que inicie a tramitación canto antes posto que ademais de ser necesario o consenso do sector, a proposta municipal ten que ter o visto bo do pleno municipal, quen debe aprobala por maioría. “Pasou o pleno de xaneiro, o de febreiro, o de marzo e non se fixo nada. Quedan unicamente os de abril e maio para que o Concello aprobe a súa proposta. Ten dous plenos para que elabore a proposta e se tramite”, considerou, avisando a continuación que “de non facer nada durante estes 2 meses, o comercio de Vigo pode camiñar cara a liberdade de horarios comerciais”, advertiu.

 

Por último, sinalou que noutras cidades –Coruña ou Burgos- xa se fixo elaborando propostas “que non afectaron ao pequeno comercio”. “O que lle pode afectar é que non se aprobe a proposta no pleno e non a envíen á Xunta”.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: