A ALCALDESA RECOÑECE ESTE MARTES O TRABALLO DOS ORGANIZADORES DA COPA DA RAIÑA DE BALONMÁN QUE FIXERON POSIBLE O SEU ÉXITO

SemifinalCopaREINA-1-48 (2)A alcaldesa, Eva García de la Torre, ofrecerá este martes, día, 19, as 14:30 h.,no Pavillón Municipal, unha recepción a todos os integrantes da Organización da Fase Final de Copa da Raíña, disputada dende o venres ao domingo pasado no Porriño.

A alcaldesa salienta o “éxito rotundo” da cita que, engadiu, “amosou a toda España do que somos capaces os porriñeses”. Eva García de la Torre lembrou “con grande orgullo”, o balance do presidente de la Real Federación Española de Balonmano, Francisco V. Blázquez, quen asegurou que “a de 2016 foi unha das mellores Copas da Ríña da historia”.

García de la Torre agradece e recoñece “o grande traballo” do Club Balonmano Porriño e de “todas as veciñas e veciños, deportistas locais, afeizoados, dirixentes e adestradores” que fixeron posible que o nome do Porriño sexa “hoxe, de novo”, unha referencia no mundo do deporte.

De novo, a alcaldesa refereriuse ás impresións do presidente da Federación española quen en todas as declaracións aos distintos medios de comunicación que cubriron a fase final do campeonato sinalou, “vimos como todo o mundo apoio no Porriño aos equipos cun ambiente espectacular de deportividade e amizade que serviu para volver a salientar os valores do balonmán”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: