Archive | abril 14, 2016

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL CELEBRA O CUARTO ÁGORA XOVE BASEADO NO DIÁLOGO INTERCULTURAL, NA COHESIÓN SOCIAL E NO RESPECTO POLA DIVERSIDADE

  • IMG_9285Os asistentes ao evento realizado en Vigo tiveron a oportunidade de manter conversas con persoas coas que normalmente non terían contacto o que propiciou a ruptura de barreiras e o coñecemento doutras realidades
  • Os ÁgoraXove están destinados a membros de entidades, asociacións xuvenís ou grupos informais, antigos participantes nos programas de Xuventude, técnicos de xuventude e de emprego, concelleiros de xuventude, monitores e mozos e mozas en xeral
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou que “con iniciativas como esta, pretendemos establecer espazos de encontro, de coñecemento, de información e tamén de formación en habilidades, co obxectivo de fomentar a participación da mocidade”

 

Vigo, 14 de abril de 2016.- A Biblioteca Central da Universidade de Vigo acolleu hoxe o cuarto ÁgoraXove, un novo programa da Consellería de Política Social para fomentar e consolidar o protagonismo dos mozos e mozas a través da creación de foros que faciliten a súa participación na vida social, económica e cultural. A temática e o programa de actividades de cada un dos foros está deseñado en función das particularidades sociais, económicas e culturais do ámbito territorial no que se desenvolva. Deste xeito, o ÁgoraXove de Vigo contou cunha temática baseada no diálogo intercultural, a cohesión social e o fomento do respecto pola diversidade. O obxectivo era tratar de romper cos estereotipos, estigmas sociais, prexuízos e discriminacións, ademais de amosar outras realidades sociais presentes na nosa contorna.

 

Na práctica, o ÁgoraXove de Vigo ofreceu ao público a oportunidade de manter conversas con persoas coas que normalmente non terían contacto, e das que escoitaron a súa historia persoal para axudalos a romper as barreiras que puideran existir entre eles, amosándolles outras realidades. Este proceso lévase a cabo coa simulación dunha biblioteca na que o público fai a reserva do “libro humano” que quere ler e se lles asigna unha quenda de 15 minutos para que se leve a cabo a lectura en forma de conversa.

 

Os “libros humanos” serán un cooperante, unha persoa con diversidade funcional, un ex drogodependente, un emprendedor, unha muller vítima de violencia de xénero, un ex presidiario ou voluntarios que traballan con varios colectivos, entre outros. Ademais, os participantes poderán asistir á conferencia sobre “Educación non formal, Capital Social e Empregabilidade da Mocidade”, que impartirán os profesores Miguel A. Santos Rego e Mar Lorenzo Moledo.

 

Paralelamente a estas actividades centrais, os participantes terán á súa disposición unha zona de asesoramento sobre os principais programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Na inauguración deste ÁgoraXove, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, destacou que “con iniciativas como esta, pretendemos establecer espazos de encontro, de coñecemento, de información e tamén de formación en habilidades, co obxectivo de fomentar a participación da mocidade”. Vázquez Suárez definiu os ÁgoraXove como “espazos abertos para a creación de oportunidades mediante o intercambio e posta en común de ideas novidosas”.

 

O perfil dos participantes nos ÁgoraXove son membros de entidades, asociacións xuvenís ou grupos informais, antigos participantes nos programas de Xuventude, técnicos de xuventude e de emprego, concelleiros de xuventude, monitores e mozos e mozas en xeral. Estes foros tamén contarán cunha área de asesoramento sobre asociación e participación nos programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Ademais dos ÁgoraXove de Vilalba, da Universidade de Santiago, de Palas de Rei e da Universidade de Vigo xa celebrados, este programa tamén terá lugar nas vindeiras semanas en Ourense, A Estrada, Betanzos, Bergondo, Marín, Vilanova de Arousa, Curtis e Ferrol.

 

 

A XUNTA REITERA O SEU COMPROMISO DE FINANCIAR INTEGRAMENTE A NOVA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VIGO E SOLICÍTALLE AO CONCELLO QUE CUMPRA COA SÚA RESPONSABILIDADE DE DOTAR DE ACCESOS Á INTERMODAL

O Goberno galego financiará integramente a terminal de autobuses, como o Goberno de España costeou a ferroviaria e está a impulsar o centro Vialia, polo que  é obriga do Concello de Vigo facilitar os accesos axeitados ao complexo

  • Cómpre lembrar que ese é o modelo que se está a seguir no impulso das estacións intermodais das outras cidades galegas con esta infraestrutura proxectada, de acordo coas competencias de cada Administración
  • A Xunta destaca que a falta de accesos axeitados impide que actualmente os viaxeiros de ferrocarril poidan acceder á estación de tren en bus urbano.

 

elrow celebra su opening en Space Ibiza con un line-up de lujo y un nuevo show

El ansiado cartel incluye grandes nombres de las escena electrónica internacional como Groove Armada DJ set, Steve Lawler, Matador Live, Demarzo y muchos más.
Por primera vez, elrow se apodera de Space al completo.unnamed

Barcelona, 14 de abril de 2016.- elrow estrenará el verano el sábado 4 de junio en la fiesta más esperada del año, el opening, con un elenco de artistas de primera línea referentes de la escena electrónica internacional y una súper producción inspirada en las Olimpiadas que dará el pistoletazo de salida a la temporada de verano 2016, la primera en la que elrow conquista por completo el club, apoderándose de sus tres espacios.

La Main Room contará con dos invitados de lujo, como son el talentoso británicoSteve Lawler y el productor irlandés Matador Live, así como con los residentesMarc Maya, Mario Biani y Toni Varga. La puesta en escena de la sala principal trasladará al club al ambiente festivo de los Juegos Olímpicos de la Antigua Grecia y Roma, acelerando el ritmo cardiaco del público con una performance asombrosa en la que no faltarán recreaciones originales de algunas de las pruebas más representativas de la época como las luchas, las carreras, los saltos o las ofrendas de animales a los dioses de la antigüedad.

La mítica Terraza será escenario de dos de los platos fuertes de la velada: la sesión del dúo londinense Groove Armada DJ set en formato de ALL NIGHT LONG, y la premiere del nuevo show de elrow: elrowcity que invitará al público a viajar a las diferentes ciudades de origen del artista de la noche con elementos e iconos representativos de cada lugar y alocadas y estrambóticas performances que convertirán la pista de baile en un escenario de teatro callejero.

El público de la Sunset Terrace, por su parte, disfrutará de la exquisita selección musical de la marca más urbana y underground de elrow, Ker, que contará con la actuación del invitado especial, el multi-instrumentalista Demarzo, así como con las sesiones de sus residentes Tini Gessler, Alex Pott e Ion Pananides.

El cóctel explosivo lo completarán la euforia y el desenfreno de siempre con ración extra de confeti, colorido y sorpresas con el único objetivo de elrow: que el público se sienta protagonista de la función y baile y sea feliz durante toda la fiesta!

Las entradas para el opening ya están a la venta a través este enlace.
LINE UP

Main Room
Steve Lawler
Matador Live
Marc Maya
Mario Biani
Toni Varga

Terrace – elrowCity
Groove Armada DJ set (all night long)

Sunset Terrace – Kerr
Demarzo
Tini Gessler
Alex Pott
Ion Pananides

Acerca de elrow

El concepto innovador de elrow mezcla la música electrónica, un grupo variopinto de artistas de teatro, puestas en escena imposibles, personajes extravagantes y disfraces absurdos. Cada uno de los espectáculos de elrow (que ya son más de 25 y siguen creciendo) tiene su propia línea narrativa y temática. Su objetivo es crear una experiencia inmersiva en un mundo alternativo.

Desde el colorido y exótico  show ‘Sambódromo do Brasil’  al animado y caótico ‘El Bronx’, el público se traslada a un ambiente desenfadado, divertido, lleno de confeti y de absurdidad sarcástica.

EL PÚBLICO NO DESAPROVECHA LAS OFERTAS DEL SALÓN MOTOROCASIÓN, QUE YA VENDE SUS PRIMERAS UNIDADES

  • Los precios oscilan entre unos 3.000 euros de utilitarios urbanos hasta 109.000 euros de un modelo deportivo

IMG_2679dos

Algunos visitantes tempraneros cerraron ya esta tarde la compra de los primeros vehículos de ocasión al poco de la apertura del XVI Salón Motorocasión, que comenzó a las 16,00 horas en el IFEVI.

 

Esta edición albergará hasta 700 vehículos, entre coches y motos en los 17.000 m2 de superficie de los pabellones 1 y 2 del recinto ferial, a lo que hay que sumar además expositores de la industria auxiliar.

 

El certamen mantiene la misma estructura de stands que el Salón del Automóvil y Motocicleta, por lo que hay vehículos de casi medio centenar de marcas.

 

La oferta de precios es amplia y variada, osiclando entre los poco más de 3.000 euros de varios modelos, hasta 109.000 euros de un modelo deportivo, aunque la gran mayoría corresponde a vehículos seminuevos desde 10.000 euros y de gama media, pues es el segmento preferido por los compradores de vehículos de ocasión.

 

Igualmente, al ser concesionarios oficiales destaca la presencia de abundantes coches con kilómetro cero o automatriculados, así como vehículos de gerencia.

 

 

Motocicletas que se alquilan

 

En la parte expositiva de motos hay una importante gama de diferentes marcas y concesionarios con diversos modelos a la venta: scooters, sport, touring, raid y otros tipos, con poco kilometraje.

 

Además destaca la posibilidad de alquilar motocicletas por días, que algunos concesionarios cada vez están introduciendo más, bien para fines de semana o días sueltos para turistas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Garantías de concesionarios oficiales

 

Los compradores de un coche de segunda mano en Motorocasión tienen la ventaja de que los expositores presentes son concesionarios oficiales de las propias marcas, y por tanto tienen todas las garantías, prestigio y experiencia que eso supone.

 

En cada stand les aportarán los datos técnicos necesarios (historial del coche o moto, mantenimiento, prestaciones,..), sin olvidar que al menos existe 1 año de garantía -a diferencia de la compra/venta entre particulares-, además de otras posibles ventajas que se puedan negociar.

 

El horario de apertura al público de este salón será de 16,00 a 21,00 horas durante los días laborales, es decir hoy y mañana, mientras que el fin de semana las puertas estarán abiertas de 11,00 a 21,00 horas.

 

El precio de la entrada es de 4 euros, aunque los que hayan guardado la entrada del Salón del Automóvil y Motocicleta podrán acceder gratis, al igual que los menores de 10 años.

 

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

20160414-abanca-oe-vigo-2-5c6632ae O centro está dotado con equipamento tecnolóxico de última xeración que facilita a mobilidade e reduce tempos de espera e procesos

  • O persoal da oficina destaca polo seu alto nivel de especialización en áreas de negocio como comercio exterior, seguros e produtos de tesourería
  • Máis de douscentos empresarios asisten á inauguración da oficina, acompañados polos principais directivos do banco
  • A entidade prima este ano o negocio con pemes e empresas e prevé conceder 11.000 millóns en novo crédito a este segmento ata 2018

14.04.2016. ABANCA presentou hoxe a súa nova oficina de empresas en Vigo, coa que mellora o servizo a este segmento de clientes a través dunha atención máis personalizada, unha maior especialización e elementos tecnolóxicos de última xeración.

“Roedores” en Pontevedra

 

redrum Representación do espectáculo familiar “Roedores” da compañía Redrum Teatro que terá lugar no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, este domingo 17 de abril ás 18.30 h

Ademáis o luns 18 de abril, terán lugar dous representacións máis en horario de 10.00 e 12.00 h. para centros escolares.

Trátase dunha obra familiar con música en directo para rapaces a partir de 5 anos que trata de concienciar en valores de fomento da igualdade a través das aventuras dos seus protagonistas, o hámster Peludiño e a rata Munda. Está protagonizada polos actores Guillermo Carbajo e Laura Míguez, dirixida porAlex Sampayo e que leva xirado por distintos Concellos de Galicia cun grande éxito de público e crítica novembro de 2014. 

Este espectáculo enmárcase dentro das actividades do XVII Salón do Libro.

Na nosa páxina web podedes acceder a toda a información do espectáculo:

www.redrumteatro.wix.com/roedores

Ademáis, premendo nas seguintes ligazóns podedes acceder a unha fotografía en alta calidade, ao cartel, e ao video promocional respectivamente:

https://www.dropbox.com/s/7humxiefm3rbhvt/ROEDORES_03_MAYO_2015.jpg?dl=0

https://www.dropbox.com/s/77hqrvdd5h5t9km/ROEDORES_A3_MAYO_2015.jpg?dl=0

https://www.youtube.com/watch?v=lCq-zjaQ3xI

MÁIS DE 2.500 OPOSITORES DA XUNTA DE GALICIA REALIZARÁN O PRIMEIRO EXAME ENTRE O 27 DE MAIO E O 11 DE XUÑO

  • A Consellería de Facenda comunicou hoxe as datas de celebración dos exames, que varían en función da categoría
  • A proba máis numerosa é a de promoción interna ao corpo administrativo, con máis de 1.100 aspirantes, que terá lugar no recinto feiral de Silleda
  • O resto de probas celebraranse en Santiago

 

Santiago, 14 de abril de 2016.- Máis de 2.500 persoas que preparan oposicións á Xunta de Galicia realizarán o primeiro exame entre o 27 de maio e o 11 de xuño. A Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública, comunicou hoxe as datas de celebración das probas, que varían en función do proceso selectivo e ás cales hai un total de 2.568 persoas admitidas.

 

Do total de aspirantes, 2.012 opositores aspiran a unha praza a través do proceso de promoción interna. Esta é unha oposición restrinxida a funcionarios, que lles permite acceder a un posto de maior categoría; e que garante a promoción profesional cunha oposición menos esixente que a que afronta unha persoa non funcionaria para o mesmo posto.

 

Outras 443 persoas aspiran a unha praza na Escala Técnica de Finanzas –subgrupo A2- e 113 persoas aspiran a acceder á Escala Superior de Finanzas –subgrupo A1-, en ambos casos a través dunha oposición de acceso libre.

 

Destes seis procesos selectivos, a proba máis numerosa será a de promoción interna para o corpo administrativo, con 1.147 aspirantes admitidos. O primeiro exercicio terá lugar o vindeiro 27 de maio e, dado o número de aspirantes, celebrarase no recinto feiral de Silleda.

 

Tamén en promoción interna, o primeiro exercicio para o acceso ao corpo auxiliar celebrarase o 28 de maio na facultade de Económicas da Universidade de Santiago (USC), con 322 persoas admitidas; o de corpo superior será o 4 de xuño na facultade de Dereito da USC, con 86 admitidos; e o de acceso ao corpo de xestión será o 3 de xuño, tamén na facultade de Dereito da USC e con 457 persoas admitidas.

 

Acceso libre

Outros 556 opositores están chamados a realizar o primeiro exercicio para oposicións de acceso libre á Xunta de Galicia, ás que se pode presentar calquera persoa que quere traballar na Administración autonómica e cumpre os requisitos.

 

Na Escala Superior de Finanzas -subgrupo A1- hai 113 persoas admitidas, e a primeira proba realizarase o 11 de xuño na facultade de Económicas da USC, e na  Escala Técnica de Finanzas –subgrupo A2- hai 443 opositores admitidos, que realizarán o primeiro exercicio o 10 de xuño na facultade de Dereito da USC.

Pepe Solla imparte mañá en Afundación o obradoiro científico-culinario COCIÑAconCIENCIA

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acolle mañá, venres 15 de abril, de 18.00 a 20.00 h, na aula de cociña da Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26), o segundo obradoiro científico-culinario enmarcado dentro do proxecto COCIÑAconCIENCIA, que constará dun total de tres sesións impartidas polo recoñecido chef Pepe Solla. A iniciativa, á que asistirán 25 participantes, pretende concienciar a cidadanía dos riscos habituais que afectan á seguridade alimentaria, poñendo á súa disposición diversos instrumentos que contribúan a promover prácticas seguras de manipulación de alimentos no ámbito doméstico.

REY VARELA SITÚA Á DEMOGRAFÍA COMO O “PRINCIPAL RETO” E AMOSA O SEU COMPROMISO PARA “DEBUXAR UN POBO GALEGO CON MÁIS NENOS, MAIOR ESPERANZA DE VIDA E UNHA PIRÁMIDE POBOACIONAL RENOVADA

 

  • Anuncia que a Tarxeta Benvida “xa foi solicitada por 3.500 familias galegas” e que “case a metade destas familias xa goza dos seus beneficios”
  • Enumera outras medidas de dinamización demográfica como as deducións fiscais por nacemento ou adopción, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo, o incremento das prazas na rede pública de escolas infantís, a posta en marcha das Casas Niño no rural, o bono coidado, o bono concilia ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega
  • Lembra que a partir do vindeiro mes de xuño, Galicia liderará o Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREDD) e que a vindeira reunión do foro terá lugar no mesmo mes de xuño en Galicia

 

A Coruña, 14 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, situou na mañá de hoxe á cuestión demográfica como “o principal reto”. Así o fixo na clausura das xornadas organizadas polo grupo de análise e debate Colmeiro e que tiveron como tema principal a situación demográfica en Galicia. “Desde a  Xunta queremos debuxar un pobo galego con máis nenos, maior esperanza de vida e unha pirámide poboacional renovada”, engadiu.

 

Na clausura das conferencias que tiveron lugar no Club Financeiro Salvador de Madariaga da Coruña, o responsable da área social sinalou que a Xunta de Galicia porá “todo o esforzo e as ferramentas para conseguir dar un xiro á situación demográfica”. Nesta liña subliñou a importancia de medidas como o Programa de Apoio á Natalidade (PAN) e máis concretamente a Tarxeta Benvida, a axuda económica directa de 100 euros mensuais durante un ano para contribuír a sufragar os gastos básicos que supón o nacemento ou adopción dun fillo ou filla. O conselleiro anunciou que esta tarxeta “xa foi solicitada por 3.500 familias galegas” e que “case a metade destas familias xa goza dos seus beneficios”.

 

Así tamén, o titular de Política Social enumerou outras medidas de dinamización demográfica como as deducións fiscais por nacemento ou adopción, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo, o incremento das prazas na rede pública de escolas infantís, a posta en marcha das Casas Niño no rural, o bono coidado, o bono concilia ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega.

 

Líderes a nivel nacional

O conselleiro de Política Social lembrou asemade que a partir do vindeiro mes de xuño, Galicia liderará o Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREDD), un foro que está composto por oito Comunidades Autónomas que presentan balances demográficos negativos como Galicia, Castilla La Mancha, Castilla y León, Extremadura, Asturias, Aragón, Cantabria e La Rioja.

 

Ao fío desta idea, Rey Varela recalcou que a vindeira reunión deste foro terá lugar no mes de xuño en Galicia, “unha rexión que contempla a recuperación da demografía como un reto de presente, pero sobre todo, de futuro”. Afondando nesta idea apuntou que “o reto demográfico é un reto que ten Galicia desde hai anos pero que compartimos con outras comunidades gobernadas por partidos políticos diferentes” polo que avogou polo “consenso, o diálogo e a coordinación entre institucións para superar os problemas que nos afectan de xeito conxunto”.

O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO PRANTEXA AO CONCELLO QUE LLE CEDA O APARCADOIRO DE PORTA DO SOL PARA DESTINALO A RESIDENTES

O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, informou hoxe en rolda de prensa da adxudicación dunha nova obra en Subida ao Castelo, 12 que dará lugar a 4 vivendas máis

  • Tendo en conta os problemas de aparcamento que teñen os veciños e comerciantes e que o aparcadoiro de Porta do Sol leva pechado dende o mes de setembro, expuxo a posibilidade da cesión ao Consorcio “en condicións de explotación”
  • Incluso considerou que poderían ofrecerse “prezos de entre 60-70 euros a praza de aparcamento” para residentes da zona do Casco Vello
  • Opta por esta iniciativa tras non recibir resposta ao acordo do CCVV trasladado ao alcalde Abel Caballero o pasado 4 de febreiro para que “buscase fórmulas” que garantisen aos veciños a posibilidade de ter unha praza en condicións.