Erguer. Estudantes da Galiza valora moi positivamente o éxito acadado na folga estudantil de hoxe, mércores 13 de abril en Vigo, na que houbo un gran baleirado das aulas de todos os centros de ensino, tanto medio coma universitario, e unha enorme participación do estudantado na manifestación que tivo lugar en Vigo, saíndo ás 12:00 horas desde a Praza América.

Greve 13 abril- Vigo 2A Responsábel Nacional de Organización de Erguer. Estudantes da Galiza, Iria Figueroa, afirmaba que “as dezaoito mobilizacións que convocamos en todo o país foron un éxito absoluto”, ao que engadía que “Erguer. Estudantes da Galiza é a ferramenta que o estudantado galego precisaba para respostar aos ataques do estado español contra o ensino público con máis forza e máis unidade, e isto púidose ver claramente no decorrer das distintas mobilizacións convocadas para hoxe”.

Segundo informaban desde a organización estudantil que convocaba esta folga, en Vigo, a asistencia á manifestación foi de 750 persoas, e o responsábel de Erguer nesta zona afirmaba que “acadamos a total unidade do estudantado de Vigo , baleirando as aulas e enchendo as rúas e organizando a mocidade nesta loita contra os recortes no ensino público, a LOMCE e o Decreto do 3+2”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: