Archive | abril 18, 2016

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL SUMA UN NOVO ENCONTRO A SÚA ROLDA COS REXEDORES PARA ACADAR MELLORAS NA ATENCIÓN SOCIAL AOS GALEGOS E GALEGAS

  • 17,00 h.-              O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Malpica, Eduardo J. Parga Veiga.  foto xoán crespo 18/04/16

    17,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Malpica, Eduardo J. Parga Veiga.
    foto xoán crespo
    18/04/16

    Ambos mandatarios lembraron a apertura en setembro de 2015 da escola infantil de Malpica que conta con 3 unidades e 41 prazas ofertadas

  • Valoraron positivamente o incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar as 1.878 horas actuais

 

Santiago, 18 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social sumou no día de hoxe un novo encontro á rolda de xuntanzas que está a manter o titular da carteira autonómica, José Manuel Rey Varela. O obxectivo destas reunións de traballo é optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións de cara a acadar melloras na atención e nos servizos sociais destinados aos galegos.

 

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio coruñés de Malpica, Eduardo José Parga Veiga. No encontro tamén estivo presente o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

 

Na xuntanza, que tivo en San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa colaboración emprendida entre as dúas institucións que beneficia a todos os colectivos da sociedade. Deste xeito, ambos mandatarios lembraron a apertura en setembro de 2015 da escola infantil de de Malpica que conta con 3 unidades e 41 prazas ofertadas e na que se investiron máis de 400.000 euros; e valoraron positivamente o incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ata acadar as 1.878 horas actuais que benefician a 37 usuarios. Ademais, o conselleiro avanzou ao rexedor un novo aumento de horas no SAF. Así mesmo, Rey Varela e Parga Veiga, estudaron posibles melloras en infraestruturas sociais na localidade.

 

 

A ALCALDESA RECOÑECE ESTE MARTES O TRABALLO DOS ORGANIZADORES DA COPA DA RAIÑA DE BALONMÁN QUE FIXERON POSIBLE O SEU ÉXITO

SemifinalCopaREINA-1-48 (2)A alcaldesa, Eva García de la Torre, ofrecerá este martes, día, 19, as 14:30 h.,no Pavillón Municipal, unha recepción a todos os integrantes da Organización da Fase Final de Copa da Raíña, disputada dende o venres ao domingo pasado no Porriño.

A alcaldesa salienta o “éxito rotundo” da cita que, engadiu, “amosou a toda España do que somos capaces os porriñeses”. Eva García de la Torre lembrou “con grande orgullo”, o balance do presidente de la Real Federación Española de Balonmano, Francisco V. Blázquez, quen asegurou que “a de 2016 foi unha das mellores Copas da Ríña da historia”.

García de la Torre agradece e recoñece “o grande traballo” do Club Balonmano Porriño e de “todas as veciñas e veciños, deportistas locais, afeizoados, dirixentes e adestradores” que fixeron posible que o nome do Porriño sexa “hoxe, de novo”, unha referencia no mundo do deporte.

De novo, a alcaldesa refereriuse ás impresións do presidente da Federación española quen en todas as declaracións aos distintos medios de comunicación que cubriron a fase final do campeonato sinalou, “vimos como todo o mundo apoio no Porriño aos equipos cun ambiente espectacular de deportividade e amizade que serviu para volver a salientar os valores do balonmán”.

Máis de 500 bombeiros/as de todo o país percorren as rúas de Ourense para rexeitar a privatización dos parques

A Mesa Intersindical reclama a xestión directa do servizo polas Administracións públicas
Máis de medio milleiro de bombeiros/as públicos e privados das catro provincias galegas participaron hoxe na manifestación convocada pola Mesa Intersindical en Ourense para rexeitar a privatización dos parques comarcais e reclamar un modelo de xestión directa por parte das Administracións públicas. A mobilización, celebrada baixo o lema ‘Rescátanos’, contou co apoio da Plataforma de Bombeiros Públicos Galegos e da Coordinadora Unitaria de Bombeiros Profesionais.
2016 04 18 ManifaBombeirosOurense01

A marcha arrincou ao mediodía do parque municipal de bombeiros/as e rematou ás portas do edificio da Deputación Provincial -a única das catro que non se pronunciou a favor de abandonar o actual modelo de xestión privada- arredor das 13.30 horas tras percorrer as principais rúas da cidade e pasar por diante da casa consistorial.

A protesta, que contou co apoio da Plataforma de Bombeiros Públicos Galegos e da Coordinadora Unitaria de Bombeiros Profesionais, concluíu coa lectura dun manifesto e cunha tirada de petardos e botes de fume, tras o que os participantes celebraron unha comida de confraternidade no parque municipal.

A Mesa Intersindical, da que fai parte a CIG, decidiu convocar a mobilización debido á inquietude que está a xerar no sector a intención do Consorcio Provincial de Extinción de Incendios e Salvamento de Ourense de sacar a concurso a xestión dos parques de bombeiros/as do Carballiño, Verín, Xinzo e Valdeorras. “Os tres últimos xa se atopan dirixidos por empresas privadas, mentres que o primeiro, logo de seren construído e dotado de vehículos e material con cartos públicos, preténdese poñer en funcionamento baixo xestión privada”, denuncian.

Lembran que o órgano de goberno do Consorcio está composto de xeito paritario pola Xunta de Galiza e pola Deputación de Ourense e sinalan que se ben é certo que o presidente provincial, Manuel Baltar, xa deixou claro o seu interese por continuar coa xestión privada do servizo público de bombeiros/as, a Vicepresidencia da Xunta está a ‘marear a perdiz’. “Por unha banda aseguran que non teñen inconveniente en valorar a proposta de rescate do servizo, e pola outra amosan claramente a súa postura en prol de deixar en mans privadas a xestión dos parques galegos”, critican.

A mobilización fai parte da campaña de protestas que o colectivo desenvolve baixo o lema “Rescátanos”para reclamar a xestión directa do servizo por parte das Administracións públicas, o que segundo os cálculos da Mesa Intersectorial permitiría un aforro de até un 30%. Na actualidade unicamente sete dos máis de 30 parques existentes no país están baixo xestión pública, e os arredor de 420 traballadores/as afectados/as levan máis de dous anos en folga para denunciar esta situación.

A DIRECTORA XERAL DE PARTICIPACIÓN CONTINÚA A ROLDA DE ENCONTROS COS MOZOS E MOZAS QUE AMPLIARON AS SÚAS EXPERIENCIAS SOCIAIS E LABORAIS A TRAVÉS PROGRAMAS DE XUVENTUDE

  • O obxectivo da reunión celebrada hoxe en Carballo é mellorar as actuacións da administración autonómica no eido da mocidade
  • Cecilia Vázquez tamén se entrevistou con concelleiros de xuventude desta comarca para coordinar as políticas entre administracións

 

Carballo (A Coruña), 18 de abril de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Carballo unha xuntanza de traballo cos mozos e mozas que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro. O encontro tivo lugar no Espazo Xove da localidade, e nel participaron rapaces e rapazas procedentes das comarcas da Costa da Morte.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo recoller as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia. Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”.

 

Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha encontro con concelleiros de xuventude de ditas comarcas, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica e de presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

 

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez está a manter un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia así como cos responsables de xuventude dos concellos. As xuntanzas xa se celebraron en Chantada, Lugo, Noia, Melide, Ferrol, Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Vigo, Carballo e en vindeiras datas terán lugar en Betanzos e Ourense.

 

 

 

A XUNTA PUBLICA A ORDE DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN NON FORMAL DESEÑANDO O TEU FUTURO

  • A finalidade das axudas é financiar proxectos dirixidos a que os mozos e mozas de entre 14 e 18 anos realicen estadías- visitas non remuneradas en empresas galegas
  • A orde está dotada cun orzamento superior a 67.000 euros, que se repartirá entre concellos e entidades sen ánimo de lucro

 

Santiago, 18 de abril de 2016.- A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria do programa Deseñando o teu futuro, unha iniciativa de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

 

A finalidade das axudas é financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas de  entre 14 e 18 anos, realicen estadías- visitas non remuneradas en empresas radicadas na comunidade autónoma de Galicia, aos efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

 

Deseñando o teu futuro é un programa piloto de aproximación da mocidade galega ao ámbito socio-laboral mediante o desenvolvemento de estadías- visitas titorizadas en distintos sectores das empresas, facilitando así unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

 

Poderán presentar proxectos as entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que presten servizos á xuventude, e os concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades galegas validamente constituídas, así como as resultantes da fusión de municipios á que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

 

As estadías- visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. O número máximo de mozos e mozas participantes por proxecto non pode exceder de 30.

 

A orde está dotada cun orzamento de  67.305 euros, coa seguinte distribución: 42.820 euros para proxectos promovidos por concellos e 24.485 euros para proxectos promovidos por entidades. Está previsto un anticipo do 80% da axuda.

 

A cantidade subvencionable a cada entidade e concello ou agrupación de concellos se calcula a razón de 6 euros por participante e día, que irán destinados a cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou da moza, e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías- visitas.

 

O prazo de presentación de proxectos é dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

 

No marco deste programa no 2015 se financiaron un total de 17 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitaron que un total de 403 rapaces e rapazas realicen estadías- visitas en empresas.

Mobilización persoal Administración xeral do Estado.

a xunta de persoal e o comité de empresa da Administración xeral do Estado en Pontevedra convocan unha mobilización en Vigo este martes 19 de abril para denunciar a política de privatizacións que está a aplicar o Goberno español do PP.

A protesta, que incluirá concentracións e reparto de panfletos informativos, desenvolverase de 9.00 a 14.00 horas. Comezará diante das oficinas do SEPE (rúa López Mora) e a continuación trasladarase á oficina do CAISS (rúa Pintor Laxeiro); despois pasará pola Comisaría de Policía, Dirección Xeral de Tráfico e rematará diante de Facenda, na rúa Lalín.

Entreculturas emergencia terremoto Ecuador

Entreculturas activa ayuda de emergencia en Ecuador

 unnamed

  • Según los últimos datos, el terremoto ha causado al menos 272 muertos y 2.068 heridos. Además, 370 edificios están destruidos y 151 edificios y 37 escuelas están afectadas.

 

  • Entreculturas tiene 5 proyectos educativos en la zona afectada por el terremoto y está en conversaciones con las contrapartes para evaluar las posibles necesidades de reconstrucción de escuelas, asegurando así, que los niños, niñas y jóvenes pueden seguir asistiendo a la escuela.

 

  • La ONU asegura que más de 1 millones de personas se han visto afectadas.

 

Entreculturas, Madrid, 18 de abril de 2016.- Tras el terremoto del pasado sábado, Entreculturas activó su protocolo de emergencia y se puso en contacto con las contrapartes en terreno. Entreculturas tiene activos 5 proyectos educativos en la zona afectada por el terremoto junto a dos socios locales; Fe y Alegría Ecuador y el Servicio Jesuita a Refugiados. Además, está trabajando en la puesta en marcha de proyectos educativos junto a Irfeyal, El Centro del Muchacho Trabajador y la Fundación Río Manta.

 

Junto a todos ellos, se está trabajando en la identificación de necesidades para articular ayuda de emergencia para la población.  Aún es pronto para saber cómo ha afectado el terremoto, hay zonas a las que no se puede acceder porque las carreteras están intransitables o las comunicaciones cortadas. Lo que sí se sabe es que los voluntarios y los trabajadores locales están bien, y están a la espera de identificar posibles daños en las escuelas que gestionan en la zona afectada por el terremoto. Entreculturas quiere poner en marcha lo antes posible acciones orientadas a la reconstrucción de escuelas. Estos son los proyectos que Entreculturas tiene activos en Ecuador y que se ubican en alguna de las zonas afectadas por el seísmo:

 

Con Fe y Alegría:

 

  • Atención a niños y niñas con necesidades educativas especiales en centros de educación básica de Fe y Alegría Ecuador, en dos de las zonas más afectadas, Guayaquil  (Guayas) y  Santo Domingo (Santo Domigo de los Tsátilas).
  • Apoyo a la inserción laboral de jóvenes con los Centros de Capacitación Laboral en Guayaquil, Manta y Portoviejo.
  • Desarrollo de habilidades para el emprendimiento de jóvenes en Ecuador, que se encuentran cursando el bachillerato en 19 centros educativos de FyA  Ecuador.

 

Con el Servicio Jesuita a Refugiados:

 

  • Apoyo a la integración social de refugiados y refugiadas, en Esmeraldas y Pichincha.
  • Acceso a la educación de niños, niñas y adolescentes en situación de movilidad humana en la ciudad de Esmeraldas,  frontera norte de Ecuador.

 

Ecuador necesita nuestro apoyo en estos momentos y por eso Entreculturas ha habilitado dos canales para la colaboración ciudadana. Mediante donación on-line o trasferencia bancaria:

 

  • Donación on-line
  • Donación mediante transferencia bancaria a una de estas dos cuentas:

 

  • ES33 0049 0496 8124 1019 4617 (Banco Santander)
  • ES87 2100 1563 3102 0009 8921 (Caixa Bank)

 

Entreculturas en Ecuador

 

Fe y Alegría Ecuador se fundó en 1964 y es la red educativa más importante después del sistema de Educación Oficial. Presente en 75 centros educativos en 14 provincias en zonas rurales y urbano – marginales del país, atiende a más de 27.000 estudiantes en su sistema de escuelas y colegios. Entreculturas apoya la labor educativa de Fe y Alegría en Ecuador desde hace más de una década.

 

El Servicio Jesuita a Refugiados Ecuador nació en el año 2000 con el objetivo de contribuir a que refugiados, desplazados y migrantes reduzcan sus condiciones de vulnerabilidad, ejerzan plenamente sus derechos y mejoren sus condiciones de vida. Cuenta con 7 oficinas distribuidas por todo el país.
unnamed

Obras para arranxar os danos causados polas choivas de febreiro en Pontellas

Regato MiñoteiraO tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, asistiu este luns, día 18, á colocaciòn dos 5 novos ‘marcos’, da obra que o Concello está realizando no regato Miñoteira, en Pontellas, logo dos asolagamentos do pasado mes de febrero, que afectaron a varias das parroquias do Porriño.

Segundo explicou Manuel Carrera, con esta proxecto, iniciado a semana pasada, “acabarase co risco de inundacións nesta zona” logo de que se ampliase a canle de paso da auga, que estaba nunhas medidas de 1,5 metros por 80 centímetros, na parte que está máis preto da ponte,  a un paso que dispora dunha capacidade de caudal de 2,5 por 2 metros.

Dende agora, engade Carrera, logo da colocación dos marcos, “se pasará á fase de drenaxe lonxitudinal e situación das aletas de dirección da canalización, en pedra, tanto de entrada coma de saída”, o que podería facer que a obra, na súa totalidade, estivese acabada a principios do mes que ven.

O primeiro tenente de alcalde lembra que esta inciativa era unha das que o goberno local presentara á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), como parta das que era necesario acometer de urxencia polos danos ocasionados polas choivas e temporais de hai dous meses e que, no caso do concello do Porriño, a Concellería de Vías e Obras, orzmentou en máis de 160.000 € para arranxar os destrozos causados polos temporais.

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL INSISTE NA NECESIDADE DE ACADAR A PLENA INTEGRACIÓN SOCIAL E LABORAL PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

  • IMG_4803Anuncia que o convenio da Xunta de Galicia coa asociación dezá para o concerto de 30 prazas (15 no centro de día e outras 15 no centro ocupacional) medra neste 2016 máis dun 5% ata acadar os 236.672 euros

 

Lalín (Pontevedra), 18 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na xornada de hoxe a asociación Aspadeza formada por pais de persoas con discapacidade intelectual da comarca dezá. Alí, o responsable da área social do Goberno galego salientou a necesidade de acadar “a plena integración social e laboral para as persoas con discapacidade intelectual co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida”.

 

Tras visitar as instalacións de Aspadeza, o conselleiro reforzou o compromiso da Xunta de Galicia coas persas con discapacidade ao asegurar “traballo sen descanso para facilitar en todo o que sexa posible a vida destas persoas”. Neste sentido, Rey Varela anunciou que o convenio da Xunta de Galicia coa asociación dezá para o concerto de 30 prazas (15 no centro de día e outras 15 no centro ocupacional) medra neste 2016 máis dun 5% ata acadar os 236.672 euros. Ademais o conselleiro apuntou que proximamente anunciaranse as liñas de colaboración para voluntariado e as prazas da campaña de verán.

 

Nas súas verbas, o titular de Política Social gabou o traballo de entidades como Aspadeza que contribúen a facer realidade o obxectivo da Xunta de Galicia de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Así, Rey Varela describiu, en particular, o traballo que realiza Aspadeza como “moi especializado e moi personalizado” e destacou a importancia de que a asociación desenvolva recursos novos como a vivenda tutelada que foi recentemente autorizada. Ao respecto, o conselleiro e os responsables do centro estudaron diferentes vías de colaboración para xestionar este novo centro.

 

Aspadeza é unha entidade sen ánimo de lucro que atende as persoas con discapacidade intelectual dos concellos pontevedreses de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro e Dozón. Na actualidade está formada por 215 socios.

Nuestras mujeres con Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano chega a Vigo e Pontevedra

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa tempada de teatro en Vigo e Pontevedra coa obra Nuestras mujeres de Eric Assous. A representación, dirixida por Gabriel Olivares e protagonizada por Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano, entre outros, terá lugar os vindeiros 27 e 28 de abril, ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo e o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, respectivamente. Esta obra insírense na Tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e mozas. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.