A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL SUMA UN NOVO ENCONTRO A SÚA ROLDA COS REXEDORES PARA ACADAR MELLORAS NA ATENCIÓN SOCIAL AOS GALEGOS E GALEGAS

  • 17,00 h.-              O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Malpica, Eduardo J. Parga Veiga.  foto xoán crespo 18/04/16

    17,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Malpica, Eduardo J. Parga Veiga.
    foto xoán crespo
    18/04/16

    Ambos mandatarios lembraron a apertura en setembro de 2015 da escola infantil de Malpica que conta con 3 unidades e 41 prazas ofertadas

  • Valoraron positivamente o incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar as 1.878 horas actuais

 

Santiago, 18 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social sumou no día de hoxe un novo encontro á rolda de xuntanzas que está a manter o titular da carteira autonómica, José Manuel Rey Varela. O obxectivo destas reunións de traballo é optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións de cara a acadar melloras na atención e nos servizos sociais destinados aos galegos.

 

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio coruñés de Malpica, Eduardo José Parga Veiga. No encontro tamén estivo presente o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

 

Na xuntanza, que tivo en San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa colaboración emprendida entre as dúas institucións que beneficia a todos os colectivos da sociedade. Deste xeito, ambos mandatarios lembraron a apertura en setembro de 2015 da escola infantil de de Malpica que conta con 3 unidades e 41 prazas ofertadas e na que se investiron máis de 400.000 euros; e valoraron positivamente o incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ata acadar as 1.878 horas actuais que benefician a 37 usuarios. Ademais, o conselleiro avanzou ao rexedor un novo aumento de horas no SAF. Así mesmo, Rey Varela e Parga Veiga, estudaron posibles melloras en infraestruturas sociais na localidade.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: